GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

76
1433, novembro, 7

Juan Fariña, pedreiro de Pontevedra, declara que ten en garda e depósito 300 mrs. de Luis Mendes, mercader. Promete pagalos cando el os demande.

(f. 35)

Sete dias do dito mes. Sabean todos que eu Juan Fariña, pedreiro, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente, confeso et outorgo que resçeby et teño en garda et deposito de vos Luis Mendes, mercador, besiño, da dita villa, que sodes presente, tresentos mrs. de moeda vella, contado a branqua en tres dineiros, os quaes ditos tresentos mrs. da dita moeda eu de vos resçebi ẽna dita garda et deposito et os ey ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio et. Et seo diser etc. Et os quaes ditos tresentos mrs., que asi de vos resçebi ẽna dita garda, vos prometo et outorgo de dar et pagar doje este dia endeante aa vosa voontade, et quando et cada que mos vos pedirdes et demandardes, et so aquelas penas que os dereitos poen contra aqueles que resçeben gardas et as non entregan a seus donos quando llas demandan etc.

Et eu o dito Luis Mendes, que soo presente, asi o resçebo. Testemoyas: Alvaro Cabeça et Juan Maçeiño, escudeiros de Pero Ares et Juan Esteves Gago et outros.