GMH/ÍNDICE A-Z

703
1369, abril, 27. Lugo
Preito mantido entre o Cabido de Lugo e Lope Afonso sobre unha procesión e aniversario fundados polo tesoureiro don Afonso Eanes.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 79v-80r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 79.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo fose pleito et contenda entre dom Ruy Ferrnandes, dayan, et os omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo, da huna parte, et Lopo Affonso do Campo, ciudadano de Lugo da outra, sobre demanda que os ditos dayan et omes boos do dito cabidoo fasian a o dito Lopo Affonso, disendo que don Afonso Eanes, thesoreyro que foy da iglesia de Lugo, mandara que o dito cabidoo et clerigos da dita iglesia de Lugo lle fezesen huna proçison cada anno por dia de San Martino, et logo en outro dia de San Martino, ou en outro dia seguente se aquel fose de neçesidade, hun aniversario con misa cantada, et que lles mandara por ende quinse moravedis et que os ouvesen cada anno polas casas anbas da rua Nova en que morava Lopo Peres et Fernando Ferrnandes, seu cunnado, et por la cortinna de Mirleu, et este dia aquel que tevese as cousas sobreditas que dese ben de comer a tres pobres, et esto que o comprise Lopo Domingues, et tevesse as cousas sobreditas en sua vida et a sua morte que as leixase a hun propinco do linagen que el vise que era para ello et que fosse contioso, et se o non fose que dese fiadores que o comprise asy commo dito he, segundo que se esto mays compridamente continna en huna clausula do testamento do dito thesoreyro, et que o dito Lopo Domingues, arçidiago de Triacastela, que ficara executor et herdeyro do dito thesoreyro et comprira esto que el mandara en quanto vivera, et a tempo de seu finamento nen en seu testamento que non asignara nen leixara o dito propinco que fesese et comprise aquelo que o dito thesoreyro mandara comprir en seu testamento en rason da dita procison et aniversario polas ditas casas et cortinna, mays que mandara a os aniverssarios da iglesia de Lugo huna das ditas casas a primeyra que esta a o canto do carril que vay e dereyto o poço co Carvallal con o seu quinon da cortinna enna qual se comesça en rua Nova a fiigregia de San Marco, et que lle fesesen por ela cada anno hun aniversario en outro dia de San Romao, segundo que o avia de costume, por la sua alma et do dito thesoreyro. Et outrosy que mandara a Aldara Lopes, sua criada, muller que foy de Pero Affonso, mercador, a dita cortina de Myrleu, que a o dito cabidoo era obligada, et que o dito Lopo Affonso ficara executor et herdeyro do dito Lopo Domingues, arçidiago, et que selles parava a as ditas casas que lles eran obligadas por la dita proçison et aniversario que o dito thesoreyro et arçidiago por elas mandaran, et que o dito Pero Affonso que lles ocupava et enbargava a dita cortinna de Myrleu que lles era obligada con as ditas casas, segundo dito avian, et poys que o dito Lopo Domingues, arçidiago, non leixara nen asignara o dito propinco que comprise o que o dito thesoreyro mandara, que o dito cabidoo devia aver as ditas cassas et cortina para seeren pagos por ellas d’aquelo que lles por elas o dito thesoreyro mandara, sen enbargo dos ditos Lopo Afonso et Pero Afonso et vos da dita Aldara Lopes. Et o dito Lopo Affonso diso que el era parente mays propico do dito thesoreyro, et primo do dito arçidiago, et demays que o estabelesçera et leixara o dito arçidiago por seu herdeyro universal en todos seus beens, et que el era contioso et se entendia seer aquel propinco para comprir os testamentos do dito thesoreyro et arçidiago en aquelo que non eran complidos, et en que o devian seer de dereyto, et por ende que o dito dayan et cabidoo et o dito Pero Afonso et vos da dita Aldara Lopes, nen alguuns deles, non lle devian a poer enbargo ennas ditas cassas et cortinna de Myrleu que eran obligados a as ditas procison et aniversario que o dito thesoreyro por elas mandara, et non lle fasendo en elas enbargo que el pagaria por elas a dita procison et aniversario quando o dito cabidoo quisese faser a dita proçison et aniversario, segundo devian et fora declarado por lo dito thesoreyro, et maiormente que se o dito arçidiago non asignara nen nomeara o dito propinco tan compridamente commo devia, que o moyto onrrado padre et sennor don frey Pero Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo, que Deus mantenna, por moytos annos et boos era executor de dereyto dos testamentos de seu bispado non compridos enno termino de dereyto, et que devia suprir aquelo que o dito arçidiago mingoara, et asignar o dito propinco, et con outorgamento et consello do dito cabidoo aiuntar estas casas et cortinna a o dito propinco et non consintir que fosen estremadas, nen departidas, commo aquelas que o dito arçidiago non podera devidir en outras mandas, poys que ia eran obligadas a a dita proçison et aniversario, et para dar de comer a os ditos pobres que o dito thesoreyro por elas mandara.

Et logo estas ditas partes de seu praser por amor de pas et de boa concordia et por esquivaren d’entresy iuyço et escandalo et para daren lugar en que fosen compridas as ditas mandas dos ditos testadores, en quanto tangian et perteesçian a pias cousas, feseron entresy tal composiçon et avenença que fose firme et valiosa para senpre: conven a saber que os ditos dayan et omes boos do dito cabidoo mandaron et outorgaron que as ditas casas et cortinna de Myrleu fosen aiuntadas en hun para o dito Lopo Affonso et que as ouvese et lle ficasen para senpre, sen enbargo do dito cabidoo et do dito Pero Afonso et vos da dita Aldara Lopes, et que a dita cortinna non podera seer mandada poys d’ante era obligada a a dita obra santa et de piedade para o dito Lopo Afonso teer et aver ho uso froyto das ditas casas et pagar et comprir por elas a dita proçison et aniversarios, et dar de comer a os ditos tres pobres de cada anno para senpre ata a fin deste mundo, et o propinco do linagen que el leixase et estabelescese en seu lugar que o cumpla et o sustituto et sustitutos que feser para esto suçesive que fique en elo et o cumpla por suçesson. Et nos, o dito cabidoo, que defendamos o dito Lopo Afoso et seus suçesores con as ditas casas et cortinna de quen quer que as quiser tomar ou enbargar por qual rason quer; et por la casa que nos o dito arçidiago mandou, porque lle fesesemos hun aniversario en outro dia de San Romao, que de et pague o dito Lopo Afonso et seus suçesores, de cada anno, a o dito cabidoo, oyto moravedis desta moneda usual, et mays os sete soldos que os aniversarios an cada anno por la dita cassa; et que nos, o dito cabidoo, seiamos teudos a faser et façamos, de cada anno, o dito aniversario a o dito arçidiago en outro dia de San Romao commo dito he. Asy que montan por todo viinte et tres moravedis et sete soldos da dita moneda o que vos, o dito Lopo Afonso, et vosos suçesores avedes de pagar cada anno por la dita proçison et aniversarios a o dito cabidoo, que avemos a faser por los ditos thesoreyro et arçidiago, et dardes demays de comer a os ditos pobres.

Et eu, o dito Lopo Afonso, asy o outorgo commo sobredito he et prometo por min et por meus suçesores de comprir en quanto a a minna parte perteesçer, et demays para esto poder mellor seer complido aiunto a as ditas casas et cortinna do Mirleu huna minna casa, que esta enna Ferraria, sub a capela de San Pero, entre las casas en que ora mora Affonso Lopes, notario, et sua muller, Maria Martines, et a outra casa do moesteyro de Vilar de Donnas en que ora mora Rodrigo Ares coytelo, que son a dita cassa [...] con sua carrega que por ela an os ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo, et que os outros beens de min, / o dito Lopo Affonso, et de meus suçesores non seian obligados a as cousas sobreditas, salvo tan solamente as ditas casas et cortinna, et esta casa da Ferraria que lles eu ajunto con sua carrega que deve a os ditos aniversarios.

Et nos, o dito dayan et cabidoo, asy otorgamos et obligamos a comprir da nosa parte o que sobredito he en quanto a nos perteesçe. Et outrosy por mayor avondamento et por todo esto seer mays firme nos las ditas partes rogamos et pidimos a o dito sennor obispo que asigne por propinco a o dito Lopo Afonso en lugar d’aquel, que o dito arçidiago ouvera d’asignar por la abtoridade do testamento do dito thesoreyro, et que confirme esta composiçon et avenença que entre nos fasemos, et aiunte as ditas casas et cortinna a o dito Lopo Afonso porque se cumpla por elas o que o dito thesoreyro mandou, et que julgue et de todo esto que sobredito he asy por sua sentença.

Et nos, o dito sennor obispo, que estamos presente, vistos et examinados os ditos testamentos dos ditos thesoreyro et arçidiago, et en commo o dito Lopo Affonso he o mays propinco do dito thesoreyro et he primo do dito arçidiago, et ficou seu herdeyro universal et contioso asignamos-lo por propinco do linagen, que fique ennas ditas casas et cortinna, et aiuntamos-las a el que as aia para comprir por elas o que o dito thesoreyro mandou, et que algun nen alguuns non llas posan enbargar nen a seus suçesores, et que pasen a eles con aquelas carregas \que son obrigadas/ en razon d’aquelas pias cousas que por elas foron mandadas. Et confirmamos a dita composiçon et avenença et damos et julgamos-lo todo asy por nosa sentença a pidimiento das ditas partes, et mandamos que seia firme et valioso para senpre. Et as ditas partes diseron que asy o reçebiam et desto en commo pasou pidiron a min, Jacome Guillelmes, notario publico da ciudade de Lugo por lo senor obispo dese lugar, que lles dese ende publicos instromentos quantos conprisen a as ditas partes et a cada huna delas signados de meu signo todos en hun tennor taes huus commo outros.

Feyto foy esto et outorgado dentro enno coro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, viinte et sete dias de abril, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testemoyas que presentes foron: o dito sennor obispo; dom Ruy Ferrnandes, dayan de Lugo; dom Iohan Dias, chantre; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarria; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Ruy Gomes, mestrescola de Lugo; Fernando Peres, Thomas Gomes, Pero Ares, coengos da dita iglesia de Lugo; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Jacome Guillelmes, notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a todo esto presente foy et a rogo das ditas partes esta carta en este livro fis escrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade. Non lle enpeesca o entrelino que dis a que son obrigadas.