GMH/ÍNDICE A-Z

1189
1469, abril, 18 martes. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Afonso de Lanzós e á súa muller unhas casas na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de 150 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 39 r.

Sepan quantos esta carta vyren como nos las personas canonigos et benefiçiados do cabildo da iglesia de Lugo, que de juso seremos nomeados, seendo juntados en noso cabildo que he en o sobrado da Capela de San Bartolameu da dita iglesia chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de costume, sinaladamente seendo chamados para faser lo a juso contiudo, otorgamos et conosçemos que por quanto nosotros trocamos con don Fernando, senor de Castroverde, que Deus aia, as nosas casas con seu vergel que nos teemos en esta çibdade de Lugo sub o signo da Capela de Santiago en as cortynas de Sant Romao, que feren da huna parte en o muro da dita çibdade, et da outra cabo das casas que foron do vachiller, Ruy Gonçalves, et da outra topa en a rua publica, et da outra iasen cabo do forno dos aniversarios da dita iglesia et da cortina da amistraçon do mes de janeyro, en que o dito don Fernando et seu padre moraron, con suas entradas et saydas por lo casal et lugar de Hermude et mays por çinquenta maravedis de moeda vella que o dito senor don Fernando nos avia a dar et sentar de cada ano en as rendas et tributos do Val de Pedroso, et nos avia de faser saao et de pas o dito casal et maravedis, segund que mays largamente se conten en o recado que sobre la dita rason nos feso et outorgou por ante notario et testigos, por quanto don Carlos, seu fillo, non nos feso saao et de pas o dito casal, nen nos deu nen pagou os ditos çinquenta maravedis por espaçio de quatro ou çinco anos a esta parte, nos reçebemos as ditas casas et vergel et posison delas para a dita iglesia et cabildo et para nos en seu nome, por quanto as ditas casas depoys a aca et a o presente esta ho tellado dellas derrocado et os sobrados desollados et desfeytos et as ditas casas et vergel desipadas et mal reparadas, et porque vos el senor Afonso de Lançoos, que presente estades, et vosa muller, dona Maria, fasta seys anos primeyros seguentes cubrades et reparedes et apostedes todas las ditas casas et vergel en o estado que primeyramente estavan, ou mellor se mellor poderdes, damos a vos et a a dita senora dona Maria, vosa muller, et a vosos heredeyros et suçesores para senpre jamays en pension as ditas nosas casas et vergel con todas suas entradas et saydas por preçio de çento et çinquenta maravedis de moeda vella, de que des dineyros fasen un moravedi, da moeda del Rey noso senor que agora corre, ou correr a o tempo da paga, que dedes et paguedes a a dita iglesia et cabildo et a nos en seu nome et a nosos suçesores este dito ano et dende en adelante en cada un ano para senpre jamays por dia de Sant Martino do mes de novembre a o moordomo do dito cabilldo en pas et en salvo en esta dita çibdade fasta o dito dia, et con a dita condiçon que fasta os ditos seys anos primeyros cubrades, reparedes et dedes feytas et reparadas as ditas casas et vergel, et vos et vosos suçesores et heredeyros asi as tenades levantadas ven cubertas et reparadas, et con condiçon que as non posades dar, vender, nen enpenar, nen aforar, nen trocar, nen cambear con persona alguna sen liçençia et abtoridade do dito cabildo, et querendoas o dito cabildo comprar que as posa aver tanto por tanto; et outrosi con condiçon que se non pagardes a dita penson por tres anos, ou non apostardes as ditas casas como dito he, que pergades as ditas casas et vergel et penson delas et se tornen a a dita iglesia et cabildo dela con todos los booa paramentos que en elas esteveren feytos; et que vos et vosos heredeyros seiades en guarda et ben et defenson da dita iglesia et benefiçiados dela et lles non fagades nen consyntandes faser ningund mal nen sen rason alguna en suas personas, nen beens, nen benefiçios contra rason et justiçia.

Et eu, o dito Afonso de Lançoos, que presente estou por mi et por la dita dona Maria, mina muller, et por nosos suçesores et heredeyros para senpre jamays asy o reçebo de vos, as ditas personas et canonigos et benefiçiados da dita iglesia, as ditas casas et vergel en a dita pension dos ditos çento et çinquenta maravedis da dita moeda et con as ditas condiçoos, et non sen ellas; et obligo a mi et a meus beens et da dita dona Maria et de nosos heredeyros et suçesores, moveles et rayses, avidos et por aver, de faser as ditas casas et pagar os ditos maravedis a os ditos plasos et su a dita pena de compriremos todo o susodito.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos acerca do qual mandamos a o notario juso escripto que faga açerca delo un recado o mays forte et fyrme que se poder faser con consello de letrados et vos lo de sygnado de seu signo et seelado con noso seelo et lançe outro en o tonbo de nosa iglesia.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en o dito logar, dia martes, des et oydo dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nove anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o sobredito: don Alvaro Rodrigues de Goyoso, arçediano de Neyra; o chantre de Santiago; et Ruy Lopes, liçençiado en decretos, juys et provisor da dita iglesia de Lugo; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra, et Gomes Vasques de Paramo, et Diego Fernandes de Luazes, arçediano de Bubale en a iglesia de Ourense et vicario do dean; et Diego Vaasques, et Rodrigo Afonso das Camoyras, et Symon Alvares, et Pedro Meendes, et Pedro de Mera, et Ruy Dias, et Diego Gonçalves de Fonteyta, et Afonso de Galdo, canonigos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo, et Pedro Fernandes das Camoyras, raçoeyro; et Alvaro Dias de Mera, alcalde da çibdade de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy, et por rogo et outorgamento dos ditos senores do dito cabildo et a pedimento do dito Afonso de Lançoos este publico instrumento, segundo ante min pasou, seyendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et en meu registro et protocolo ho sentey, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.

Materias

selo; administración; alcalde; aniversario; arcediago; arquivo; bacharel; beneficiado; cabaleiro; cabaleiro; cabido; campá; canon foral; capela; casas; catedral; chantre; cóengo; construción; cortina; crego; deán; decreto; dereito; dignidades; diñeiros; embargo; escritura; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; fillo; forno; licenciado; linde; marabedí; mesa capitular; mordomo; muller; muralla; notario; pai; permuta; provisor; racioneiro; rexistro; rúa; tellado; tombo; tributos; vigairo; violencia; xardín; xuíz; cabido

Persoas

Afonso de Galdo, cóengo de Lugo; Afonso de Lanzós, cabaleiro; Álvaro Díaz de Mera, alcalde de Lugo; Álvaro Rodríguez de Gaioso, arcediago de Neira; Carlos de Castro, cabaleiro; Diego Fernández de Luaces, arcediago de Búbal; Diego González de Fonteita, cóengo de Lugo; Dona María de Castro; Gómez García de Gaioso, notario apostólico; Gómez Vázquez de Páramo, cóengo de Lugo; Gonzalo Rodríguez de Parga, tesoureiro de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Pedro Méndez de Furís, cóengo de Lugo; Roi Afonso da Rigueira, cóengo de Lugo; Roi Afonso das Camoiras, cóengo de Lugo; Roi Díaz, cóengo de Lugo; Roi López, xuíz de Lugo; Simón Álvarez, cóengo de Lugo; Fernando de Castro, cabaleiro

Outros

Lugo, bispado; Lugo, concello; Ourense, cabido; Santiago de Compostela, cabido; Lugo, cabido

Lugares

Búbal, arcediagado; Camoiras, As; Castroverde; Fonteita; Gaioso; Galdo, Santa María; Hermunde; Lanzós, torre; Luaces; Mera; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Ourense; Páramo; Parga, antiga xurisdición; Rigeira; San Román; Santiago de Compostela; Val de Pedroso