GMH/ÍNDICE A-Z

37

1417, abril, 13.
Alfonso Lourenzo, racioneiro da catedral de Santiago e capelán da capela de Santa Catalina declara ter recibido do Concello 180 maravedís dos marcos do rei para a devandita capela.

Trese dias de abril. Sabean todos que eu Afonso Lourenço, raçoeiro enna igllesia de Santiago et capelan da capela de Santa Catalina que he sita enna dita iglesia connosco et outorgo que reçeby de vos Bernald Yanes do Camino, procurador do conçello da çidade de Santiago çento et oyteenta maravedis de moeda vella, contando blanqua a tres dineiros, os quaes moravedis me pagastes en nome do conçello da dita çidade et os quaes maravedis eu ey de aver en cada ũu anno por rason da ditta capelania et an de seer pagados dos moravedis dos marquos que nos o señor el rey ha en cada hũu anno enna ditta çidade. Et os quaes moravedis que me asi pagastes son do anno pasado que se fiinçeu por lo primeiro dia de março postromeiro que agora pasou en este anno da feita desta carta et dos quaes moravedis me outorgo por entrego et ben pagado et renunçio a toda eixençon que non diga delo o contrario et a ley etc. Et eu o dito Bernald Yanes en nome do dito conçello asi o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes: Pero Varela, coengo de Santiago et Jacome Peres, criado do arçediago de Trastamara et Affonso de criado de noso señor o arçobispo.