GMH/ÍNDICE A-Z

151

a
marzo, 16

Xoán Rodríguez, reitor de Santa María de Macenda dos Montes, afora a perpetuidade a Xoán García e á súa muller Tereixa Rodríguez os lugares do Porto de Barbantes, do Reguengo e da Devesa, en Santa Baia de Laias, por cuarta de pan ou quinta de viño (se o puxera) a dona María de Limia e cinco ceramíns de centeo a el. (fol. 46)

(Sabean quantos esta carta de aforamento viren como Joan Rodrigues, clerigo reytor da igleia de Santa Maria de Maçeenda dos Montes, dou e outorgo aforo a vos Joan Garçia que sondes presente e a vosa moller Tereija Rodrigues que non he presente et a todas vosas para por senpre, conben a saber que vos aforo \os meus (...) do Porto a Barbantes e do Regengo e da Devesa/ as miñas herdades da Devesa que eu teño aforadas de dona Maria de Lima para senpre, as quaes jasen enna freigesia de Santa Ollaya de Layas; aforo voslas ditas herdades con todas suas entradas e seydas et dereitos etç. por tal condiçon que labredes et paredes ben as ditas herdades et façades delas foro de quarta a dona Maria de Limia de todo o pan que deus der ennas ditas herdades et se lavrardes viño que façades foro de quinta aa dita dona Maria de todo o viño e conposta que deus en ellas der etç. e do al de disemo a deus et diedes et pagedes por las ditas herdades mays en cada huun annos en paz et em salvo vos e vosas voses e a miñas voses de cada anno por dia en todo o mes de agosto çinqo çeramiins de çenteo de çenteo por medida dereita de dita terra, et do al que ajades de disemo a deus as ditas herdades etç. et se quiseredes vender etç. e obrigo todos meus ( fol. 46)