GMH/ÍNDICE A-Z

279
1346, xuño, 1
foro

O cabido afóralle a Xoán Pérez, abade de Servoi e dobreiro na Catedral de Ourense, un casal en Souto de Rei, por terza de pan e viño, 24 soldos, unha porcalla cun almude de viño, 4 soldos de pan branco e un carneiro con outro almude de viño.

ACOu, Escrituras IV, 30

Sabean quantos esta carta viren que nos o cabidoo da igleia d'Ourense seendo juntados por canpaan tan(juda ...) costume (...) San Martiño (...) acostumamos (...) nos juntarmos a faser cabidoo, con outorgamento (...) don (...) dean (...) que he presente e outorgante, damos a foro a vos don Johan Peres abbade de Servoy (...) dobreiro da dita igleia d’Ourense e a toda vossa vos para senpre o nosso casar de Souto de Rey que (...) de Santa Locaya. Damos vos a foro o dito casar con suas casas e vinas e erdamentos (...) cortiñas, a monte e a fonte con entradas e seydas e con todos seus dereytos e perteenças assy commo (ante) os suya teer e pesuyr Martin Peres do dito lugar (...) el a nos renunçiou, assy que vos e toda vosa vos o aiadades e pesuyades e façades morar as casas (...) adubar e reparar de todo o que lles conprir et lavredes as erdades e paredes ben en tal maneira que non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes del de foro en cada hun anno en salvo nos ou ao que tever a dita renda de Santa Locaya por nos a terça parte de todo o froito do pan e de viño que deus y der, o pan enna eyra e o viño no lagar e a conposta na viña por nosso moordomo ou do que tever a dita renda por nos, ao qual proveeredes de comer e de bever comunalmente mentre convosco estever a coller os froitos do dito casar. Et daredes por dereytura e porlas outras cousas cada anno por dia de San Martiño viinte e quatro soldos de brancos da moeda de noso señor el rey don Affonso de que contan quatro diñeiros novos por tres soldos e huna porcalla boa e hun almude de boon viño e quatro soldos da dita moeda de pan branco e por dia de San Iohan hun carneiro e outro almude de viño, e livre e quite de todo outro enbargo, o qual casar deve senpre andar en huna pessona e non deve seer partido en ninhuna maneira. Et se por non poder ou per negligençia as erdades do dito lugar deffalesçeren por mingoa de lavor ou por algun mao paramento que o dito cabidoo ou o que tever a dita renda por el o possa reçeber assy como o achar seendo vos ou vossa voz ante amoestado que o corregades, et non o querendo correger, et se vos ou vossa voz quiserdes vender ou obligar o dito casar, primeiramente devedes vender ou obligar ante a nos ou a cada hun de nos ante ca a outre polo justo preço, et se o nos ou cada hun de nos non quisermos reçeber vendudo ou obligado enton vendede ou obligade a tal pessona que o dito cabidoo queyra reçeber por foreiro. Et se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo ou o que tever a dita renda e vos ou vossa voz sobre razon do dito casar que se termini por dous omes boons do dito cabidoo tomados a prazer das partes sen outra appellaçom ninhuna. Et eu o dito don Johan Peres assy reçebo o dito casar a foro. Et para labrar as ditas erdades do dito casar e parar ben e para adubar as casas e reparar do que lles conprir e para fazer o dito foro en salvo en cada hun anno e para conprir e agardar todo esto que sobredito he por min e por toda miña voz obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Feita a carta en Ourense enno dito cabidoo o primeiro dia de junyo, era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos. Tests. Lopo Sanches avogado, Johan Garçia porteiro do cabidoo, Gonçalvo Peres de Codeiro escudeiro do bispo.

Et eu Affonsso Lourenço thesou(reiro e) chançeler da çidade d’Ourense a esto presente foy e fiz ende fazer duas cartas en (...) cada huna delas puge meu signal (...).

(sinal)