GMH/ÍNDICE A-Z

445
1388, decembro, 11
foro

Os clérigos do coro afóranlles a perpetuidade a Gonzalo Ledo e á súa muller, Elvira Pérez, unha viña en Regueiro Foxado por 4 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 81

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos (esta carta viren) Fernan Rodrigues e Johan Anes capelaens de S(anta Oufemea ...) Johan de Souto, Afonso Fernandes capelan (...) (Johan) de Canbeo e (...) Rodrigues et Martin Anes (...) universidade (...) segundo que o avemos de usso e de custume, damos e (outorgamos) a foro a vos Gonçalvo Ledo morador en Ourense enna rua dos Brancos que sodes presente et a vossa moller Elvyra Peres que non he presente et a todas vosas vozes para senpre huna leira de viña que ha dita universidade ha e lle perteençe enno lugar hu disen Ryo de Fosado, a qual parte da huna das partes con viña de Gonçalvo Anes et da outra parte parte con viña deste dito Gonçalvo Anes et en fondo fere enno dito ryo de Fosado et en çima entesta en viña que soya lavrar Johan Martines o fisico, a qual viña de nos tiiña aforada Martin Bela clerigo et aa qual nos reçebemos por quanto avia dous annos que non fora podada nen lavrada quatro annos segundo que averia de seer lavrada e se o dito Martin Anes obrigara. Aforamos vos a dita leira de viña segundo dito he con todas suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal pleito e condiçon que a chantedes e ontre chantedes et lavredes e paredes ben de todo lavor en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes ende cada anno aa dita universidade en pas e en salvo por dia de San Martiño do mes de novenbro quatro libras de diñeiros brancos contados viinte soldos por libra ou a estimaçon delas enna moeda que correr. Et do al que ajades a dita leira de viña de desimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e trebuto e encarrego alguun. Et he posto que se porla ventura vos ou vossa voz non pagardes ao dito dia as ditas quatro libras aa dita universidade, que o moordomo da dita universidade vos posa penorar por elo por sua outoridade sen pena alguna. Outrossy he posto se quiserdes vender a dita viña ou parte dela que frontedes aa dita universidade et lla dedes por ese preço que vos outro por ela der, et non na querendo por ese preço reçeber estonçe a vendede, deytade ou subpinorade a atal pessoa que seia vosa semelavil que a lavre e pare ben e page cada anno as ditas quatro libras aa dita universidade e cunpra e agoarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et para vos anparar e defender senpre a dereito con esto que vos aforamos segundo dito he obrigamos todos los beens da dita universidade goañados e por goañar. Et eu o dito Gonçalvo Ledo que soon presente por min e porla dita miña moller que non he presente et por todas nosas voses asy reçebemos de vos a dita universidade a dita leira de viña aforada segundo dito he, et para a chantar e ontrechantar de viña e lavrar e parar ben et pagar cada anno porlo dito dia de San Martiño aa dita universidade as ditas quatro libras, et para conprir e agoardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens goañados e por goañar. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar et o non conprir e agoardar que peyte aa outra parte que o conprir e agoardar quiser por nomme de penna e interese çen mrs. da dita moeda et a dita pena pagada ou non esta carta valla e fique firme para senpre. Feita a carta en Ourense, onse dias do mes de desenbro, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e oyto annos. Tests. que foron presentes Gonçalvo Oureiro notario d’Ourense e Pero Anes escrivan e Fernan Afonso da Torre vesiños d’Ourense e outros.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia dese lugar que a esto que dito he presente foy e o escripvy et en esta carta que ende dey aa dita universidade meu nomme e meu sinal fes en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da vyña de Rio de Fosado.