GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

742
1375, maio, 5, sábado. Lugo
Acta notarial pola que Vasco López e o seu irmán, herdeiros do arcediago de Mayorga, se comprometen ao pagamento de 100 marabedís anuais para o aniversario do cardeal don Guillerme, e saldan así a débeda que con este tiña o devandito arcediago. Inclúe carta de poder: 1375-V-1, (CD n.º 741) e codicilo: 1375-II-15 (CD n.º 735).
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fols. 20v-21r.

Era de mill et quatrozentos et trese annos, sabado çinquo dias de mayo. A a seyda da prima enno choro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo seendo en cabiidoo por campaa taniuda, segundo que o han de custume, don Iohan Afonso, dayan, et as pesoas et coengos da dita iglesia en presença de min Arias Peres, coengo et notario publico de Lugo, et das testemoyas subescriptas, Vaasco Lopes, iuys de Cornado, et procurador de don Iohan de Beffeteria, thesoreyro enna iglesia de Carthagena, por huna procuraçon escripta en papel et seellada con seu seello do dito thesoreyro de çera vermella ennas espaldas et firmada de seu nome segundo por ella paresçia, da qual o tenor he este que se sigue:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 741).

o dito Vaasco Lopes et Lopo Afonso, seu yrmao, et fillo de Tareyia Peres dita Torta, que estava presente, et por poder de manda que les feso don Lopo Afonso, arçidiago de Mayorga, do paaço de Riaçoo et de todos os herdamentos que a o dito arçidiago perteesçian de compras et de gaanças et de patrimonio et de outra maneyra qualquer en toda a frigregia de San Pedro et de San Romao, que he enno bispado de Mondonedo, por hun codiçillo scrito en purgameo et signado con sinnal de notario publico do qual o thenor he este que se sigue:

Segue o codicilo (CD n.º 735).

os sobreditos Vaasco Lopes et Lopo Affonso diseron a o dito dayan et cabiidoo que o dito don Lopo Afonso, arçidiago de Mayorga que foy, devia a o dito sennor cardeal, don Guillen, et a o dito thesoreyro de Carthagena, procurador da exsecuçon do dito sennor cardeal, en seu nome que os por el avia de aver et recadar, huna quantia de moravedis et floriis, et o dito sennor cardeal que mandara faser, de cada anno, enno mes de mayo hun aniversario perpetuo enna dita iglesia de Lugo, et mandara que desen por lo dito aniversario en esmola et por sua alma çen moravedis, et elles que avian de pagar en nome do dito arçidiago de Mayorga a dita quantia de moravedis / et floriis por bees, movilles et reyses, que les leyxara et de que les fesera manda o dito arçidiago, segundo se contina enno dito codiçillo, et se o dito dayan et cabiidoo tevesen por ben de faser de cada anno o dito aniversario enna dita iglesia enno mes de mayo, segundo o dito sennor cardeal mandou, que elles que lles daria et pagaria de cada anno çen moravedis, a des dineiros o moravedi.

Et os ditos dayan et omes boos do dito cabidoo diseron que lles prasia de faser o dito aniversario enna dita iglesia de cada anno, segundo que o dito sennor cardeal mandara, fasendolles os ditos Vaasco Lopes et Lopo Afonso, seu yrmao, çerta obligaçon porque lles desen et pagasen, de cada anno, os ditos çen moravedis. Et logo o dito Vaasco Lopes por sy et en nome do dito thesoreyro de Carthagena, procurador da dia exsecuçon do dito sennor cardeal, de que avia poder para ello por la procuraçon sobredita, et o dito Lopo Afonso, seu yrmao, por sy, diseron que elles de sua livre voontade et sen premea et constrengemento de algun, et entendendo que era sua prol, conosçian et outorgavan que devian et avian a pagar de cada anno d’aqui endeante por senpre iamays perpetuamente, en cada hun dia de kalendas mayas, çen moravedis, a des dineyros novees cada moravedi, desta moneda usavell que ora corre en pas et en salvo et en salvo (sic) enna villa de Lugo, sen contradiçon et exençon alguna, a o dito dayan et cabiidoo et a seus subsçesores, ou a quen elles mandasen, sub pena de des moravedis, cada dia, de quantos dias pasasen de cada hun dos ditos prasos de kalendas mayas endeante, en cada hun anno, et outorgando pagar ante a penna que o prinçipal se en ella caesen. Et para pagaren os ditos çen moravedis et pena sobredita, segundo dito he se en ella caesen, obligaron sy et todos seus bees, movilles et reyses, gaanados et por gaanar, ut quer que os elles avian et ouvesen d’aqui endeante a o dito dayan et cabiidoo et a seus subsçesores et a a dita iglesia de Lugo, o paaço de Riaçoo et todo-los casares et herdades et iures et pertenenças et dereyturas et pascos et montes et aguas estantes et correntes et outros bees quaesquer reyses que o dito don Lopo Afonso, arçidiago de Mayorga, avia et tinna et posoya en sua vida de seu finamento (sic) enna frigregia de San Pedro de San Romao, que he eno bispado de Mendonedo, et lle perteesçian de aver en qualquer maneyra, et poseron logo a o dito dayan et cabiidoo para sy et para seus subsçesores et para a dita iglesia de Lugo, enno iur et posison et propiedade do dito paaço de Riaçoo et casares et herdades de Maçoo et casares et herdades sobreditas, et tiraron ende a sy et a seus suçesores et herees por la dita pensson, et non pagando elles, de cada anno, os ditos çen moravedis enna maneyra que dita he, nen seus herees que elles para ello establesçesen, que o dito dayan et cabiidoo et seus subsçesores sen enbargo deles et de seus herees et d’outro algun con iustiça ou sen ella posan faser do dito paaço et casares et herdades sobreditas quanto quiseren et por ben teveren et toda sua voontade et usar deles asy commo de seus et faser deles a tanben vençon et subpinnoramento et eallamento ou feudo, commo outra cousa et contra dito qualquer, et tomarlos para sy et para a dita sua iglesia, et darlos a lavor et aforalos et arrendalos et concanbearlos et venderlos a quaesquer pesoa ou pesoas, ecclesiasticas ou seglares, et faser deles et de parte deles commo de sua cousa propia, et obligaron sy et todos seus bees, moviles et reyses, avudos et por aver, que elles et seus herees et sua vos nunca vaan, nen pasen, nen contradigan en alguna maneyra as cousas, nen alguna delas, que o dito dayan et cabiidoo et seus subsçesores feseren do dito paaço et casares et bees et de parte deles enna maneyra que dita he et commo teveren por ben, et se o quiseren faser, ou presumiren de o faser, elles ou qualquer delles, ou seus herees, por sy ou por outren en qualquer maneyra, que non valla nen seian sobrelo oydos en iuyso nen fora del, et demays que peyten de penna a o dito dayan et cabidoo et seus subsçesores des mill moravedis da moneda sobredita, et que tantas veses cayan enna penna quantas presumiren de yr ou pasar contra as cousas sobreditas, ou contra cada huna delas; et que a dita penna pagada ou non que as ditas cousas fiquen senpre, et cada huna delas, en seu thenor sen enbargo deles et de sua vos et herdeyros, firmes et valiosas et estables.

Et os ditos dayan et cabiidoo asy reçeberon as ditas obligaçon et reçepçon dos ditos paaço de Maçoo et casares et herdades et bees sobreditos que lles os ditos Vaasco Lopes et Lopo Afonso, seu yrmao, deles feseron, por sy et en nome do dito thesoreyro de Carthagena et procurador da exsecuçon do dito sennor cardeal, et obligaron por sy et por seus subsçesores a faser en cada hun anno enna dita iglesia de Lugo, cada mes de mayo, çinquo dias do dito mes, aniversario por la alma do dito sennor cardeal don Guillen, con oras de mortos et missa cantada solempnemente, segundo que o dito cardeal mandou, et porque eran çertos que avian de cada anno os ditos çen moravedis de renda por lo dito paaço et herdades sobreditas, que les os ditos Vaasco Lopes et Lopo Afonso, seu yrmao, davan et obligavan, segundo dito he.

Et de commo todas estas cousas asy pasaron cada huna das ditas partes pidiron hun publico instromento et mays quantos lles comprissen para guarda de seu dereyto a min Arias Peres, notario sobredito.

Feyto foy esto en Lugo enno choro da dita iglesia et era et dias et mes sobreditos.

Testemoyas que foron presentes chamados et rogados: don Iohan Afonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastella; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, Vaasco Ferrnandes, Roy Lopes, Arias Ferrnandes, Afonso Ferrnandes, coengos; Alvar Ferrnandes, Iohan Garçia, Iacome Ferrnandes, Affonso Eanes, raçoeyros da dita iglesia de Lugo; Lourenço Peres de Cas da Naya; Suer Nunes; Gomes Arias das Cortinas; Diego Afonso de Costante; Lopo Pere,s porteyro do cabidoo, et outros.

Et eu Arias Peres, coengo et notario publico de Lugo dado por lo sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas chamadas et rogadas presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Materias

alcume; aniversario; arcediago; bispado; cabido; campá; cardeal; catedral; chantre; codicilo; cóengo; cóengo; corte romana; cumpridor; deán; deán; débeda; dignidades; dignidades; diñeiros; doazón; escritura; esmola; familia; fillo; florín; fundación; herdanza; irmán; marabedí; medidas; mesa capitular; muller; nai; notario; notario; obrigación; papel; pazo; pena; pergamiño; poder; porteiro; procuración; racioneiro; recadador; selo; sinatura; tesoureiro; tesoureiro; testamenteiro; testamento; testamento; traslado; xuíz; coro

Persoas

Afonso de Costante; Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Fernández, cóengo de Lugo; Álvaro Fernández, racioneiro de Lugo; Ares Fernández, cóengo de Lugo; Ares Pérez, cóengo de Lugo; Ares Pérez, notairo; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gómez Ares das Cortiñas; Gonzalo Eanes, chantre de Lugo; Guillerme de Judice, cardeal romano; Juan de Befeteria, tesoureiro de Cartaxena; Lopo Afonso; Lopo Afonso, arcediago de Maiorga; Lopo Pérez, porteiro; Lourenzo Pérez de Casa de Naia; Pedro Ares, arcediago de Neira; Pedro Ares, arcediago de Triacastela; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi López, cóengo de Lugo; Sueiro Núnez; Tareixa Pérez, dita Torta; Tomé González, cóengo de Lugo; Vasco López, xuíz de Cornado; Xoán García, racioneiro de Lugo; Xoán Afonso, deán de Lugo

Outros

Cartaxena, cabido; León, cabido; Mondoñedo, bispado; Santiago de Compostela, arcebispado; Lugo, cabido

Lugares

Cartaxena; Casa de Naia, Santa María; Constante, San Miguel; Cornado, terra, antiga xurisdición; Deza, arcediagado; Lugo; Maçoo, paaço; Maiorga de Campos; Mondoñedo; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Riazón; San Román, San Pedro; Triacastela