GMH/ÍNDICE A-Z

1025
1429, abril, 23.

María Rodríguez dá por válido o traspaso do casal de Xián realizado polo seu irmán o cóengo Afonso Rodríguez a favor do Cabido de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/22, perg. orix., galego, cortesá, 196 x 345 mm.
   

Sabeam quantos esta carta viren como eu Maria Rodrigues, filla de Roy Peres da Porta Minaa, mercador, et de Eynes Afonso, sua muller que foy, a quen Deus perdoe, et con consentimento et outorgamento de Fernan Garçia de Mera que esta presente et outorgante, que por quanto o dito Roy Peres, meu padre, deu et outorgou a Afonso Rodrigues, coengo, seu fillo, meu yrmao, en sua partilla por los bees da dita nosa madre, Eynes Afonso, ho casal de Giae que esta açerca da çiudade de Lugo; et o qual dito casal o dito Afonso Rodrigues deu et traspasou a o cabidoo da iglesia de Lugo, que aio por firme et rato o dito traspasamento que o dito Roy Peres deu et outorgou a o dito Afonso Rodrigues, et eso meesmo ho traspasamento que do dito casal feso o dito Afonso Rodrigues en o dito cabidoo, et prometo que contra esto que dito he non vaa nen pase en nihun tenpo en juyso nen fora del. Et porque esto seia çerto outorgo delo esta carta por lo notario et testemoyas sub escriptas.

Feyta et outorgada en a aldea de Avelaaras, viinte et tres dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Vaasco de Mera, yrmaao do dito Fernan Garçia; Pedro de Rebordaos, Afonso Yanes, et Afonso, fillo de Johan Topin, escripvaes.

Et eu Johan Fernandes, notario publico da çiudade de Lugo et de seus coutos et terminos por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta a rogo do dito Roy Peres et por consentimento et outorgamento da dita Maria Rodrigues fis escripvir et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).