GMH/ÍNDICE A-Z

979
1421, marzo, 8 sábado. Lugo

O Cabido de Lugo confirma un foro que o cóengo Nuno González lle outorgara a Gonzalo Rodríguez do lugar de Cacabelos en San Pedro de Santa Cruz do Picato, por unha tercia de pan anual.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 138 v.- 139 r.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos, sabado, oyto dias do mes de março. Seendo o dean et persoas et coengos et benefiçiados da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo en seu cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, et en presença de min notario et testemoyas iuso escriptas, enton o dito dean et persoas et coengos et benefiçiados da dita iglesia, que presentes sian en o dito capitulo, diseron por myn dito notario que por quanto Nuno Gonçalves, coengo da dita iglesia et amystrador do mes de desenbre en terra de Santa Alla Alta et do couto de Picato, avia aforado et aforara a Gonçalvo Rodrigues, fillo de Roy Gonçalves de Portomarin, que presente estava, o casal et lugar de Cacavelos, que era sub signo de San Pedro de Santa Crus de Picato, segundo que suya usar et lavrar Pedro Yanes de Cacavelos por la dita iglesia de Lugo, o qual lle aforara por sua vida et d’outras duas persoas, et por huna terça de pan de cada un ano, et que o dito Gonçalvo Rodrigues fesese et ergese a casa do dito lugar, et tirase as herdades del de monte, et ho tevese en boo paramento. Et porque eles eran çertos que o dito foro era feyto en seu probeyto et do dito amystrador por rason da dita casa que avia de faser et das ditas herdades que avia de tirar de monte, et por lo traballo et gasto que y avia de faser / et poer, por ende diseron por min o dito notario que eles outorgavan et consentian et outorgaron et consentiron o dito foro feyto, a o dito Gonçalvo Rodrigues et a as outras duas persoas despoys del, do dito casal et lugar de Cacavelos, segundo et en a maneyra que llo fesera et outorgara o dito Nuno Gonçalves, amystrador, et segundo que o soya usar et lavrar o dito Pedro Yanes de Cacavelos et el perteesçia a a dita iglesia de Lugo; et o dito Gonçalvo Rodrigues que fose obligado, el et as ditas persoas, de conprir et pagar todo ho conteudo en o dito foro. Et o dito Gonçalvo Rodrigues, que presente estava, diso que por sy et en nome das ditas persoas que asy se obligava a elo segundo era obligado por lo dito foro. Et o dito dean et cabidoo diseron que asy llo outorgavan et consentian en o dito foro segundo dito avian. Et o dito Gonçalvo Rodrigues asy o pedeu signado.

Testemoyas que estavan presentes et outorgaron et consentiron en o que sobredito he: dom Juan Martines, dean de Lugo; dom Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Rodrigo Afonso, juys; don Pedro Ferrnandes de Tendilla, tesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Fernan Rodrigues, Juan Lopes, Juan Dias, coengos; Fernan Ferrnandes, raçoeyro, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.