GMH/ÍNDICE A-Z

285

xuño, 13

Martín Sánchez, provisor do bispo, afora a cinco voces a Xoán Domínguez e á súa muller Tereixa Anes, moradores en Porqueira, un casal e dúas leiras nese lugar, por cuarta e quinta. (fols. 90v-91)

Carta de Joan Domingues de Porqueira. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Martin Sanches, abade da igleia da Triindade da çidade d’Ourense et vigario jeeral et provisor e lugar tenente enna igleia e obispado d’Ourense por meu señor don Diego obispo d’Ourense, porlo poder que eu ey do dito señor obispo, dou et outorgo, aforo a vos, Joan Domynges que sondes presente morador en Porqueira e a vosa moller Tereija Anes que non he presente, moradores enno couto de Porqueira et a çinqo voses apus morte do pustromeiro de vos anbos, asy que vos en vosa vida ou a tenpo de voso finamento nomedes a primeira voz e a primeira a segunda etç. e non sendo nomeadas etç., conben a saber que vos aforo hun casar a que chaman da Caal, que esta enno dito couto con herdade da la leira do Carril \a leira da Nugeira/ con a leyra derdade da Nugeira do Carril con seu lameiro. Aforovos o dito casar con a dita leira da Nugeira do Carril e con o dito lameyro. Iten vos aforo mays con esto que dito he huna leira derdade a que chaman da Castineira, que esta enno dito couto de Porqueira. Aforo vos esto que dito he con todas suas entradas et seydas e dereitos e jures et perteesças \a montes e a fontes/ por hu quer que os aja e deva aver de dereito, por tal condiçon que labredes et paredes ben as herdades do dito casar e con a dita leira, en tal maneira como non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento, et faredes foro de quarta do pan e do al que deus der enna herdades do dito casar et enna leyra derdade da Nugeira, salvo hun quarteiro de lynaça sementadura, que mando que ajades para vos de disemo a deus, et da dita leyra derdade da Castineyra faredes foro de quinta ao dito señor obispo et a seus suçesores de todo o pan que der e do al que y deus der enna dita \leyra de/ herdade, linpo de poo e de palla, a qual novidade colleredes por ollo do mayordomo do dito señor obispo, ao qual proveeredes de comer et de beber cumunalmente en quanto collerdes a dita novidade ( fol. 90v)
do dito casar e das ditas leiras derdade segundo segundo custume da comarqa, et do al que ajades o dito casar e herdades del con as dita leyras de suso nomeadas de disemo a deus livres et quites de todo outro trebuto, çenso et encarrego, o qual dito casar e leyras de suso nomeadas tiña aforado do dito señor obispo Afonso Gonçalves e traspasoos en vos et e segundo que os tiña et eu reçebi vos por foreiro et fige vos foro de novamente do dito casar e leiras del segundo que o dito Afonso Gonçalves tina aforado, et se vos ou as ditas vosas voses quiserdes vender, deytar ou supinorar esto sobre dito ou parte delo, que primeiramente frontedes ao dito señor obispo etç. e non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro a outra persona etç. salvo ao dito señor obispo etç. et seeredes serbente obediente etç. et obrigo os beens do dito señor obispo etç. et se pleyto ou contenda recreçer etç., et eu o dito joan domingues etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Loys Gonçalves das Tendas rejedor, Diego de Meríí escudeiro, Gil Fernandes, Joan Branco, Rodrigo Conde criados do dito abade. Feita trese dias de juyo do dito anno.