GMH/ÍNDICE A-Z

119
1435, xaneiro, 31

Fernan Rodrigues, correiro, veciño de Pontevedra, declara que debe a Afonso Yanes, notario, 160 mrs.

(f. 58 v)

Este dia conosceo Fernan Rodrigues correiro, besiño de Pontebedra, que devia Afonso Yanes, notario, çento et sesenta mrs., branca en tres dineiros, que confesou que lle enprestara por lle faser amor et graça etc. et que diso que avia en seu poder etc. Renunçiou etc. Pagar estes CLX mrs. aa boontade do dito Afonso Yanes quando et cada que llos demandase etc. Pena o doblo etc. Testemoyas: Domingo Vidal, carpenteiro, et Lopo Afonso de Rajoo, mareante.