1327, setembro, 16. Lugo
Fundación de aniversario realizada por Afonso Pérez Merchán.
Era de
mill et CCC LXVª annos commo en presença [...] testemoyas
subscriptas, Affonso Peres dito Merchan, asigna por seu aniversario a
a iglesia de Lugo dous [...] anno polla \casa sua/ da Correga en que
el ora mora; conven a saber que lle façan cada anno por estes
dineiros sobreditos hun aniversario por sua alma. Feyto foy esto enno
coro de Lugo XVI dias de setembre.
Testemoyas
que foron presentes: don Fernan Eanes, archidiago de Neyra; don Pedro
Savaschaes, thesoreyro; Andreu Peres, Francisco Gilelmes, Johan Peres
de Santa Maria Alta, Pedro Ferrnandes, Jacome Affonso et outros. Eu
Jacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy et a rogo
d’Afonso Perez esta carta en mina presença fiz deitar en este
livro et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.
(+).