GMH/ÍNDICE A-Z

799
1379, xullo, 16. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Vasco Rodríguez e a súa muller unha casa no Burgo Novo, freguesía da capela de Santiago, por renda anual de seis libras a 20 soldos cada libra.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 92v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Iohan Afonso, dayan, et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo enno coro da dita iglesia por campaa taniuda, segundo que o avemos de usso et de custume, damos et aforamos a vos Vaasco Rodrigues, criado do mestrescolla, et a vosa muller, Elvira Eanes, para en toda vosa vida de anbos, huna nosa casa que he dos aniversarios que esta en Burgo Novo, sub signo da cappella de Santiago, con todas suas dereyturas et pertenenças, a qual casa tevo aforada do dito cabidoo Afonso Ferrnandes, notario que foy, a qual casa esta entre huna casa que ten Afonso Touron do espital de Santa Maria, et outra casa de Iohan Eanes, çapateyro; a a tal condiçon que vos reparedes a dita casa do que lle feser mester e a mantenades feyta en boo estado en guisa que se non perga con mingoa de lavor et de boo paramento, et dedes de foro por a dita casa vos, o dito Vaasco Rodrigues, et a dita vosa muller en toda vosa vida de anbos et de cada hun de vos a nos, o dito dayan, et cabidoo, ou a aquel que tever os ditos aniversarios et for recadador deles por nos, seys libras desta moneda que ora anda, de viinte soldos cada libra, de cada anno en salvo por dia de Sant Martino, et non avedes a vender, nen deytar, nen subpinorar, este dito foro a outro algun sen liçençia et consintimento de nos, o dito dayan, et cabidoo, et a finamento de vos, o dito Vaasco Rodrigues, et da dita vosa muller, que a dita casa fique livre et quita et desenbargada, feyta et en boo paramento a nos, o dito dayan, et cabidoo et a os ditos aniversarios con todas las boas paranças que en ella foren feytas.

Et eu, o dito Vaasco Rodrigues, que presente estou por min et por la dita minna muller asy reçebo de vos, o dito dayan, et cabidoo a dita merçee et foro et vervo que me fasedes da dita casa, et obligo min et todos meus bees et seus de comprirmos et pagarmos et gardarmos todo esto que sobredito he.

Et nos, o dito dayan, et cabidoo asy vos lo outorgamos, et que esto seia çerto rogamos a don Ares Peres, juyz et notario publico da dita çibdade de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna para nos os sobreditos dayan et cabidoo et outra para vos o dito Vaasco Rodrigues.

Que foy feyta en Lugo, dez et seys dias de iullio, era de mill et quatroçentos et dez et sete annos.

Testemoyas que estavan presentes: don Gonçalvo Eanes, chantre; don Ruy Gomes, mestrescolla; don Ares Peres, juyz; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes, Fernando Peres, Afonso Ferrnandes, coengos; Afonso Eanes, Diego Eanes, Alvaro Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Aras Peres, juyz et notario publico de Lugo dado por lo sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fiz scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.