GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

190
1330, outubro, 9 (Parderrubias)

arrendamento

O bispo Gonzalo arréndalle por seis anos a Gómez Lourenzo, reitor de San Mamede de Puga, os froitos das dúas terzas da dita igrexa que lle corresponden pola renda de Puga que ten o cabido, por 750 mrs. anuais.

ACOu, Escrituras, XII, 40

Sabeam quantos esta carta virem que nos dom Gonçalvo pela graça de deus bispo d’Ourense arrendamos a vos Gomez Lourenço prelado da igleia de Sam Mamede de Puga des dia de Sam Johan Baptista que agora passou a sex annos conpridos primeiros que se seguirem, todalas novidades e proes que nos avemos de aver e a nos perteençem das duas partes da dita igleia de Sam Mamede que nos avemos de aver por razon da renda de Puga que nos teemos do cabidoo d’Ourense. Polas quaes novidades e proes nos avedes a dar cada anno por dia de Pascoa seteçentos e çoncoenta mor. de diñeiros portugueses de que contam dez e sex pares de diñeiros novos por tres mor. Et eu Gomez Lourenço sobre dito reçebo a dita renda commo sobre dito he e outorgo de vos pagar os ditos mor. enno dito termyo su pena de dous mor. da dita moeda cada dia delo dito termyo endeante. Et para esto assy conprir e para vos pagar a dita pena se em ela caer obligo a vos min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Et renunçio que nunca veña contra esto que sobre dito he nen possa dizer o contrario delo por min nen por outre en juyzo nen fora del. Et outrossy renunçio ao foro, ferias, tralado desta carta e a prazo para aver conssello e avogado e a huso e a custume e aa demanda em escripto e a todo dereito ecclesiastico e çevil e a todas outras razoens e exçepçoens e deffenssoens que por min poderia aver e allegar contra esta presente carta, que me non vallan em juyzo nen fora de juyzo. Esto foy em Paredes Ruvyas, nove dias de oytubro, era de mill e trezentos e sesseenta e oyto annos. Tests. que presentes foron Martin Peres camareiro, Fernando Martinez de Graandeira, Gomez Paez de Sobrado, Estevo Miguez de Puga, Pero Lourenço de Paredes Ruvyas, Johan Covelas de Loyro, todos moordomos do bispo e Johan Eanes morador en Puga.

Et eu Johan Gonçalves Gato notario jurado da çidade e do bispado d’Ourense que a esto presente foy e en mina presença o fiz escrivyr e meu signal puge en esta carta que tal he en testemoyo de verdade.

(sinal)