Era de
mill e cccxlvii anos, xi dias de setembro. Sabian
quantos esta carta viren como eu Abril Tome en
senbra con mina moller Tereyia Estevez vendemos
a vos Salvador Dominguez e a vossa moller
Esteveyña Fernandez una leyra derdade enna villa de
Gillemir en lugar que dizen Carreyra Cova que
iaz a par da de Domingo Vasquez e da de Johan
Dominguez o clerigo e da outra parte a
carreyra e entesta na carreira sobredita, e outra
leyra en lugar que dizen Chao que entesta no
rego e vay ferir en outra vossa e da una parte iaz a
leyra de Estevoon Perez o grande e da outra
parte a de Estevoon Perez o amo e o liñar do
Çerdedo, que entesta enno rego e iaz a par da de Johan
Dominguez e da outra parte a de Estevoon
Perez o amo, con entradas, con seydas, con
todos seus jures e con todos seus dereytos por u quer
que os aian e o deva a aver, que as aiades vos e
toda vossa voz depus vos por senpre de jur e por herdade,
por oyteenta mor. desta moeda portugeesa de que
contan xvi pares de diñeiros por tres
mor. que de vos reçebemos que tanto a nos e a
vos aplougo e de que nos outorgamos que somos ia ben
pagados e outorgamos anparar e deffender vos con estas leyras
sobreditas por nos e por todas nossas boas tan
ben de por aquelles cuias estas leyras foron
como doutre quen quer que volas
queyra demandar ou enbargar, e quen contra
esta nossa venda e vossa conpra veer quanto demandar
peyteo a vos dobrado e peyte aa voz del rey clx mor. e a venda fique
firme e estavil e valla para senpre. Tests. que
presentes foron don Johan Perez e
Pay Perez coengos de Junqueyra, Fernando
Eanes mercador, Johan Silvela, Pero
Martinez de Savariz.
Et eu
Estevoon Martinez notario jurado publico del rey
en Limia e notario en Allariz do inffante don Felippe
a escrivi e presente foy e meu signo y fiz.
(sinal)