GMH/ÍNDICE A-Z

88

1418, xuño, 26.
O Bacharel Gómez Rodríguez, confesa ter recibido dos procuradores do Concello 1.000 maravedís para entregar a Diego Fernández de Burgos, bacharel en decretos e coengo de Santiago por razón dos preitos que este procurou na Corte do Rei cos Concellos de Pontedeume, Vilalba e Ferrol.

Viinte e seis dias de juyo, o bachiller Gomes Rodriges, confesou que reçebera de Pero Leiteiro e Alvaro Gil, procuradores da çidade de Santiago, mill maravedis de moeda vella, branqua en tres dineiros para os dar a Diego Fernandes de Burgos, bachiller en Decretos e coengo de Santiago por rason dos pleitos que o dito Diego Fernandes, procurou enna corte del rey por los conçellos desta çidade e de Pontevedra e Noya e Muro e Padron, os quaes pleitos avian con os conçellos das vilas de Pontedeume e Vilalva e Ferrol. Testemoyas, Martin Galos e Juan Ares, alcalles e Afonso Fernandes Abril e Juan Gonçales da Cana. Entregou Gomes Rodriges, bachiller, carta de pago do dito Diego Fernandes dos ditos mill moravedis, a qual carta foy entrega a Garçia Rodriges, procurador do conçello da dita çidade.