GMH/ÍNDICE A-Z

339

agosto, 4

Xoán Fernández, reitor da igrexa de San Pedro de Allariz, como procurador do cóengo Gonzalo Vázquez, arrenda por tres anos ao cóengo Ares González a terceira parte do beneficio de San Martiño de Mugares, por 400 mrs. o primeiro ano e 450 os outros dous. (fol. 104-104v)

Lopo de Mugares. Feita e dada a Joan Fernandes.

Sabean quantos esta carta de arrendamento viren como eu Joan Fernandes, clerigo reytor da igleia de San Pero da vyla de Allaris et procurador que soon de Gonçalvo Vasques, canonigo de Santiago, et teendor da terça parte de toda igleia de San Martiño de Mugares sen cura en nome do dito Gonçalvo Vasques, arrendo a vos Ares Gonçalves, canonigo enna igleia d’Ourense, a dita terça parte do dito benefiçio de San Martiño de Mugares sen cura, a qual dita terça parte do dito benefiçio vos arrendo deste día de San Joan Bautista que agora pasou deste dito anno ata tres annos primeiros sigentes, o qual vos arrendo con estas condiçoens, que por este dito primeiro anno que me pagedes de renda por la dita terça parte quatro do dito ( fol. 104)
benefiçio quatroçentos mrs. branca en tres dños. por día de Santo Espiritos primeiros sigente et por los ditos dous annos de cada huun por lo dito día de Santo Espiritos quatroçentos e çinqoeenta mrs. de cada huun anno, et pagedes rey e Roma e see et padroens et do al que levedes e ajades para vos a dita terça parte do dito benefiçio de Mugares con todos los frutos a dita terça parte perteesçentes en paz et en salvo livres et quites de todo outro trebuto e encarrego alguun et obrigo os beens do dito prestamo para vos faseer saao e de paz etç. et eu, o dito Ares Gonçalves, obrigo meus beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Vasco Lourenço çapateiro, Lopo de Mugares, Joan Vasques et Alvaro de Çaame moradores en Pyñor. Feita quatro dias de agosto do dito anno.