GMH/ÍNDICE A-Z

E1-6
1436, abril, 21
O Concello contrata ata o vindeiro mes de xaneiro como carcereiro a mestre Fernando, a quen se entrega a cadea con encargo de ter os presos que lle entreguen os xuíces e o alguacil, polo que recibe 50 mrs. de cada un dos xuíces e 100 do Concello, ademais de percibir a multa de cada preso. (fols. 3-4)

A (fol. 3)

Contrauto da cadea do conçello.

A XXI dias do mes de abril en Ourense, enna Praça do Canpo, presentes y Loys Gonçalves, Afonso Anriques juises et Goterre Afonso rejedor et Afonso de Meende procurador do conçello, deron a cadea do conçello da dita çibdade e feseron por carçereyro a meestre Fernando vesiño da dita çibdade, a qual dita cadea diseron que lle davan e outorgavan con estas condiçoens, que a tev(es)e doje fasta dia de kalendas janeyras primeiras sigientes et que prendese et tebese ben presos et recadados todoslos priguneiros que lle entregasen os ditos juises et os non dese soltos ne fiados sen mandado dos ditos juises, et outrosy se alguuns presos lle levase (o di)* o alguasil /a dita\ a cadea que os non soltase nen dese soltos nen fiados sen mandado dos ditos juises, et soltando os ditos priguneiros ou se lle yndo por mingoa de os non prender ben et por non estar presos, que fose o dito mestre Fernando tiundo e obrigado as penas e kalunias que os ditos priguneiros fosen obrigados e deo susobyr por sy et por seus beens, (et outrosy)* para o qual o dito Afonso Anriques ficou de dar ao dito mestre Fernando por la sua parte por rason da dita (fol. 3v)
carçaría çinqoeenta pares de brancas e Martin dela Torre alguasil por lo dito Loys Gonçalves ficou de dar ao dito mestre Fernando outros çinqoeenta pares de brancas, et o dito procurador porlo dito conçello ficou de dar ao dito mestre Fernando outros çen pares de brancas (et mays que o dito)* aos terços deste dito anno, et mays que o dito mestre Fernando que leve dos ditos priguneiros as carçarageens a(co)stumadas, para o qual as ditas partes asy se obrigaron et o dito mestre Fernando asy se obrigou et deo teer et conprir todo asy, sobre lo qual o dito mestre Fernando feso juramento en forma devyda e de conprir as ditas condiçoens, et outrosy de non soltar preso nehuun por rogo nen por peyto nen por ben querença, salvo deos teer presos segundo dito he etç., juramento et contrauto forte e firme etç. Tests. Gomes Ares et Pero e Fernando omeens do dito Loys Gonçalves et et Alvaro de Seqeiros e Rodrigo Fernandes omens do dito Afonso Anriques.