GMH/ÍNDICE A-Z

129

1419, setembro, 15.
O Concello acorda que por canto os moradores da colación de San Félix repartiran maliciosamente a Gómez Afonso e á súa muller Mayor Pérez na renda deste ano sendo el cego e pobre mendigante e non teendo por que pagar os maraedis polo que tendo en conta a enfermidade e pobreza, non debe paga-lo devandito imposto.

(Fol. 67 vº)
Enno anno do nasçemento de noso señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e des e nove annos, esta feira quinse dias do mes de setenbre este dito dia seendo juntados en consistorio enna notaria de min Ruy Martines, notario da çidade de Santiago, Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate,Juan Ares da Cana regidores, jurados enna dita çidade e Garçia Rodriges do Vilar e Juan Dominges de Liñares, procuradores do conçello da dita çidade en presença de min o dito Ruy Martines, notario e das testemoyas adeante scriptas, logo enton os sobreditos diseron que por quanto os moradores enna colaçon de San Fiins repartiran maliçiosamente a Gomes Afonso que presente estava e a sua moller Maior Peres enna renda que este anno se repartira e derramara enna dita çidade seendo el çego e pobre mendigante e non teendo por que pagar os maravedis en que asi fora repartido, por ende que eles considerando sua enfermidade e poblesa, que mandavan e mandaron que o dito Gomes Afonso e sua moller non pagasen os maravedis en que asy foran repartidos este dito anno asy de renda como de fallas e que mandavan que se tornase en fallas e a dita colaçon donde el morava os ditos maravedis en que asi fora repartido este dito anno, segundo dito he. E outrosi que mandavan e mandaron que de aqui endeante non fose repartido o dito Gomes Afonso e sua moller nen algũu deles en ningũus nen algũus maravedis que se ouvesen de repartir e derramar enna dita çidade e a colaçon que o asy repartise ou encanavase que su subise e pagase por el os maravedis en que o asy repartise e que el non fose obligado de os pagar nen fose prendido por elo. E desto en como pasou o dito Gomes Afonso pedeu a min o dito notario testimoio sinado para garda do seu dereito. Esto fuy enno dito lugar, dia, mes e anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Garçia Peres de Buño, canbeador e Pero Afonso criado de min o dito notario.- Feito e dado ao dito Gomes Afonso.