GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

96

1418, outubro, 14.
 O Concello manda pregoar e toma as medidas para que se cumpran as ordenanzas dadas polo arcebispo Don Lope de Mendoza sobre os ourives.

Esta feyra, quatorse dias do mes d’oytubre. Sabean todos que seendo o Conçello, alcaldes, jurados da çidade de Santiago juntados enna notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade, por crida de anaffil segundo que han de usso e de custume, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Caña, alcalles, e Alvaro Afonso e Fernan Gonçales, Afonso Fernandes e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados enna dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por Ruy Martines notario publico da dita çidade e das testemoyas adeante scriptas, enton o dito Conçello, alcalles e jurados e regidores disseron que por quanto noso señor arçobispo de Santiago don Lopo mandara que os ourives, moradores enna dita çidade lavrasen enna tendas que tẽe no portal dos ourives e non lavrasen en suas casas nen en outra parte algũa nen de dia nen de noyte e o fesera asy preogar por las praças desta dita çidade, por ende que eles chegandose ao que dito señor arçobispo mandara que ordenavan et ordenaron estando a elo presentes Afonso Fiel e Martin Maçeeyra, Juan Gonçales, Alvaro Meestre, Pero Trivyño, Pero Afonso, Colyn e Francisquo plateiros moradores enna dita çidade, que nehũu ourives non fose ousado de tẽer forja nen forjaron en sua casa et que todos lavrasen ennas ditas tendas e portales, segundo que senpre foron acostumados //  
(Fol. 51)28
e qualquer que tevese de aquy endeante forja en sua casa que pagase por cada vos seisçentos moravedis, branqua en tres dineiros en esta maneira: a terça parte para o restoyramento dos muros da dita çidade e a terça parte para os alcalles e a terça parte para os procuradores da dita çidade e de mays que perdesen as forjas e ferramentas con que lavrasen et que doje a terçer dia tirasen de suas casas quaesquer forjas que tĩinan e as trouvesen aas ditas tendas so a dita pena e que mancavan e mandaron a Domingo Longo servente e pregoeyro do dito conçello que pregoase esto suso declarado enna Quintaa de Paaços e enno dito portal dos ourives e ennas plaças do Vilar e da Rua Nova onde moravan os ditos ourives. Testemoyas Martin de Figeiras, bachiller en Decretos e Ares Chantreiro e Juan Gonçales da Caña e Martin Rodriges e Jacome Gomes e Juan Martines do Vilar e Fernan, mercador, visiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, alcalles e omes bõos, jurados, diseron que por quanto no presente non avyan procuradores porque era espirado o ofiçio do procuratorio a Pero Leiteiro e Alvaro Gil, procuradores que foran este anno do dito conçello, que fasian e feseron por seu procurador des oje este dia endeante ata o primeiro dia do mes de janeiro primeiro que ven ao dito Gomes Rodriges, bachiller, que era presente e que lle davan e deron outro tal e tan conprido poder como ouveran dado aos sobreditos Pero Leiteiro e Alvaro Gil para regir e procurar os negoçios do dito conçello. Testemoyas, os sobreditos.
Se for neçesario de se dar esta procuraçon ha de sẽer notado por la procuraçon dos procuradores pasados.  


28 Non falta ningún folio.