GMH/ÍNDICE A-Z

F-E6
1496, decembro, 19
Lourenzo Ruxel, veciño de Bentraces, afora a perpetuidade a Lourenzo Seoane un anaco de monte sito en Sobrado, coa condición de plantalo de viña en dous anos, por renda anual de seis cuartas de viño tinto. (fols. 5v-8)
Foro de Lourenço Seoane de Ventrazes. Se lo feso Lourenço Rujel de Ventrazes.
Sepan quantos esta carta de aforamento viren como eu Lourenço Rujel, vezyño dela aldea de Ventrazes que soon presente, outorgo e conosco que aforo a vos Lourenço Seoane que soondes presente e a vosa moller Sancha (fol. 5v)
Vorraja que he absente, moradores en la dita aldea de Ventrazes e a todas vosas vozes e heredeiros doje este dia en diante para todo senpre jamais, es a saber que vos aforo un pedaço de monte que jaz en termino del coto de Sobrado, que sera tres ou quatro cabaduras de monte pouco mas ou menos, segundo que parte
da una parte con monte de Afonso do Cabo e da outra entesta en vyña (de)* que foy de Joan Ramos e da outra parte con vyña de min o dito Lourenço Rujel e da outra parte con vyña e monte de Roy Colaço, el qual dito monte vos aforo con todas suas entradas e saydas, jures, dereitos e perteesças por donde quer que as aja e de dereito deva aver, a condiçon que doje en dous anos syguentes poñades e plantedes novamente de vyña o dito monte e el asy posto e prantado a labredes e reparedes (fol. 6)
(e)* chantedes e ontre chantedes onde e quando lle fezer menester, por maneira que non desfalesca por mingoa de boons labores e reparos, e que vos e vosos heredeiros diedes e paguedes delo de foro en cada un anno a min e a meus heredeiros seys quartas de vyño tinto pagas cada ano a la vica do lagar ou da tynalla, contando seys açunbres en cada quarta, e do al que lo ajades libre e quite pagando o dizimo a deus, e sy /vos\ ou vosos heredeiros quiserdes vender, deytar, canbear (a)* ou traspasar lo suso dito ou alguna parte delo que primeiramente frontedes con elo a min e a meus heredeiros e nos lo diades por lo justo preçio querendoo e non lo querendo que enton lo posades faser a persona que seja (fol. 6v)
labrador llano e abonado semellable de vos tal que plante de vyña o dito monte durante los ditos dous annos e pague cada ano las ditas seys quartas de vyño tynto e cunpla a agarde las condiçoons desta carta e cada una delas, e seredes vos e vosas vozes serbentes e obedientes e mandados con el dito foro a min e a meus heredeiros e non vos chamaredes con elo a outro ningun senorio, e asy non faredes por elo manda /(nin aniversario)*\ (nin santuario alguno)* nin aniversario a outra ninguna (yglesia)* persona, yglesia nin mosteiro nin santuario algun, e o contrario de cada una das dytas cousas fazendo que descayades deste dito foro e o pergades e eu e meus heredeiros o posamos thomar e resçeber e faser delo nosa vontade syn enbargo desto, e obligo meus bees e de meus heredeiros para que vos e vosos heredeiros sejades defesos e anparados a dereito (fol. 7)
con esto que vos asy aforo e vos seja feyto saao e de paz. E eu o dito Lourenço Seoane que soo presente por min e porla dita miña muller e heredeiros asy o outorgo e resçebo aforado de vos o dito Lourenço Rujel o dito monte de suso declarado e demarcado por las maneiras, posturas e condiçoos que ditas son e cada una delas, e para o todo asy teer, conprir e agardar e plantar de vyña el dito monte durante el dito tenpo e o labrar e reparar e pagar cada anno as ditas seys quartas de vyño tynto segundo e como dito he, obligo a elo meus beens e de meus heredeiros mobeles e rayzes, e qual quer das partes que contra esto for ou pasar e o asy non conprir e agardar que peyte e pague de penna a la parte agardante mill mrs. vellos, e la dita penna pagada ou non paga esta carta de aforamento e as cousas en ela contiudas fiquen firmes e (fol. 7v)
vallan para senpre jamais. Que foy feito e outorgado en la çibdad de Ourense a XIX dias del mes de dezenbro del anno del nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e noventa e seys annos. Tests. que a elo foron
presentes Rodrigo de Meyjonfrio e Fernando Peres e Gonçalvo de Santa Catalina escrivanos criados de min notario.