GMH/ÍNDICE A-Z

22
1433, maio, 5

Afonso Neto, morador en San Miguel de Carballeda, recoñece que debe a Juan de Deus, carniceiro, veciño de Pontevedra, 930 maravedis. Promete pagalos en viño branco na próxima colleita.

(f. 10 v)

Cinco dias do dito mes. Sabean todos que eu, Afonso Neto, morador en Fiscaasos de Veiga, da fiigresia de San Migell de Carvalleda, que soo presente, outorgo et conosco que devo et ey de dar et pagar a vos Juan de Deus, carniçeiro, besiño da villa de Pontebedra, que sodes presente, noveçentos et triinta maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos noveçentos et triinta maravedis da dita moeda me vos enprestastes etc. Et renunçio etc. Et se o disese etc. Et os quaes ditos noveçentos et triinta maravedis da dita moeda bos prometo et outorgo de dar et pagar en viño branco merchante a esta sazon primeira que ven et non bos dando o dito biño merchante que vos de et page os ditos maravedis postos en pas et en salvo ẽna dita villa de Pontebedra doje este dia ata dia de Natal de Naçença de Deus primeira que ven, et non no teendo et comprindo asi que vos responda por ante os alcaldes et ofiçiaes da dita villa a cuja jurdiçon me someto; para o qual todo asi tees et conprir, obligo a elo a min mesmo et a todos meus bees movles et ayses et so pena do doblo da dita contia que vos peite etc. a pena etc, Et eu, o dito Juan de Deus, que soo presente, asi o resçebo. Ts. Juan Gonçalves do Ribeiro et Lopo Dias de Çamora et outras.