GMH/ÍNDICE A-Z

364
1337, novembro, 12. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Pedro Lourenzo e á súa muller e a unha voz o casal da Torre, en San Xulián da Veiga, por renda anual de 33 marabedís, 12 marabedís e medio de loitosa e a obriga, ademais, de construír dúas casas e plantar árbores.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 16v.

Enno nome de Deus amen. Era de mill et CCC LXXª et çinquo annos, doçe dias de novenbre.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos dayam et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo ena iglesia de Santa Maria por canpaa taniuda segundo que avemos de custume de nos iuntar a cabidoo, façemos vervo a vos, Pedro Lourenço de Veyga et a Maria Andres vosa muller et a huna pessoa qual nomear o pustrimeiro de vos en vida ou a a ora de vosa morte, o noso casar chamdado da Torre, con suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, peru quer que vaa, sub signo de Sant Iullao de Veyga, a a tal razon conven a saber que vos et aquela pesoa que ficar en este dito casal a pus vos que o lavredes et paredes ben as herdades del et façades y duas casas ennos mayores dous formaes que y esteveren, et que ponades y dez arvores que fiquen presas, conven a saber: nugeyras et castineyras, et que metades en este casal tres taegas de herdade semente lavradia da vosa que fique en este casal para senpre por iur de herdae. Et avedes a dar cada anno, vos et a dita vosa muller et aquela pesoa que y veer a pus vos en este vervo, triinta et tres moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos o moravedi, que façen quatro dineiros tres soldos, por dia de Sant Martino do mes de novenbro, a nos ou a aquel que os por nos ouver de reçeber en paz et en salvo sen desconto nehun eno dito casal. Et a a morte de vos, o dito Pedro Loureço, avedes nos a dar por loytossa doçe moravedis et medio, et a outra pessoa que entrar a pus vosa morte, ou da dita vosa muller, en este vervo, a a sua morte que de por loytosa outros doçe maravedis et medio, d’oyto soldos o maravedis, da moneda sobredita. Et vos, Pedro Lourenço et a dita vosa muller et aquel que veer a pus vos en este vervo, avedes seer vasallos da iglesia de Lugo serventes et obidientes, et avedes a seer quitos et deffessos commo os outros nosos caseyros desta iglesia de Lugo. Et outrosi aquela pessoa que for nomeada para este vervo a pus morte de vos, o dito Pedro Lourenço ou da dita vossa muller Maria Andres, ha de viir a nos o cabidoo a reçeber este vervo de nos, et pagar esta renda et conprir esta carta en commo se en ela conten. Outrosi vos, o dito Pedro Lourenço, avedes nos a dar boos fiadores en vossa terra se vos los demandarmos para que tenades et paguedes et cumprades este vervo en commo sobredito he. Et a morte da pustrimeira pessoa de vos este dito casal ha de ficar livre et quito de vos et de toda vosa voz con as ditas casas feitas et arvores pressas, et con as ditas tres taegas de herdade semente, et con todos los outros boos paramentos que en este casal foren feitos a a iglesia de Lugo.

Et eu, o sobredito Pedro Lourenço, por min et por la dita dita (sic) mina muller Maria Andres et por la pessoa que en este vervo ficar a pus nosa morte, asi reçebo este vervo de vos, os ditos dayam et cabidoo, et obrigo de o conprir et pagar et gardar en todo por min et por todos meus bees, movilles et rays, en commo sobredito he.

Et porque esto seia çerto et non venna en dulta nos o dayam et cabidoo et Pedro Lourenço partes sobreditas rogamos et mandamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que faça desto façer duas cartas en hun tenor et pona en cada huna delas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade.

Testemoyas que a esto pressente foron: don Fernan Aras, dayam; don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Ruyz, archidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Affonso Gomes, Andres Peres, Iohan Fernandes, Pedro Galvan et Fernan Affonso, coengos de Lugo; Iohan Ferrnandez, raçoeyro; et Iacome Eanes, despensseyro do cabidoo ts.

Et eu Fernan Peres, sobredito notario publico de Lugo, a o sobredito presente foy et a rogo et por mandado do dayan et cabidoo et Pedro Lourenço, partes sobreditas, esta carta fiz en minna presenza escrivir en este livro do dito cabidoo et puge y este meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.