GMH/ÍNDICE A-Z

A14
1379, novembro
Xil Pérez, prior de Santa Comba de Naves, afora de novo, a perpetuidade, a Roi Lourenzo e a súa muller, veciños de Ourense, unha viña en Mende, que antes tiña aforada por quinta e xacía erma, por catro mrs., con condición de que a plante en cinco anos. (fol. 9-9v)
Era de mill e quatroçentos e dez e sete annos, lues (...) (nove)* dias do mes de novenbro. Sabeam quantos esta (...) viren que nos, dom Gil Peres prior do moesteiro de (...) de Naves, seendo enno noso moesteiro segundo que he huso e custume, con outorgamento dos frades e convento do (...) moesteiro, damos e outorgamos a foro a vos Roy Lourenço ve(siño) d’Ourense e a vosa moller Aldonça Valles que non he presente et a toda vosa vos para senpre, a nosa vyña que chaman da Ynsoa, que jas enno Ribeyro de Meende, ontre a vyña de Gonçalvo de Chantada e a (de)* a outra leyra das Tredeyras que vos o dito Roy Lourenço teedes aforada do dito o noso moesteiro, que he de foro de quinta, a qual leyra de vyña jas herma e por chantar. Damos vos a foro a dita leyra por tal condiçon que vos o dito Roy Lourenço que a chantedes de vyña et ontrechantedes cada hu lle conprir em estes V annos pri(meiros) (si)gentes /que a lavredes e paredes ben en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boo paramento\ et que dedes della cada anno de foro a nos (...) do noso moesteiro quatro mrs. de dños. brancos /de ela\ et (...) a deus e livre e quite de todo outro embargo /(...) estes quatro mrs. pagaredes cada anno por (...) do mes de novenbro\ (...) fasemos por que a dita leyra de vyña (...) por trinta e por que a obra da ponte (...) quatro mrs. de brancas (...) (fol. 9)
por el der e non o querendo nos enton o vendede e deytade e supenorade a tal pesoa que que seia vosa semeldue e que conpra e agoarde as condiçons desta carta e cada huna delas, outrosy que non posades faser manda nen aniversario por esta leyra salvo a este moesteiro, et obrigamos os beens do dito noso moesteiro para vos anparar (a d)* senpre a dereyto con esto que vos aforamos. Et eu o dito Roy Lourenço que soon presente por min e por a dita miña moller que non he presente e por toda miña vos asy o recebo de vos a dita leyra que me aforades por a maneira e condiçon sobre dita, et para a lavrar e parar bem e pagar cada anno /os\ ditos quatro mrs. ao dito moesteiro obrigo min todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado ontre nos as ditas partes que qual quer de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o (...) e agardar quiser por nome de pena çen mrs. de (...) et a dita pena pagada ou non esta carta e (...) sobre dito valla e fique firme para senpre (...) dito moesteiro (XIX)* etç. (fol. 9v)