GMH/ÍNDICE A-Z

104
1434, febreiro, 22

Dominga Peres, muller de Juan de Moraña, lacerado da ermida de Santa Maria do Camiño de Pontevedra, dona á súa filla Maior Domingues tódalas súas herdades na freguesía de San Andrés de Jeve.

(f. 50)

XXII dias do dito mes. Sabean todos que eu Dominga Peres, moller de Juan de Moraña laserado da ermida de Santa Maria do Camiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas boses, con poder et liçençia do dito meu marido que presente esta et outorga et me da poder et liçençia para faser et outorgar esto aqui adeante contiudo, non costreguda por força nen por engano resçebida, mas de mĩa livre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa daoçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mas baler ontre bivos, a Mayor Domingues mĩa filla et do dito Juan de Moraña meu marido que he absente, asi como se fose presente, et a todas suas boses, todas las herdades, casas, casares et chantados et biñas que eu ey et a mĩ pertescen en toda a friguesia de Santo Andre de Jeve, onde quer que vaan a montes et a fontes ẽna dita frigresia as quaes a mĩ pertesçen por meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que a mĩ pertescan asi de feito como de derito. Et quero et outorgo que a dita Mayor Domingues ou outra qualquer persona que ela quiser et suas bozes posa entrar et resçeber as ditas herdades et biñas todas et parte delas et os froitos et rendas delas, et faser delas et en elas todas sua libre voontade. Et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos, dereito et auçon que eu ey et devo aver en esto que dito he que asi dou et outorgo aa dita mĩa filla, de min et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et ẽna dita mia filla et en mĩas bozes o poño et traspaso et removo por esta presente carta de doaçon que lle ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, et prometo et outorgo de non biinr nen pasar contra esta dita doaçon en vida nen en morte nen en termino de un et dous anos nen en outro tenpo algun por min nen por outro por la quebrantar ou mingoar, ante que a tẽna et conpra et agarde asi aa boa fe de Deus et sen maao engãno, et por mĩ et por todos meus bẽes avidos et por aver et por juramento que ende faço etc., et so pena de dous mill mrs. etc., et // a pena etc. todavia etc. Et eu o dito Juan de Moraña, marido da dita Dominga Peres que soo presente, asi outorgo a dita doaçon suso scripta, et dey et dou poder et liçençia et outorgamento aa dita mia moller para faser et outorgar, et prometo et outorgo non bĩir contra ela so a dita pena et juramento. Testemoyas Juan Afonso Gago, Juan de Santa Maria notarios da dita billa et Juan de San Domingo carpenteiro et Lopo Yanes escripvan, moradores na dita villa de Pontevedra et outros.
Condiçon que morrendo a dita Mayor Domingues menor de ydade de dose anos, que esta dita doaçon non balla et seja rota, et os ditos bẽes rayses se tornen aa dita sua madre sendo viva, et que sen enbargo desta doaçon a dita sua madre posa faser dos ditos bẽes sua voontade sen caer ẽna pena et juramento da dita doaçon, et morrendose a dita menor menor dos ditos dose anos que a dita sua madre non demande os novos deles dos tenpos pasados, ha de ser teendor destes bẽes Pero do Balo para a dita menor ata que pasen os dose anos. Et Juan de Moraña non deve de levar cousa algũa dos novos.

Testemoyas ut supra.

Item a dita Dominga Peres dou ao dito Juan de Moraña en doaçon para el a sua parte et quinon de todos los bẽes movles que el ja tiina en seu poder, salvo a arqua que se en casa de Estevoo de Codeseda que fica con ela.
Item a dita Dominga Peres se obligou a susubir todas las custas que se fezeren eno pleito de casamento que ontre ela et o dito Juan de Moraña se avia de começar, en maneira que a el non biese delo custa. Testemoyas ut supra.

Item o dito Juan de Moraña fezo seu procurador avondoso ao dito Juan de Santa Maria notario ẽno dito pleito que asi entendia aver con a dita sua moller, con poder de sustituir etc. Testemoyas ut supra.