GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

384
1372, xaneiro, 29 - abril, 4
partilla

Romeu Pérez e Miguel Iáñez, nomeados polo vigairo do bispo, fan partilla entre as irmás Maior Pérez e María do Mato.

ACOu, Escrituras VII, 69

Era de mill e quatroçentos e des annos, quinta feyra, viinte e nove dias do mes de janeiro. Sabbean todos commo en presença de min Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense porla egleia desse lugar e das testemoyas adeante escriptas, don Iohan Fernandes arçidiago de Castella na egleia d’Ourense e vigario geeral do onrrado padre e señor don (Johan) porla graça de deus e da santa egleia de Roma bispo d’Ourense, pareçeron Estevoon Lourenço morador en Ourense enna rua d’Oobra por sy et en nome de Moor Peres sua moller, filla de Gonçalvo Peres do Mato çidadao que foy d’Ourense (que fora) heree en seus beens da huna parte et Johan Ares escudeyro morador en Ourense enna rua dos Çapateyros en nome de Maria do Mato filla do dito Gonçalvo Peres do Mato cuio tutor he por huna carta de tutoria feyta e signada de Garçia Rodrigues notario d’Ourense, a qual eu notario vy e lii, en nome da dita Maria do Mato da outra. Et logo os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares, diseron ao dito vigario que elles tiiñan de faser conta, o dito Estevoon Lourenço por nome de sy e da dita sua moller Moor Peres et o dito Johan Ares por nome da dita Maria do Mato de algunas contias de moravedis que o dito Estevoon Lourenço despendera en lavrar as viñas da dita Maria do Mato e en coller a novydade dellas et a novydade que oora pasara da era de mill e quatroçentos e nove annos, et en pagar algunas devedas que o dito Gonçalvo (Peres do Mato) perteençia de pagar aa dita Maria do Mato et en reparamentos dos moynos de Meende que a ela perteençen et en outras despesas neçesarias que avyan de poer en conta, as quaes pagas e despesas o dito Estevoon Lourenço disso que (...) da conta que fora feita entrel por nome da dita sua moller et Gonçalvo Tato tutor que disia que fora da dita Maria do Mato por Pero Lourenço e Martin Gonçalves notarios d’Ourense que disian que foran dados por contadores para elo segundo diso que estava escripto por Roy Gonçalves notario d’Ourense. Et outrossy que as ditas Moor Peres e Maria do Mato que avyan beens movilles e reyses que lles perteençian de parte do dito Gonçalvo Peres seu padre et de Maria Anes madre da dita Maria do Mato, moller que foy do dito Gonçalvo Peres do Mato et de Costança Fernandes moller outrossy que foy do dito Gonçalvo do Mato, madre da dita Moor Peres, et que avyan mester contadores para faser a dita conta et partidores para partiren os ditos beens movilles e reyses. Por ende os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares pediron ao dito vigario que lles dese dous omes boons desta dita çidade para faseren a dita conta, et outros dous ommees boons da dita çidade para partiren os ditos beens et que os constrengese para ello. Et logo o dito vigario mandou aos ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares que elles nomeasen quatro omes boons da dita çidade, os dous para faser a dita conta et os outros dous para partiren os ditos beens, et el que os costrengera para elo. Et logo os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares nomearon para faser a dita conta a Pero Lourenço e Estevoon Peres notarios d’Ourense. O qual dito Pero Lourenço o dito Estevoon Lourenço por sy e en nome da dita sua moller nomeou e escolleu porla sua parte. Et o qual Estevoon Peres o dito Johan Ares nomeou e escolleu porla dita Maria do Mato e porla sua parte. Et os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares cadauun porla sua parte nomearen e escolleren por partidores para partiren os ditos beens movelles e reyses a Romeu Peres et a Miguell Anes moradores en esta dita çidade d’Ourense que eran ofiçiaes postos na dita çidade para partiren alguuns beens e herdades quando acaesçese. Et logo o dito vigario reçebeu juramento sobre signal da crus dos ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres e Romeu Peres e Miguell Anes que elles corporalmente tangeron con suas maos en lugar de santos evangeos dos ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres que ben e verdadeiramente fesesen a dita conta, et dos ditos Romeu Peres e Miguell Anes que ben e verdadeiramente partisen os ditos beens. Et os ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres e Romeu Peres e Migueel Anes assy juraron e prometeron porlo dito juramento que feseron. Et logo o dito vigario por consentimento das ditas partes mandou aos ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres que visen e examinasen as partiçoens que os ditos Romeu Peres e Miguell Anes fesesen dos ditos beens movilles e reyses. Et porlo dito juramento que avyan feyto que aquellas partiçoens que non fosen feitas commo devyan que as corregese, en tal guisa que cadauna das ditas partes ouvesen o seu quiñon, et que os ditos Romeu Peres e Miguell Anes que non ouvesen poder de dar as ditas partiçoens por feitas ata que fosen vistas e feitas porlos ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres. Et logo o dito Johan Ares diso ante o dito vigario que por quanto o dito Gonçalvo Peres do Mato mandara en seu testamento e que o dito Estevoon Lourenço tevese en seu poder todos los beens movilles que perteençen aa dita Maria do Mato sua filla e que llos gardase. Por ende que el non queria tomar nen reçeber os ditos beens movilles perteençentes aa dita Maria do Mato, mays que a dita conta feita et partydos os ditos beens que o dito Estevoon Lourenço que os tomase e reçebese et os gardase segundo o dito Gonçalvo Peres mandara enno dito seu testamento, et que protestava que el nen seus beens non fosen tiudos nen obligados en nihuun tenpo aa dita Maria do Mato por rason dos ditos beens movilles. Et quanto por rason dos beens reyses que acaesçesen aa dita Maria do Mato que el seeria prestes de os procurar o mellor que el podese. Et desto commo o oora disia, et da protestaçon que fasia que pedia ende a min dito notario huun publico estormento ou mays quantos lle conprisen para garda de seu dereito. Testemuyas que a esto foron presentes Johan Pardo mercador et Johan Peres outrosy mercador et Johan Domingues dito Clerigo morador na Traparia, moradores en Ourense e outros.

Et depoys desto na dita era, quinta feyra, quatro dias do mes de março, en presença de min o dito Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar e das testemuyas adeante escriptas, ante o dito don Iohan Fernandes arçidiago de Castella na igleia d’Ourense, vigario geeral do honrrado padre e señor don Iohan porla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, pareçeron os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares et pediron ao dito vigario que mandase aos ditos Romeu Peres e Migueel Anes que estavan presentes que presentasen antel as partiçoens que feseran das herdades e beens rayses que foron et ficaron dos ditos Gonçalvo do Mato e Maria Anes sua moller que foron. Et logo o dito vigario mandou aos ditos Romeu Peres e Migueel Anes que presentasen antel as ditas partiçoens. Et os ditos Migueel Anes e Romeu Peres presentaron ante o dito vigario huun escripto de partiçoens, do qual o tenor atal he: Estes son os beens que o dito Estevoon Lourenço disso que o dito Gonçalvo Peres do Mato çidadao d’Ourense conprou con Maria Anes sua moller que foy: primeyramente os moynos da Arca con a viña que está a sobrelles. Iten mays os muynos do Gradil. Iten mays o muyno do Carvallo con çinqo livras que ha de foro cada anno, as tres livras a Santa Coonba et as duas livras ao cabidoo da igleia d’Ourense. Iten mays o baçellar et a adega que está entre los camiños yndo para o lugar do Prior, et ha seys moravedis de foro a Santa Coonba. Iten mays o lugar da Carreira con suas viñas que he foreyro a Santa Coonba, et ha de pagar seys moravedis cada anno. Et destes beens que foron gaañados e conprados con a dita Maria Anes perteençen aa dita Maria do Mato as tres partes, et aa dita Moor Peres a quarta parte. Iten a meatade da seara do Seyxo que he foreyra de foro de terça ao bispo. Iten a viña da Chave que está na Looña. Iten as viñas que foron de Thereyia Pexota, de foro de terça. Iten a viña do Portello de foro de quarta. Et destas viñas que foron de Thereyia Pexota e da viña do Portelo ha de aver a dita Moor Peres a meatade et a dita Maria do Mato a outra meatade. Estes son os beens que o dito Estevoon Lourenço disso que o dito Gonçalvo Peres do Mato gaañou con sua moller Costança Fernandes madre da dita Moor Peres en o dito lugar de Meende. Primeyramente duas casas con dous muyños cada casa que estan a sub o muyño da Lagea, dos quaes chaman a huuns delles os muynos en que morou Domingo Dias, et aos outros chaman os muyños da Raçon. Iten os muynos da Lagea et da Torre. Iten mays o lugar do Paaço commo está çarrado e çercado con suas viñas que a el perteençen, et ha triinta livras cada anno de foro ao moesteyro de Santa Coonba. Et destes beens que foron conprados con a dita Costança Fernandes perteeençen aa dita Moor Peres as tres partes et aa dita Maria do Mato a quarta parte. Iten o lugar de Sesteyron, do qual perteençen aa dita Moor Peres as tres quartas et aa dita Maria do Mato a quarta parte. Estas son as partiçoens que nos Migueel Yanes e Romeu Peres fasemos do lugar e viñas de Meende et de todos los muynos que y avya Gonçalvo Peres do Mato. Primeyramente partimos as casas e lagares et tinallas et ortas en esta guisa: que a dita Moor Peres e toda sua vos aia daqui endeante todas las casas que estan dentro no dito curral de Meende con seus sobrados e camaras e lagar et con o dito curral en que estan, porlas tres quartas que lle acaesçen do dito lugar, et que aia con esto que dito he toda a orta que está ante a porta do dito curral hu está o pereiro e a narangeyra, et que aia outrosy das tres tinallas grandes que seen na casa que ten a porta contra o carvallo as duas tinallas en esta guisa: logo a primeira mellor qual ela quiser, et das duas que fican que aia a mays ligeyra. Et por esto que a dita Maria do Mato et toda sua vos que aia porla quarta parte que ha de aver do dito lugar as duas casas que teen as portas fora contra o dito carvallo, con o lagar que en huna dellas se, et con huna tinalla pequena que se en huna das ditas casas para si o lagar, et con a outra tinalla grande que fica das ditas tres tinallas grandes, et que aia con esto que dito he a or[t]a que está fora do dito curral hu está a moreyra, et que cadauun aia entrada e seyda por as portas do dito curral segundo lles perteençe. Outrosy mandamos que a dita Maria do Mato aia ella e toda sua vos os muynos que estan na casa da Arca con sua casa en que estan et con a leyra de viña que está a sobrelles que con elles foy conprada por huna quarta parte, dos quaes muynos e casa e viña perteençian aa dita Maria do Mato as tres quartas et aa dita Moor Peres a quarta parte, et por esto que dito he que a dita Moor Peres e toda sua vos aian os dous muyños que estan na casa hu morou Domingo Dias con sua casa en que estan et con toda a viña que está a sobrela dita casa que foy conprada con o dito muyño da Arca, conven a saber toda commo parte porlo rigueiro que ven descontra Çeboliño para a par do dito lugar, que foy de Vaasco Lourenço et des y porlo rego por que ven a agua para o estanco que está no dito lugar a juso, dos quaes moyños e viña aa dita Maria do Mato perteençia a quarta parte. Outrosy mandamos que a dita Maria do Mato et toda sua vos aian con esto que sobre dito he as viñas que estan do outro cabo o dito rigueyro a que chaman das Quyntas, et o souto que está no dito lugar da Carreira, que está aa fonte Assapeyra des lo camyno grande que vay d’Ourense para Castedon a ajuso et o baçellar con o paaço por huna quarta parte. Et por esto que dito he que a dita Moor Peres et toda sua vos aian para senpre por outras tres quartas toda a viña que está des lo dito rego e lugar a suso e con a viña a que chaman a Fageña e con o souto do Gradil, sacado ende as viñas que estan aforadas ou en renda, que mandamos que cadauun aia a sua parte dos foros ou rendas, conven a saber a dita Moor Peres as tres quartas et a dita Maria do Mato huna quarta segundo lle perteençe. Et que a dita Moor Peres aia con esto que dito he a viña do lugar da Carreyra con seu souto delo dito camyño que vay d’Ourense para Castedon a asuso. Et se contenda recreçer aa dita Maria do Mato ou a sua vos sobrelo dito paaço e baçellar, que a dita Moor Peres e sua vos que a ajuden a defender o dereito con o dito baçellar e paaço, et pague do que custar o dito pleito quanto montar a quarta parte que aa dita Moor Peres perteençia do dito baçellar e paaço, et se por ventura a dita Maria do Mato non vençer o dito baçellar e paaço por dereito que a dita Moor Peres lle dé outra tanta viña en o dito lugar de Meende quanto monta a quarta parte do dito baçellar. Outrosy mandamos que do lugar de Sesteyron que está aforado por dose livras cada anno. Et son as tres quartas de Moor Peres et a quarta de Maria do Mato, que cadauun aia sua parte do dito foro segundo lle perteençe, et outrosy do viño eso meesmo o que ende y ouver. Outrosy mandamos que a dita Maria do Mato e toda sua vos aia daqui endeante para senpre os muyños do Gradil et o muyño do Carvallo con seus terreos e casas. Et por esto que dito he que a dita Moor Peres e toda sua vos aian para senpre na sua parte os muyños a que chaman da Raçon en que morou Gonçalvo Sanin, et os muyños a que chaman da Lagea e o da Torre. Et que a dita Moor Peres e toda sua vos paguen cada anno triinta livras de brancos que o dito lugar de Meende ha de pagar ao moesteyro de Santa Coonba. Et que a dita Maria do Mato e toda sua vos pague cada anno çinqo livras de brancos que se an de pagar porlo dito muyño do Carvallo, as tres livras ao moesteyro de Santa Coonba et as duas livras ao cabidoo da igleia d’Ourense. E outrosy fasemos duas partes das viñas que foron de Thereyia Pexota et da viña do Portelo, a qual viña do Portelo he de foro de quarta, et as viñas que foron de Thereyia Pexota son de foro de terça. Et juntamos huun pedaço da leyra de çima que foy da dita Thereyia Pexota, conven a saber des la soma do valado que está sobrela figueyra que está na dita leyra de Thereyia Pixota a açima segundo fica apartido et poemosla con a dita leyra do Portelo por huna partiçon, et poñemos a dita leyra des la dita soma dello dito valado a juso con a outra leyra que foy da dita Thereyia Pyxota que está en fondo, et con o leyro de viña que foy de Pero Veesteyro por outra partiçon, sobrelas quaes partiçoens destas ditas leyras mandamos que as ditas partes lançen sortes et que cada huna parte tome a partiçon que lle acaesçer por sorte con sua froyta que y estever. Et se alguna cousa he por pagar do preço que o dito Gonçalvo Peres do Mato ouvo de pagar de conpra porlas ditas viñas que cada huna parte pague a meatade. Et as ditas partes deyraron sortes segundo lles foy mandado, cadauun porla parte que lle perteençe, et acaesçen aa dita Moor Peres a leyra do Portello con o dito pedaço da outra leyra que foy de Thereyia Pyxota des lo dito valado a suso. Et a dita Maria do Mato a outra partiçon sobre dita. Outrossy partimos a viña da Chave, da qual son as tres quartas da dita Maria do Mato et a quarta da dita Moor Peres. Et damos aa dita Moor Peres enna sua quarta parte o pedaço de viña a juso contra o rigueyro que vay para a par de as viñas do julgado, a qual leyxamos partida por signaes e por marcos, et que a dita Maria do Mato e sua vos aian toda a outra viña que vay açima contra o valado de çima et contra a congosta que cabo dela vay. Iten partimos a viña que está a sobrela chousa que tiiña o dito Gonçalvo do Mato a alen da Pya da Casca que parte con o camiño novo, a qual viña o dito Estevoon Lourenço dis que o dito Gonçalvo Peres aforou depois da morte da dita Maria Anes sua moller de foro de quarta, da qual diso que perteençe a meatade aa dita Moor Peres, et a outra meatade aa dita Maria do Mato, a qual viña partimos por meo de fondo açima des la dita cortiña da chousa açima ca a outra viña que vay a juso en dereito a dita chousa fica aa dita Moor Peres con aquella parte e quiñon que lle perteençe da dita chousa et a qual viña leyxamos partida por meo por marcos, sobrela qual mandamos que as ditas partes lançen sortes et que cada huna das ditas partes aia aquela parte que lle acaesçer por as ditas sortes. Et as ditas partes deytaron as ditas sortes. Et ellas deytadas acaesçeu aa dita Moor Peres aquella parte e qyñon que esta contra a villa d’Ourense et a outra meatade des contra o Camiño Novo acaesçeu aa dita Maria do Mato. Iten partimos a viña do Seyxo et demos aos fillos de Gonçalvo Peres da rua dos Çapateiros que foy por a quarta parte que lle pertençe da dita viña huun quaderno logo na entrada da dita viña contra a crus de Carvalleira. Iten lle damos con esto que dito he outro pedaço de baçellar que está junto con a viña que foy de Gomes Torto que oora he de Gonçalvo Peres de Noalla, os quaes pedaços de viña que demos aos ditos moços enna quarta parte da dita viña logo leyxamos partidos e demarcados por marcos e por signaes et da outra viña que fyca, sacado ende esta quarta parte que ia demos aos ditos moços ha de aver a dita Moor Peres a meatade, et a dita Maria do Mato a outra meatade. Et partimosla en esta guisa: poemos outro quaderno da dita viña que esta junto con o dito quaderno que demos aos ditos moços na entrada da dita viña commo vay contra Gomaris e con outro pedaço de leyra da dita viña que topa no camiño vello por que soyan yr d’Ourense para Penol de huun cabo et do outro cabo topa no dito baçellar que damos aos ditos moços. Este dito quaderno e leyra poemos porla meatade. Outrosi poemos o vale que fica con outro pedaço que está en cabo da dita viña contra o outeiro de Pousada por outra meatade, sobrelas quaes partiçoens mandamos deytar sortes. Et deytadas as ditas sortes acaesçeu aa dita Moor Peres o pedaço do valle et o pedaço descontra o outeiro de Pousada, et aa dita Maria do Mato outro quaderno descontra Gomaris et a leyra que topa no dito camiño vello e no dito baçellar. O qual escripto de partiçoens presentado o dito vigario preguntou aos ditos Romeu Peres e Migueel Anes et a Pero Lourenço notario d’Ourense que estavan presentes porlo juramento que avyan feito se eran ben feytas as ditas partiçoens et se as davan por feytas e acabadas segundo que as davan en escripto. Et os ditos Migueel Anes e Romeu Peres diseron porlo dito juramento que avyan feito que as ditas partiçoens eran ben feytas e sen maliçia et que as davan por acabadas. Et o dito Pero Lourenço diso que el vyra as ditas partiçoens con o dito Estevoon Peres notario, et porlo juramento que fesera que eran ben feytas e sen maliçia, et que aynda que as ditas herdades fosen suas que el tomaria qual quer das ditas partiçoens, et que eran sen malyçia. Et o dito vigario diso que el veeria as ditas partiçoens e que en outro dia daria a ellas sua resposta. Tests. Diego Affonso parente do dito vigario, Martin Iohanes seu adegueiro e Johan de Junqueira e Johan Collaço omme do dito Estevoon Lourenço et Martiño de Vallançaa e Garçia Peres escudeiro morador na rua do Pumar et outros.

Et depois desto en outro dia, sesta feyra, çinqo dias do dito mes de março da era sobre dita, en presença de min o dito Gonçalvo Peres notario e das tests. adeante escriptas ante o dito arçidiago e vigario pareçeron o dito Estevoon Lourenço en nome da dita Moor Peres sua moller et o dito Johan Ares en nome da dita Maria do Mato cuio tutor he da outra, et pediron ao dito vigario que soubese a verdade do dito Estevoon Peres notario que presente estava se as ditas partiçoens eran feytas commo devyan ou se entendia en elles alguna maliçia ou enganno para cada huna das ditas partes. Et logo o dito vigario



Eu Gonçalvo Peres (sinal) notario



a pedimento dos ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares preguntou ao dito Estevoon Peres que porlo dito juramento que avya feito que lle disese se ennas ditas partiçoens avya ou fora feito alguun enganno ou maliçia, et se foran feytas commo devyan, et o dito Estevoon Peres disso porlo dito juramento que avya feyto que el vyra as ditas partiçoens con o dito Pero Lourenço notario seu conpañeiro et que ouveran anbos sobrelo seu consello e acordo, et que segundo suas conçiençias que porlo dito juramento que avyan feito que enas ditas partiçoens non avya enganno nen maliçia et que eran feytas commo devyan. Por ende os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares pediron ao dito vigario que de seu ofiçio ordinario que tiiña que desse as ditas partiçoens por ben feytas e por firmes e valledeiras para senpre mandando que cadauna das ditas partes et todas suas voses para senpre ouvesen e pesuysen des aqui endeante aquella parte e quyñon dos ditos beens segundo lle acaesçera e lle fora dada e partida porlos ditos omes boons sen enbargo da outra parte e de toda sua vos. Et logo o dito vigario diso que el, visto o juramento que avya reçebudo dos ditos omes boons, porlo qual lle avya mandado que ben e verdadeiramente partisen os ditos beens, et vistas las partiçoens que os ditos Romeu Peres e Miguell Anes antel presentaran, et en commo as deran antel por ben feytas e sen enganno e sen maliçia porlo dito juramento que feseran, por ende por poder do ofiçio ordinario que tiiña diso que dava e deu logo as ditas partiçoens por ben feytas e sen maliçia e enganno alguun et mandou por sentença que cadauna das ditas partes e todas suas voses ouvesen e pesuysen daqui endeante para senpre toda aquella parte e quiñon que lles acaesçera segundo se contiiña ennas ditas partiçoens et segundo lles fora dado e asignado porlos ditos omes boons sen outro enbargo de juyso alguun de cadauna das ditas partes e de toda sua vos, et por esa meesma sentença mandou que ninhuna das ditas partes non fose nen pasase daqui endeante, elles nen sua vos, contra as ditas partiçoens nen as tornasen nen enbargasen, mays cadauna parte que ouvese a sua partiçon segundo lle fora dada segundo dito he, et que as ouvesen por firmes e por estevelles para senpre su penna de mill moravedis da boa moeda, assy que a parte que contra ellas quisese pasar ou as enbargase e en ellas non quisese consentyr que peytase por ende aa outra parte que as conprise e agardase e en elo consentysen por nome de penna e de interese os ditos mill moravedis da boa moeda, et que a dita penna pagada ou non pagada que as ditas partiçoens ficasen firmes e valledeiras para senpre. Et o dito Johan Ares diso que el en nome da dita Maria do Mato que consentya nas ditas partiçoens et que reçebyan aquella parte e quiñon que perteençia aa dita Maria do Mato dos ditos beens segundo le fora dada porlos ditos omes boons, con protestaçon que se fose achado ou veese en verdade que aa dita Maria do Mato perteençian mays beens ca aquelles que agora acaesçian nas ditas partiçoens, que a salvo lle ficase todo seu dereito en nome da dita Maria do Mato para os aver e cobrar para ela a todo tenpo, et que non renunçiava por esto a elles nen ao dereito que en elles avya a dita moça. Et desto en commo pasou os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares cadauun porla sua parte pediron a min dito notario senllas cartas de partiçon, anbas feitas en huun tenor. Esto foy en Ourense dentro na igleia catedral de San Martiño ennos dias, mes e era sobre ditos. Tests. que a esto foron presentes Apariço Anes e Gonçalvo Peres raçoeiros da dita igleia d’Ourense, Roy Gonçalves notario d’Ourense e os ditos Romeu Peres e Miguell Anes e Gonçalvo e Lopo omes do dito vigario e outros.

Depois desto, martes viinte e sete dias do mes dabril da era sobre dita, ante o dito arçidiago e vigario, pareçeron os ditos Estevoon Lourenço e Johan Ares cadauun porla parte que lle perteençe, et pediron ao dito vigario que mandase aos ditos Romeu Peres e Miguell Anes que estavan presentes que presentase antel as partiçoens que feseran por seu mandado das herdades e beens que foron e ficaron a tenpo da morte do dito Gonçalvo Peres do Mato, que son e jasen en termyo de Moreyras de Louredo e en Mugares et outros beens que ficaran por partyr en esta dita çidade d’Ourense. Et logo os ditos Migueel Anes e Romeu Peres por mandado do dito arçidiago e vigario presentaron e por min dito notario leer feseron huun escripto de partiçoens que disian que feseran dos beens que foron do dito Gonçalvo Peres do Mato por mandado e costrengemento do dito vigario do qual escripto de partiçoens o tenor atal he: Iten estas son as cubas que nos Romeu Peres e e Miguell Anes vimos que siian no çelleiro da capella de San Iohan que ten Apariço Anes capellan da dita capella que son en este dito çelleiro trese cubas grandes e duas pequenas. Iten no outro çelleiro pequeno que foy de Catalyña nove cubas entre grandes e pequenas. Iten no çelleyro das casas en que mora Estevoon Lourenço seys tinallas e tres cubas pequenas, et quatro arcas para pan, et destas voontades todas perteençe a Maria do Mato a quarta parte. Iten vimos hunas casas en que mora Estevoon Lourenço, das quaes perteençen a Moor Peres sua moller as tres quartas et a Maria do Mato huna quarta, por rason que foron gaañadas con Costança Fernandes madre da dita Moor Peres. Et vimos hunas casas en que mora Pero Fernandes Quinteiro et outras que estam a sobrellas que foron de Maria Martines yrmaa de Gonçalvo Peres do Mato, das quaes achamos que perteençe aa dita Maria do Mato a meatade et aa dita Moor Peres a outra meatade, por quanto foron da madre do dito Gonçalvo Peres, salvo çinqo livras que avya Maria Martines porlas que foron suas, et an as ditas casas todas seys livras aa obra. Iten vimos as cubas, et achamos por todas que son viinte e seys entre grandes e pequenas, das quaes diso o dito Estevoon Lourenço que non acaesçe aa dita Maria do Mato mays ca a quarta parte dellas, por quanto foron gaañadas con Costança Fernandes et non con Maria Anes, mays pero que lles mandava que desen aa dita Maria do Mato o seu quiñon, et que tomase do seu e o desen a ella, et que non fose en perjuyso de seu juramento. Et nos os ditos omes boons mandamos que seian da dita Maria do Mato oyto cubas grandes et huna pequena que se no çelleiro de Cataliña, et outras duas que seen no çelleiro das casas en que mora o dito Estevoon Lourenço, as quaes aperodamos que levarian huna viinte e çinqo moyos despeto pouco mays ou pouco menos. Iten outra cuba que diseron que levava viinte moyos. Iten outra cuba que diseron que poderia levar des e oyto moyos. Iten outra que diseron que podia levar ata quinse moyos. Iten outra cuba que diseron que podia levar ata dose moyos. Iten outra cuba que diseron que poderia levar onse moyos. Iten outra que diseron que podia levar nove moyos. Iten outra que pode levar outros nove moyos despeto. Iten outra cuba que diseron que podia levar dous moyos e meo. Iten outra cuba que diseron que podia levar oyto moyos. Iten outra cuba que diseron que podia levar ata dous moyos e meo despeto. Iten mays huna tinalla que pode levar ata oyto moyos pouco mays ou pouco minos. Iten mays outra tinalla que pode levar ata seys moyos. Iten outra tinalla que pode levar ata tres moyos. As quaes cubas e tinallas fican asignadas en esta maneira de nosa mao as cubas con senllas petadas ennas bocas et as tinallas con senllas petadas en senllas leonas ennas bocas dellas. Iten vimos quatro arcas para pan, das quaes quatro damos en partiçon aa dita Maria do Mato duas en que posemos signaes apar das pechaduras. Iten vimos as casas anbas en que mora o dito Estevoon Lourenço, et as casas en que mora Pero Fernandes quanto con suas camaras e casas chaas et as outras que estan a sobrellas que foron todas da madre de Gonçalvo Peres, sacado huun quiñon por que avya Maria Martines çinco livras, as quaes diso o dito Estevoon Lourenço que llas mandara a dita Maria Martines. As quaes casas partimos en esta guisa: que o dito Estevoon Lourenço aia en nome de sua moller as ditas casas anbas en que mora et as outras en que morou a dita Maria Martines con seu sotoon e sobrado segundo que lles perteençe, et pague tres livras aa obra por rason das seys livras que a obra ha de aver por ellas, et a dita Maria do Mato que aia en partiçon por estas cousas sobre ditas as casas en que mora Pero Fernandes Quinteyro con sas camaras e casas chaas, et que dé e pague en cadauun anno as tres livras de brancos das seys livras que a obra por ellas ha de aver. Iten vimos a casa e lagares que estan na Pya da Casca et vimos outra casa que está aa porta de Çima de Villa a su o forno que foy de Moor Affonso partimoslas en este guisa: juntamos o lagar mellor destes dous que seen na Pya da Casca et poemoslo con a casa que está aa porta de Çima de Villa a su o forno da dita Moor Afonso por tal condiçon que o tyren da dita casa en que está et o leven para a outra de Çima de Villa ou para hu quiseren, et esta casa e lagar poemoslo aa partiçon das casas que oora ten Pero Fernandes que acaesçeron aa dita Maria do Mato. Et mandamos que aia o dito Estevoon Lourenço a casa e lagar que está enna Pya da Casca con as outras partiçoens das casas en que el mora e con as outras en que morou a dita Maria Martines. Iten vimos a casa de Mugares con todas las suas herdades e casas e viñas e cortynas e arvores e con todos los soutos e arvores e con todas suas entradas e seydas e perteenças et con huna tinalla que y se doyto moyos, do qual perteençen a Maria do Mato as tres quartas por quanto fora gaañado con sua madre Maria Anes, et a Moor Peres huna quarta. Et vimos todos los herdamentos e casas e arvores e tinallas de Moreiras, do qual somos certos porlas cartas das conpras e por omes vedrayos que o sabyan, que perteençen aa dita Moor Peres as tres quartas et aa dita Maria do Mato huna quarta por quanto foron gaañadas con a madre da dita Moor Peres, salvo da conpra que se feso de Johan d’Alvyte que conprou Gonçalvo do Mato con Maria Anes, da qual perteençen aa dita Maria do Mato as tres quartas et aa dita Moor Peres huna quarta. Et por quanto o lugar e herdades de Mugares son moy boas e moy proveytosas e de boon foro et jasen en tal comarca que se poden manteer e aver dellas prol aquellas cuias foren. Poemoslo todo esto por huna partiçon et juntamos aynda a esta partiçon a meatade da leyra de viña que conprou Gonçalvo do Mato de Johan d’Alvyte segundo que vay enchavellada et a meatade das casas e curral que con ela foy conprada et huna tinalla das que seen nas casas que foron de Domingo Ferrono, pero en esta maneira: que o dito Estevoon Lourenço escolla duas e das tres que fique a Maria do Mato huna, a mellor, ou aquel que o ouver de aver por ela. Et esto todo commo dito he poemoslo por huna partiçon. A qual partiçon declaramos en esta guisa: que aia a dita Maria do Mato o dito lugar de Mugares con estas cousas sobre ditas que son dadas en partiçon con el, por quanto avya mayor parte en el ca a dita Moor Peres et por que achamos que as outras herdades de Moreiras son mays ca estas e son de maos foros e iasen en maos lugares e despobranse e van a monte, et por quanto Moor Peres ha moor parte en Moreiras e en Mugares, avendo noso acordo con omes vedrayos, et por que ouver cadauna prol da partiçon que levase e se podese dela ajudar poñemos esto todo que ha en Moreiras por outra partiçon, tyradas as outras cousas que se conteen enna outra partiçon que vay con Mugares. As quaes partiçoens declaramos en esta guisa: mandamos que esta partiçon de Mugares que a aia a dita Maria do Mato, et mandamos que aia esta outra partiçon de Moreiras a dita Moor Peres, tiradas aquellas cousas que se conteen enna outra partiçon que ha de andar con a herdade de Mugares. Et mandamos que aia a dita Moor Peres o dito lugar de Moreiras con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças segundo de suso dito he. Et vimos o soar de tras Sayoane que está enna rua d’Oobra que ias descoberto e en terra, et ha quatro livras e mea a obra por el, de que acaesçe as tres quartas do dito soar aa dita Maria do Mato. Et vimos as casas que foron de Abrafan que estan na rua Nova, de que acaesçe aa dita moça as tres quartas et aa dita Moor Peres huna, que an triinta e dous par de diñeiros brancos. Et vimos outras casas que gaañou Gonçalvo do Mato con a madre de Moor Peres, de que a moça leva a quarta et a dita Moor Peres as tres. Et an quatro livras de foro. Et poemoslas asy en esta guisa: aquel çelleiro da obra que ias tras San Johan por huna partiçon con onse livras mynos dous soldos. Et poemos las casas da rua Nova por outra partiçon. Et o que levar o çelleyro que pague o trebuto do çelleiro e das casas da rua Nova. Et poemos por ela o lugar de Sesteyron, de que perteençe aa dita Maria do Mato a quarta por huna partiçon et o lugar do Mato de que aa dita Maria do Mato ha de aver a meatade todo por outra partiçon. Et mandamos que a dita Maria do Mato que aia todo o lugar do Mato por seu et a dita Moor Peres que aia todo o lugar de Sesteyron de que perteençia aa dita Maria do Mato a quarta parte. Et mandamos que deyten sortes Estevoon Lourenço e Johan Ares sobrelo çelleyro de tras San Iohan que está hermo et sobrelas casas da rua Nova. Et todo esto commo dito he segundo se conten ennas ditas partiçoens ata aqui feitas por nos damoslas por partidas. Et por quanto achamos que a leyra do Portello he moy danyna e andan moytos camynos por ela eademosle o peteiro que foy de Pero Veesteiro. Sobrelas quaes ditas partiçoens do dito çelleiro de tras San Iohan et sobrelas ditas casas da rua Nova que foron do dito Abrafan, as sobre ditas cadauna porla sua parte deytaron sortes segundo foy mandado porlos ditos partidores, et acaesçeu ao dito Estevoon Lourenço en partiçon porla dita sua moller porlas ditas casas da rua Nova o dito soar de tras San Iohan et ao dito Johan Ares por Maria do Mato en partiçon porlo dito soar as ditas casas da rua Nova. O qual escripto de partiçoens presentado e liudo o dito vigario preguntou aos ditos Romeu Peres e Miguell Anes se davan as ditas partiçoens por acabadas e ben feitas e sen maliçia. Et os ditos Romeu Peres e Miguell Anes diseron porlo dito juramento que feseran que davan as ditas partiçoens por acabadas das cousas sobre ditas e por ben feytas, o mellor que souberan e poderan e sen malyçia. Et outrosy fes pregunta aos ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres notarios que estavan presentes se vyran as ditas herdades e beens e cousas sobre ditas contyudas no dito escripto de partiçoens et se eran ben feytas sen outro enganno e maliçia de cadauna das ditas partes commo devyan. Et os ditos Pero Lourenço e Estevoon Peres diseron porlo juramento que avyan feyto que elles viran ben e conpridamente as ditas viñas e herdades e casas e beens contiudos no dito escripto de partiçoens, et que achavan que as ditas partes eran ben feytas e sen maliçia e enganno danbas las partes segundo suas conçiençias e elles entendian. Et logo o dito vigario diso que el, visto o juramento que avya reçebudo dos ditos omes boons na maneira que dita he et vistas as partiçoens que os ditos Romeu Peres e Migueell Anes antel presentaron, et en commo as deran antel por ben feytas e sen maliçia e enganno danbas las ditas partes, por ende que el porlo poder do ofiçio ordinario que tiiña que dava logo as ditas partiçoens por ben feytas e sen malyçia e enganno alguun, et mandou por sentença a cada huna das ditas partes que elles e todas suas voses ouvesen e pesuysen daqui endeante para senpre toda aquella parte e quyñon que lle acaesçera segundo se contiina ennas ditas partiçoens et segundo le fora dado e asignado por os ditos partidores e ommees boons sen outro enbargo de juyso alguun. Et por esta meesma sentença mandou que nihuna das ditas partes nen suas voses non fosen nen pasasen daqui endeante contra as ditas partiçoens nen as tornase nen enbargase, mays que cadauna das ditas partes ouvese sua partiçon segundo lle fora dada e lle acaesçera, et que as ouvese por firmes e por estavilles para senpre sub penna de mill moravedis da boa moeda, asy que a parte que contra ellas quisese pasar e as enbargase e as non consentise que peytase aa outra parte que en ellas quisese estar e as consentyse os ditos mill moravedis da boa moeda por nome de penna e de interese, et que a dita penna pagada ou non que as ditas partiçoens na maneira que eran feytas valuesen e ficasen firmes para senpre. Et o dito Johan Ares diso por nome da dita Maria do Mato que consentya nas ditas partiçoens e mandamento do dito vigario, et que reçebya aquela parte e quyñon que perteençia aa dita Maria do Mato dos ditos herdamentos e beens e cousas sobre ditas segundo lle foran dadas por os ditos ommees boons, con protestaçon que se fose achado ou veese en verdade que aa dita Maria do Mato perteençian mays beens ca aquelles que lle eran dados e asignallados por as ditas partiçoens que a salvo lle ficase todo seu dereito en nome da dita Maria do Mato para os aver e cobrar para ela a todo tenpo, et que non renunçiava por esto a elles nen ao dereito que en elles avya a dita moça. Et logo o dito vigario reçebeu juramento do dito Estevoon Lourenço sobre santos evangeos se ben e verdadeyramente disera e nomeara aos ditos partidores e ommees boons todos los beens da dita Maria do Mato, os quaes santos evangeos o dito Estevoon Lourenço corporalmente tangeu con suas maos, porlo qual juramento o dito Estevoon Lourenço diso que el nomeara ben e verdadeiramente todos los beens que perteençian aa dita Maria do Mato que el sabya, salvo os casares de aquel cabo o Miño que non yan nas ditas partiçoens, et protestou logo que a salvo lle ficase todo seu dereito e da dita sua moller, que se alguuns beens yan postos e metudos nas ditas partiçoens que non fosen da dita Maria do Mato et que perteeçesen aa dita sua moller para os aver e cobrar a todo tenpo. Et desto en commo pasou o dito Estevoon Lourenço por nome da dita sua moller et o dito Johan Ares por nome da dita Maria do Mato pediron a min notario senllas cartas publicas anbas en huun tenor. Testemunyas que foron a esto presentes Martin Anes de Gordon juys d’Ourense, Martin Fernandes mercador, Johan Domingues dito Clerigo morador na Traparia e Johan de Junqueyra omes do dito Estevoon Lourenço moradores en Ourense.

Et depoys desto, sesta feyra seys dias do mes dagosto da era sobre dita, en presença de min o dito Gonçalvo Peres notario e das testemuyas adeante escriptas pareçeron ante min dito notario e testemuyas os ditos Romeu Peres e Migueel Anes et presentaron e feseron leer por min dito notario huun escripto de partiçoens dos casares  que foron do dito Gonçalvo Peres do Mato que jasen a alen do Miño, do qual escripto o tenor atal he: Et nos Romeu Peres e Migueel Yanes ommees boons dados por partidores dos beens que foron de Gonçalvo Peres do Mato et de Maria Anes sua moller, eadendo aas partiçoens que teemos feytas en esta çidade d’Ourense e en seus termios, soubemos a verdade dos casares que estavan a alen do Miño, dos de disimo a deus et dos dos foros, conven a saber que poñemos por huna partiçon dous casares de foro con o souto da Bouça et dous de desemo a deus \/ e con a hermyda de Samamede que aia o dito Estevoon Lourenço por nome da dita sua moller Moor Peres. Iten poemos por outra partiçon sete casares que iasen en Fontefria, dos quaes son ende os seys de foro de quarta ao moesteyro de Santa Coonba de Naves et huun de disimo a deus et tres en Byduedo de disimo a deus e huun en Lagariños que he de disimo a deus et fasen assy onse casares, que os aia en sua partiçon a dita Maria do Mato por estes outros casares que leva o dito Estevoon Lourenço e Moor Peres sua moller. O qual escripto de partiçoens presentado e liudo os ditos Romeu Peres e Migueel Anes diseron que davan e deron logo as ditas partiçoens por ben feytas e sen maliçia porlo dito juramento que feseron, et mandaron a min dito notario que juntase estas partiçoens con as outras partiçoens que elles avyan feytas dos beens que foron do dito Gonçalvo Peres do Mato. Testemunyas que a esto presentes foron Martin Geestosa raçoeyro da igleia d’Ourense e Pero Fernandes Quinteyro e Johan Peres alfayate et Johan Ares ommees do dito Estevoon Lourenço et Gomes Yanes escripvan e outros.

 que iasen nas Trees e en Villar.

Et eu Gonçalvo Peres notario sobre dito que a esto he presente foy et en miña presença ho fis escripvyr et meu sygnal aqui puge que tal he.

(sinal)


[reverso] Carta de partiçoens dos beens de Moor Peres e de Maria do Mato.

Carta de partiçon dos bees de Maior Peres et de Maria do Mato sua yrmaa.

Materias

muralla; adegueiro; alcume; alcume; apeo; arbitraxe; árbore; arca; arcediago; audiencia diocesana; auto xudicial; avinza; avoa; bacelar; bieito; bispado; branca; cabido; camiño; canon foral; capela; capelán; casas; catedral; celeiro; chousa; cóengo; concello; confirmación; construción; conta; contador; cortiña; crego; criado; criado; cruz; cruz; cuñada; curral; débeda; décimos; ermida; escribán; escritura; escritura; escudeiro; esposa; esposo; estanco; evanxeos; fábrica; familia; fidalgo; filla; fillo; fonte; forno; froita; froiteira; gran; herdanza; homes bos; horta; igrexa; irmá; labores; lagar; lagar; leira; leira; libra; libra; libra; linde; mandamento; mandamento; marabedí; marabedí; medidas; menor; mercador; mercador; mesa bispal; mesa capitular; montes; mosteiro; moza; moza; muíños; muller; nai; nai; olaría; orde de San Bieito; orfa; pagamento; pai; pan; partilla; pazo; pelamio; pena; pena; porta; Porta de Cimadevila; posesión; preito; priorado; protesta; protesta; provisor; publicación; racioneiro; racioneiro; regato; río; rúa; rúa; rúa; rúa; sentenza; soar; sobriña; sogra; sogro; soldo; souto; testamento; testemuño; tía; titor; titoría; tonel; torre; tributos; valado; venda; venda; venda; vigairo; viúvo; xastre; xenealoxía; xenro; xenro; xudeu; xuíz; xulgado; xuramento; zapateiro; notario

Persoas

Xoán de Xunqueira, home de Estevo Lourenzo; Abraham; Aparicio Eáns, capelán; Aparicio Eáns, racioneiro de Ourense; Catarina; Constanza Fernández; Diego Afonso, familiar; Domingos Díaz; Domingos Ferroño; Estevo Lourenzo, mercador; Estevo Pérez; García Pérez, escudeiro; García Rodríguez, notario; Gómez Eáns, escribán; Gómez Torto; Gonzalo Pérez da rúa dos Zapateiros; Gonzalo Pérez de Noalla; Gonzalo Pérez do Mato; Gonzalo Pérez, racioneiro de Ourense; Gonzalo Sanín; Gonzalo Tato; Gonzalo, home do vigairo de Ourense; Lopo, home do vigairo de Ourense; Maior Afonso; Maior Pérez; María do Mato; María Eáns; María Martínez; Martiño da Valenzá; Martiño Domínguez, notario; Martiño Eáns de Gordón, xuíz de Ourense; Martiño Eáns, adegueiro; Martiño Fernández, mercador; Martiño Pérez de Xestosa, racioneiro de Ourense; Miguel Eáns; Pedro Besteiro; Pedro Fernández Quinteiro; Pedro Lourenzo; Pedro Lourenzo, notario; Roi González, notario; Romeu Pérez; Tareixa Pexota; Vasco Lourenzo; Xoán Ares; Xoán Ares, escudeiro; Xoán Ares, home de Estevo Lourenzo; Xoán Collazo, home de Estevo Lourenzo; Xoán de Alvite; Xoán de Xunqueira, home de Estevo Lourenzo; Xoán Domínguez, dito Clerigo; Xoán Fernández, arcediago de Castela; Xoán García Manrique, bispo de Ourense; Xoán Pardo, mercador; Xoán Pérez, mercador; Xoán Pérez, xastre; Gonzalo Pérez, notario

Outros

Ourense, bispado; Ourense, cabido; Ourense, concello; Santa Comba de Naves, priorado

Lugares

Arca; Assapeyra, fonte; Biduedo; Bouça; Carballeira, A; Carballo; Carreira; Carreyra; Castadón; Castela, arcediagado; Ceboliño; Chave, A; Fageña; Fontefría; Gomariz; Gordón; Gradil; Lagariños; Lagea, muiño; Lonia; Louredo, monte; Mato, O; Mende; Mugares; Noalla; Ourense; Paaço; Piñor; Portelo; Pousada; Prior; Pya da Casca; Quintas, As; Raçon; Samamede, ermida; Santa Comba de Naves. Antigo mosteiro; Seixo, O; Sesteyron; Vilar; Vilar de Astrés