GMH/ÍNDICE A-Z

142
1321, outubro, 20

venda

Xiraldo Estévez, fillo de Estevo Pérez de Centroes, véndelles a Roi Pérez, fillo do cabaleiro Rodrigo Ares, e á súa muller, Elvira Arias, o casal do Rial, en San Miguel de Calvelle, por 900 mrs. portugueses.





ACOu, Escrituras X, 7



Sabean quantos esta carta viren que eu Girald’Eteveez, fillo de Estevoo Peres de Çentroes, por min e por toda mia voz para senpre vendo a vos Ruy Perez fillo de Rodrigo Arres cavaleyro que foy de Sabadelle e a vossa moler Elvira Areas que non e presente e a toda vossa voz para senpre o meu casar que diçen do Rial, que iaz enna friguessia de Sam Miguell de Calvele, o qual cassar a min ficou e me perteençe de parte d’Estevoo Perez meu padre e de diçimo a deus livre e quite de todo outro enbargo, a monte e a fonte con entradas e seidas e con todos seu dereitos e perteenças, e todo jur e possisom e propiadade e voz e dereito que en el aio tolloo de min e ponoo en vos e en vossa voz e métovos en possisom del corporalmente por esta carta, nomeadamente por preço que de vos reçeby e que aio iha todo passado a meu jur e a meu poder, noveçentos mor. desta moeda purtuguesa contados dez e seis pares de diñeiros novos por tres mor. do qual preço meu outorgo por ben pagado, e outorgo e conosco que vos aio de deffender con el a dereito por min e por todos meus beens gaanados e por gaanar, e se mays val ca esto que eu de vos por el reçebo quitoo todo e dou vollo en doaçon por devedo que ey con vosco e por outro amor que me vos feçestes que val mays. Et se eu quer outre quen quer contra esto passar quisser peite a vos o cassar con dobro e quanto en el for mellorado e a voz del rey por pena çem mor. da boa moeda e a carta seia firme e valedeira para senpre. Esto foy en terra d’Aguiar, xx dias do mes doitubro, era de mill e ccc lix annos. Testemuyas Fernando Torneiro prestameiro de Santa Maria de Mellees, Joan Conde e Nicollao desa friguessia, Pero Escudeiro e Joan do Souto ommes de Rodrigo Ares da Çedeire, Pero Migeez omme de Joan Vasquez.

Et eu Estevoo Eanes notario jurado en terra d’Agiar en lugar d’Affonso Eanes notario pollo arçebispo e polla igleia de Santiago en esta terra que a esto presente foy e o escrivy e meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Carta do casar do Rial.