GMH/ÍNDICE A-Z

485
1434s/d
Pedro Fernández de Porzomillos, notario, dota con 12.000 mrs. á súa filla María Fernández, na voda con Pedro García, mercador veciño de Santiago, que os poderá coller oito días despois da celebración, e se así non fose, en bens raíces seus. (fols. 147-148)

Feita e dada a Pero Garçia.

Sabean quantos esta carta de contrauto viren como eu, Pero Fernandes de Porçomillos notario, vesiño et morador enna çidade d’Ourense, outorgo et conosco que por rason que vos Pero Garçia mercador, vesiño et morador enna çidade de Santiago, que estades presente, fillo de Jacome Peres e de Ysabel Garçia, a que deus perdon, moradores que foron enna dita çidade de Santiago, esposades logo de presente con myña filla legitima Maria Fernandes et de miña moller Catalyna, et reçebedes prasendo a deus a ela por esposa e moller et ela a vos por esposo et marido, por ende eu dou a dita miña filla en casamento convosco o dito Pero Garçia estes beens e cousas que se sigen. Primeiramente que vos dou dose mill mrs. de moeda vella, contando branca en tres dños., os quaes ditos dose mill mrs. da dita moeda me obrigo de vos dar en casamento con a dita miña filla do día que feserdes boda et a reçeberdes en casa et en pousada por vosa moller ata en outro día primeiro sigente ou ao mays tardar do dito día da dita boda ata oyto dias conpridos primeiros sigentes, pero he posto que se ontre eu e vos foremos ygoalados \condiçon que se ao dito termino non poder aver os ditos mrs./ de tomades os ditos be dose mill mrs. ou parte delles en meus beens reyses que eu ey en esta çibdade et en seus (fol. 147)

terminos, que seja para elo tomado hun omen boon da vosa parte et outro da miña, et que vos o dito Pero Garçia que tomedes e escolades dos ditos meus beens aqueles que quiserdes e vos mays der a vosa vontade, et que sejan contados enno preço que os ditos ommes v boons viren que os ditos beens valen, et que sejan descontados a min o dito Pero Fernandes dos ditos dose mill mrs. que vos asy dou en casamento con a dita miña filla. Outrosy he posto condiçon ontre nos que se sua madre da dita moça ou eu o dito Pero Fernandes pasa ou cada huun de nos pasamos deste mundo presente ante que tomedes a dita vosa moller ou despoiys et quiserdes entrar a ere a hereença dos ditos beens que asy a dita miña filla perteesçeren e partyr con os outros meus fillos e que entren en conta os ditos dose mill mrs. con os outros meus fillos et partades con elles yrmaamente, et se non quiserdes con elles entrar enna dita hereença que ajades os ditos dose mill mrs. en vosa partiçon e hereença e non mays. Outrosy he posto condiçon que se a dita miña filla pasar deste mundo presente sen aver de vos seme fillo ou filla ou seme legitima ou dante de anno et de día, que aja seu cabo e casamento (fol. 147v)

et suas arras et dote de casamento et eso meesmo vos o dito Pero Garçia outro tal de vosos beens, salvo se hun ao outro quiserdes mandar ou faser manda e por esa vya e condiçoens vos dou en casamento os ditos dose mill mrs. con a dita miña filla et obrigo a elo todos meus beens. Et eu o dito Pero Garçia asy o outorgo e prometo de o teer et conprir et agardar todo asy segundo dito he, para o qual logo estou prestes de reçeber a dita vosa filla Maria Fernandes por esposa e moller et de casar logo con ela de presente e de o teer et agardar todo asy segundo dito he. Para o qual nos as ditas partes prometemos de o conprir et agardar todo asy e de non pasar contra elo, sopenna de mill frolliins de boon ouro do cruno et peso do reyno de Arangon, a parte de nos que en elo non estever que os peyte a outra parte que o tever et conprir et agardar etç. sub obrigaçon de todos nosos beens etç. Sobre lo qual renunçiamos a todas las leys etç. et damos poder conprido a qual quer justiça etç. Contrauto forte et firme etç. Tests. que foron presentes Gomes Gonçalves canbeador et Iohan de Lugo vsº vesiños de Santiago et Alvaro Çide notario et Pero Lourenço clerigo reytor de San Lourenço de Pyñor et Pero (- - -) demandador et outros.