GMH/ÍNDICE A-Z

E2-33
1435, xuño, 24
Gonzalo Iáñez presta 400 mrs. a Fernando Ramos, que se obriga a devolverllos en dez días en mercadoría de coiros salgados de boi e vaca. (fol. 14)

Feita e dada. Obrigaçon de Fernando Ramos.

(Anno domini mº CCCC XXX V, a XX IIII dias de juyo, Fernando Ramos vesiño d’Ourense reçebeu enprestado de Gonçalvo Yanes quatroçentos mrs. branca en tres dños. de que se deu por pago et renunçio etç. et os quaes ditos CCCC.se obrigou delos encheer en merqadoria de (boy)* coyros salgados de boys et de vacas salgados, que seja merchante a vista de merqadores a como valuer rega chaan en esta çidade, doje a dez dias primeiros segentes, penna dez mrs. etç., obrigaçon
forte et firme por sy et por seus beens etç. Tests. Afonso Ares, Rodrigo escripvan, Joan do Bouteiro)*.