GMH/ÍNDICE A-Z

1116
1457, xaneiro, 5. Lugo

Rodrigo de Bóveda véndelle á súa irmá, Teresa Rodríguez, tódalas súas herdades na aldea de Barbaín, freguesías de San Fiz de Muxa e Santa María de Bóveda.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/9, perg. orix., galego, cortesá, 185 x 175 mm.
   

Sabean quantos esta carta de vençon viren como eu Rodrigo de Bobeda non constrengido por força nen induzido por engano mays de mina propia libre et espontania voontade por la presente vendo a vos Tereija Rodrigues, mina yrmaa, que presente estades, muller de Fernan Afonso de Castelo, todas las erdades, cortinas et beens reyzes que eu aio et a min perteeçen por meu patrimonio et avoengo en o lugar et aldea de Barbayn et en seus terminos, per onde quer que vaan et iagan a monte et a fonte, sub signos de San Fis de Muja et de Santa Maria de Bobeda, et as quaes ditas erdades, cortinas et beens reyzes asy vendo por jur de erdade para senpre jamays a vos, a dita Tereyja Rodrigues, mina yrmaa, et a toda vosa voz por preço et contia de [...] maravedis de moneda vella branca, en tres dineiros de tres brancas et hun dineiro cada moravedi, que me vos, a dita Tereyja Rodrigues, destes et pagastes en dineiros feytos et contados sen erro et masconto algun, que eu de vos reçebi ante da feyta desta carta, et obligo a min et a todos meus beens, moviles et rayzes, avidos et por aver de vos fazer esta dita vençon senpre de pas a dereyto a todo tempo, et renunçio et parto de min et de toda mina voz a ley de numerata pecunia, do aver non visto nen contado en presença do notario et testemoyas da carta, et a ley do engano et de dolo malo et todas las outras leys et dereytos, asy canonicas como çeviis, que en meu fabor et ajuda podesen seer alegados, et quero et outorgo de non yr nen pasar por min, nen por outro, en ninhun nen en algun tempo contra esta dita vençon, et todo o dereito, senorio, dominio, et decreto, voz et auçon que eu ey a as ditas erdades, cortinas et beens reyzes sobreditos et a propiedade, jur et posison deles todo ho parto, quito et amovo de min et de toda mina vos et ho pono et traspaso en vos a dita Tereyja Rodrigues, mina yrmaa, et en vosa voz para senpre, et por la presente vos dou poder conprido que possades tomar et entrar a posison corporal, real et abtual das ditas erdades, cortinas et beens reyzes por vos mesma, ou por outro en voso nome, con justiçia ou sen ela, como quiserdes et por ben teverdes. Et d’aqui endeante posades faser das ditas erdades, cortinas et beens reyzes asy como de vosa cousa propia sen meu enbargo et contradiçon et de toda mina voz. Et eu, a dita Tereija Rodrigues, que presente soo asy reçebo de vos, o dito Rodrigo de Bobeda, a dita vençon, et eu o dito Rodrigo de Bobeda asy ha outorgo. Et porque esto seia çerto outorgo delo huna carta de vençon forte et firme ante o notario et testemoyas desta carta a o qual rogo et mando que firme de seu nome et signe de seu signo et ha de a vos, a dita Tereija Rodrigues, et vosa vos.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, çinquo dias do mes de janeiro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Gomes de Francos; Juan Peres Raa, et Alvaro Peres, clerigo de Sayoane de Sobrada que he en a amistraçon de Savinao et Sardineyra.

Et eu Gonçalvo Rodrigues de Silvarey, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por la autoridade do senor Obispo de Lugo et iglesia desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta por rogo mandado et outorgamento do dito Rodrigo de Bobeda escripvi, et a pidimento da dita Tereija Rodrigues aqui puje meu nome et signo en testemoyo de verdade.
Gonçalvo Rodrigues, notario (signo).