GMH/ÍNDICE A-Z

504
1399, maio, 31 (Santiago de Compostela)
sentenza

Sentenza dada por Gonzalo Sánchez de Córdoba, deán de Santiago e vigairo xeral do arcebispado, confirmando outra de Xoán Afonso de Castro, arcediago de Caldelas e vigairo do bispo de Ourense, no preito entre o cabido e Fernando Afonso da Torre sobre unhas casas na rúa de Cima de Vila, que o deán Pedro Suárez legara ao cabido.

ACOu, Escrituras IV, 34

Sabeam todos que ante min Gonçalvo Sanches de Cordoba deam de Santiago, vigario geeral do arçibispado de Santiago vagante a see, pleito de apelaçon fuy ante min presentado, o qual pasou primeiramente ante dom Ioham Afonso de Castro arçidiano de Caldelas ena igleia d'Ourense, vigario geeral enna çidade e obispado d’Ourense porlo moyto honrrado padre e señor dom Pedro porla graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d'Oureense entre Vaasco Çide et Ioham da Aguada raçoeyros da dita igleia d'Ourense em nome do cabidoo da dita igleia da huna parte et Fernand Afonso da Torre morador enna rua de Çima, veziño da dita çidade d’Ourense da outra, enno qual pleito ante o dito Ioham Afonso de Castro arçidiano de Caldelas e vigario fuy posta demanda por escripto contra o dito Fernand Afonso da Torre dizendo o procurador do dito cabidoo da igleia d’Ourense que o dito cabidoo avya et tiiña por suas e commo suas hunas casas con seu çeleyro e sobrado e camaras que son enna dita çidade enna rua de Çima que departem con huna casa e laguar que fuy de Martin Gonçalves notario e da outra con huun pardeeyro que fuy casa que tem o dito Fernand Afonso e teen as portas em dereyto a rua publica, as quaes casas mandara ao dito cabidoo o deam dom Pedro Suarez que fuy et as quaes casas e rendas delas dezia que perteesçian a renda de Tarascom que he do dito cabidoo et dizendo que podia aver dez ou quinze annos pouco mays ou menos tenpo que o dito Fernand Afonso contra voontade do dito cabidoo morara e pesuya as ditas casas e çeleyro e camaras non avendo titulo e boa fe que em elas ouvese et que pero que o dito Fernand Afonso fora frontado e requirido por moytas vezes que mostrase o titulo e boa fe se o avya das ditas casas para o dito cabidoo tomar o traslado del para guarda do seu dereyto ou lle desenbarguase as ditas casas que o non quisera fazer pedia ao dito arçidiago et vigario que por sua sentença mandase e costrengese ao dito Fernand Afonso que mostrase e presentase ante el titulo alguun ou carta de aforamento se a o dito cabidoo fezera das ditas casas ou outro em seu nome que poder ouvese para elo ou lle leixase e desenbarguase as ditas casas con seus boos paramentos, costrengendoo para elo e condapnandoo ennas custas, contra a qual demanda foy dito da parte do dito Fernand Afonso que o dito açidiago e vigario non podia seer juiz do dito pleito por quanto era nenbro do dito cabidoo e seu conpañeiro et asi que era a el moy sospeytoso et pediolle que o enviase a ante o juiz de seu foro e diso que a dita demanda non proçedia e era yneuta e mal formada e inçerta e duldosa e tal sobre que non podia viinr el a sentença, pero diso que era verdade que el morara e pesuyra as ditas casas em paçifica posison por espaço de triinta annos ontre el e aqueles que depos el veeran e que os deaans cabidoo da dita igleia d’Ourense que porlos tenpos foron, presentes e absentes e consençientes, fazendo el e pagando o foro e pensom a aqueles a que era tiudo de dereyto em cada huun anno e asy que caladamente e expresamente calaran e consentiran de serem as ditas casas do dito Fernand Afonso porla dita pensom, e que non era tiudo de mostrar titulo de sua cousa de que husara e husava de cada dia seendo cousa rayal por espaço de dez annos segundo que as husara e tiiña con sua moller Antonea Martinez por espaço de dez e de viinte e de triinta annos segundo dito avya et que a dita demanda non proçedia por quanto fora posta e movida contra o dito Fernand Afonso tam solamente e non contra a dita sua moller e que negava a dita demanda em aquelo que lle era perteesçente e neccesario de neguar, pedindo que o enviasen por ante os juyzes seglares de Ourense de seu foro fuy dito da parte do dito cabidoo que tal sospeyçon non era de reçeber por quanto os vigarios dos bispos que foran da dita igleia d’Ourense esteveram e estavan enno huso e custume de connosçer e livraren os pleitos do dito cabidoo des tanto tenpo que non era memoria de homes en contrario, e poys o dito Fernand Afonso era teendor das ditas casas que a el devian seer demandadas nen chamar por actor aa dita sua moller, e sobre esto foron dadas, ditas e aleguadas razoens de huna parte e da outra ata que o dito Ioham Afonso de Castro arçidiano de Caldelas e vigario pronunçiou que o dito Vaasco Çide et Joham da Agoada que eran procuradores sufiçientes do dito cabidoo, e em razon da sospeyçon que tomava consigo por conpañeiro enno dito pleito a Ruy de Montes e mandou ao dito Iohan da Agoada e Vaasco Çide procuradores do dito cabidoo que provasen commo e em que maneira as ditas casas perteesçian ao dito cabidoo, e asignoulle para elo terminos e producoens, da qual interlocutoria o dito Fernand Afonso apelou, ennos quaes terminos e produçoens os procuradores do dito cabidoo presentaron suas tests. ante o dito arçidiago e vigario, as quaes foron ante el ajuramentadas e preguntadas e os ditos delas abertos e publicados e fui liuda porlo dito Fernand Afonso huna apelaçon ao dito vigario a Ruy de Montes seu conpañeiro para a igleia de Santiago e para o arçibispo e vigarios dela, a qual apelaçon lle fuy reçebuda e termino çerto asignado que se presentase com ela enna igleia de Santiago et fuy presentada a dita apelaçon ante min o dito deam e vigario por Gonçalvo Honrrado procurador do dito Fernand Afonso, contra o qual fui dito porlo procurador do dito cabidoo que a dita interlocutoria fora dada avya seys ou septe meses e que non fora presentada com o proçeso do dito pleito nen seguida enno tenpo que devia et que a dita apelaçon ficara deserta e o dito pleito ficara tomado remetido ao dito arçidiago e vigario e fuy porlo procurador do dito cabidoo presentada huna nova carta em que pronunçiey que o dito Fernand Afonso apelara mal e con dapneo ennas custas e remeti o dito pleito ao dito arçidiago de Caldelas e vigario et pareçeron o procurador do dito cabidoo e o dito Fernand Afonso ante o dito arçidiago e vigario e Ruy de Montes seu conpañeiro, os quaes arçidiago e vigario e conpañeiro tomaron o dito pleito enno estado en que estava et mandaron dar o traslado das tests. ao dito Fernand Afonso e asignaronlle termino a que disese contra ellas do seu dereyto e foron razoens dadas e contraditas postas contra as tests. do dito cabidoo da parte do dito Fernand Affonso et escripturas e alvalaes dados aa parte do dito Fernand Afonso e foron razoens dadas de huna parte e da outra ata que o pleito fuy concluso e os ditos arçidiago e vigario e Ruy de Montes tomado por conpañeiro deron sentença enno dito pleito, em que julgaron que os procuradores do dito cabidoo provaran ben toda sua entençon e deronna por bem provada e julgaron as ditas casas e señorio e propiadade dellas serem do dito cabidoo et por quanto o dito Fernand Afonso alegara que tiiña aforadas as ditas casas do dito cabidoo que mostrase titulo ou aforamento se o tiiña das ditas casas e se o mostrase que lle guardarian o seu dereyto e asignaronlle para elo çertos terminos e non no mostrando que leixase e desenbarguase as ditas casas e teenças ao dito cabidoo e condapnaron ennas custas ao dito Fernand Afonsso et reservando em si a taixaçon dellas, a qual sentença o dito Fernand Afonso outra vez apelou para a igleia de Santiago et foylle reçebuda a dita apelaçom e fui ante min presentada a dita apelaçom e contenderon tanto ante min ata que os procuradores das ditas partes concludiron e çarraron razoens e eu dey o dito pleito por concluso e çarrado e asigney çerto termino para dar em el sentença segundo todo esto mays conplidamente he contiudo enno proçeso do dito pleito, et estando deant[e] e presentes os procuradores das ditas partes e sentença demandantes, eu dey enno dito pleito esta sentença que se sigue: Et eu o dito deam et vigario vista a dita apelaçon entreposta porlo dito apelante dante o dito vigario Iohan Afonso e arçidiago e Ruy de Montes tomado por compañeiro por razon de sospeyta enno dito pleito e vista a entrelocutoria dada porlo dito vigario e seu conpañeiro enno dito pleito e vista a apelaçon danteles entreposta porlo dito Fernand Afonso apelante para esta igleia de Santiago e em commo ante min fuy presentada e visto em commo eu connosçendo da dita appelaçon, achey que o dito vigario e Ruy de Montes que julgaron bem e confirmey seu juyzo e remety o dito pleito a eles, et visto em commo o dito vigario et Ruy de Montes connosçeron despoys do dito pleito entre as ditas partes et deron em el sentença defenetiva em que julgaron as ditas casas e señorio et propiadade delas serem do dito cabidoo de Ourense, dando aynda lugar ao dito apelante que mostrase titulo de aforamento alguun das ditas casas se o tiiñan do dito cabidoo de Ourense e que lle aguardarian sobre elo o seu dereyto, e vista a apelaçon entreposta aa dita igleia de Santiago porlo dito apelante Fernand Afonso da dita sentença defenetiva et visto em commo o dito vigario e seu conpañeiro enno dito pleito por reverençia da dita igleia de Santiago reçeberon a dita apelaçom e asignarom termino ao dito apelante a que se presentase con a dita apelaçon e sentença e proçesso do pleito em esta igleia de Santiago e em sua audiençia, e visto en commo o dito apelante se presentou ante min enno tenpo que devya e commo devya et visto todo o dito proçesso de pleito asi enno prinçipal commo enno artigoo da apelaçon, acho que o dito pleito e apelaçon he devoluto aa igleia de Santiago e a min asi commo a seu vigario geeral, asi por vigor da dita apelaçon commo por vigor da dita reverençial dilaçon e em connosçendo del, acho que o dito Ioham Afonso arçidiago e vigario e o dito Ruy Montes tomado con el por compañeiro enno dito pleito que julgaron bem e o dito apelante que apelou mal, et por ende confirmo sua sentença et mandolles que a tragan a exsecuçon com foro e com dereyto e comdapno aa parte apelante ennas custas dereytas e reservo em min a taixaçon delas e judgando por nova sentença defenetiva o pronunçio todo asi. Dada enna çidade de Santiago, sabado triinta e huun dias de mayo, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e nove annos.

Et despoys desto, quarta feira, quatro dias do mes de juyo da dita era os procuradores das ditas partes paresçeron ante min e o dito procurador do dito cabidoo presentou ante min huun escripto de custas que dezian que o dito cabidoo fezera enno pleito, as quaes montavan em soma quinentos e çinqo mrs. e pediome que llas taixase e mandase ao dito Fernand Afonso que lle dese e paguase os ditos mrs. de custas e eu taixey as ditas custas con juramento do procurador do dito cabidoo em trezentos mrs e mando ao dito Fernand Afonso que os de e pague ao dito cabidoo con mays qoreenta mrs. da nota e escriptura desta sentença con triinta e seys mrs. do seelo dela.

Johan Raño (sinal)

Decanus
conpostellanus

[reverso] Sentença da casa que foy de Fernando Afonso da Torre cabo Garçia Dias
d'Espinosa.