GMH/ÍNDICE A-Z

570
1351, xaneiro, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ao mestre Xoán, físico, e á súa muller e a unha voz o casal de Suylae, en Milleirós, freguesía de Santiago de Meilán, por 30 marabedís anuais de renda mais a obriga de construír unha casa, un celeiro e plantar 60 froiteiras.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 73v-74r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de Johan Ferrnandes, nosso coengo, vigario de don Diego Ferrnandes, dayan desta iglesia, que esta pressente et outorgante, estando juntados en nosso cabidoo por canpaa taniuda, segundo que avemos de usso et de custume, avervamos et afforamos a vos Maestre Johan, fisico, et a vosa muller, Eynes Lopes, por en todos vossos dias, et a huna pessoa qual o pustremeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, o noso casal et herdamento de Suylae, que he en Milleyros, sub signo de Santiago de Meylae, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas et arvores et formaes, a monte et a fonte, per ut quer que vaan, et que lavredes et façades lavrar o dito casal et herdamento et que façades ennos formaes das casas deste casal hun çelleyro et huna casa ben feytos de paredes et cubertas de loussa, et que chantedes ennas herdades deste casal sesaenta arvores que prenda et que leven froyto; et que dedes, cada anno, por renda et foro do dito casal, vos et a dita pessoa que for nomeada, triinta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso que ora corre, ou d’outra moeda que os valla, et que os paguedes cada anno en salvo a o que recadar as rendas dos aniverssarios, a meatade por dia de Natal, et a outra meatade por dia de San Johan Bautista, cada anno. Et aquel que lavrar o dito cassal que seia deffesso et anparado dos foros et peytos segundo o foren os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et obligamos et prometemos de vos faser o dito casal de paz. Et que a dita pessoa que for nomeada que do dia do finamento do pustremeyro de vos ata hun mes vena reçeber o dito casal et vervo de nos o dito cabidoo, et que de fiador que o cumpla. Et a tenpo do finamento desta pessoa que o dito casal con as ditas duas casas feytas fique livre et quito a nos, o dito cabidoo, et a a sobredita iglesia de Lugo, con os boos paramentos que foren feytos y. Et damos-vos logo por esta carta a possison do dito casal.

Et Meetre Johan que estou presente assi reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito casal et vervo et foro del, et outorgo esto que dito he por min et por la dita mina muller, et por la pessoa que for nomeada, et obligo todos meus bees para pagar cada anno os ditos triinta moravedis et para comprir todo esto que dito he.

Et demays eu, o dito Mestre Johan, para pagar o ditos triinta moravedis, cada anno, en meus dias dou-vos por fiador a Lopo Domingues, thesoreyro da iglesia de Lugo.

Et eu, o sobredito thesoreyro, estou pressente et outorgante meus bees a a dita fiadoria / en vida do dito Meestre Johan. Et eu, o dito Meestre Johan, obligo meus bees para quitar este meu fiador a pas a pas (sic) et a salvo da dita fiadoria, et ponno convosco o dito cabidoo que se o dito thesoreyro passar deste mundo ante que eu, que vos de outro fiador por la dita quantia que a pague, cada anno, commo dito he en seus dias.

Et por que esto seia çerto nos, o dito cabidoo et Mestre Johan rogamos a Affonso Ferrnandes, notario publico del rey en Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor, huna que pona no libro de nos, o dito cabidoo, et a outra que de a vos, o dito Mestre Johan, signada con seu signal et seellada do seello de nos o dito cabidoo.

Que foron feytas en Lugo, dose dias de ianeyro, era de mill et treçentos et oytaenta et nove annos.

Testemoyas: don Affonso Gomes, arçidiago de de (sic) Deça, et don Garçia Dias, arçdiago de Sarrea, et don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon, et don Vaasco Dias, iuys de Lugo; et Iohan Dias, et Iohan Fernandes, et Tomas Gomes, coengos de Lugo; et Affonso Janeyro, et Fernado Eanes, et Iohan Ferrnandes, et Affonso Eanes, clerigos do coro, coengos d’aniverssarios, et Fernando Garçia et Arias Gomes, escudeyro do dayam, ts.

Et eu Affonso Ferrnandes, notario publico del rey enna çiudade de Lugo, a esto que dito he con as ditas testemoyas pressente foy et a rogo das ditas partes escrivi esta carta en este livro do dito cabidoo et puge aqui meu signal.