GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

439
1388, marzo, 6
foro

Os clérigos do coro afóranlle a perpetuidade a Xoán Fernández, clérigo do coro, criado do cóengo Pedro Henríquez, un leiro de viña cerca da Porta da Aira por 2 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 78

Sabean quantos esta carta viren que nos Johan Anes e Fernan Rodrigues capelaens da capela de Santa Ouffemia et Roy Copelo e Vasco Çide e Roi Lourenço dobreyros da igleia d’Ourense e Johan de Sayoanne e Fernan Anes e Johan da Agoa e Pero Fernandes e Marcos Domingues e Pero Alvares de Piñor clerigos do coro da dita igleia d’Ourense et Martin Miguez clerigo do dito coro procurador da universidade dos clerigos do dito coro por nos e en nome da universidade dos ditos clerigos que presentes non son, damos e outorgamos a foro a vos Johan Fernandes clerigo do dito coro criado de Pero Anrique coengo que sodes presente et a todas vosas voses para senpre hun leiro de viña que a dita universidade ha e lle perteençe açerca da porta da Ayra, o qual tevo de nos Johan Martines clerigo, o qual parte da huna parte con viña que ora lavra Gonçalvo Anes (tesoureiro) que foy e da outra parte con viña que ora lavra (- - -) et en çima entesta enna congosta e camiño publico que vay d’Ourense para Seixalvo et en fondo fere en (- - -). Aforamos vos o dito leiro de viña con suas arvores e con todas suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal pleito e condiçon que o lavredes e paredes ben en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes ende cada anno aa dita universidade en pas e en salvo por dia de San Martiño do mes de novenbro duas libras de diñeiros brancos contado viinte soldos por libra ou a estimaçon delas enna moeda que correr. Et he posto que se porla ventura vos ou vossa vos non quiserdes pagar o dito foro porlo dito dia que a dita universidade vos posa por elo peñorar sen outra pena alguna. Et do al que ajades o dito leiro de viña de desimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e trebuto alguun. Outrossy he posto que se quiserdes vender ou deytar ou supeñorar o dito leiro de viña que primeiramente frontedes aa dita universidade e llo dedes por lo justo preço que vos outro por el der, et non no querendo por ese preço reçeber estonçe o vendede, deytade ou supeñorade a atal pesoa que seia vossa semellavil que o lavre e pare ben e page cada anno o dito foro en pas aa dita universidade e cunpra e agarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et para vos anparar e defender senpre a dereito con esto que vos aforamos obrigamos todos los beens da dita universidade goañados e por goañar. Et eu o dito Johan Fernandes que soon presente por min e por todas miñas voses asy reçebo de vos a dita universidade o dito leiro de viña aforado segundo dito he, et para o lavrar e parar ben e para pagar cada anno o dito foro e conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens eclesiasticos e seglares goañados e por goañar. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar e o non conprir e agardar quiser que peite a outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena e interese çen mrs. da dita moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiudas vallan e fiquen firmes para senpre. Feita a carta en Ourense, seis dias de março, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e oyto annos. Tests. que foron presentes Martin Gonçalves notario d’Ourense e Roy do Pe clerigo do coro e (...) Alvares raçoeiro da dita igleia d’Ourense e outros.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto que dito he presente foy e o escrivy et en esta carta que ende dey ao dito Johan Fernandes meu nomme e meu sinal fis en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da viña que está
erqa da porta d’Ayra.