GMH/ÍNDICE A-Z

E1-57
1437, abril, 14
Cabido e Concello retiran a sisa da carne e fan ordenanza sobre os prezos e pesos desta, acordan que os carniceiros abastezan o máis que poidan sen incorreren en pena cando esta non abonde. (fol. 36-36v)
A X IIII dias de abril, en Ourense enno cabiidoo da iglesia de San Martiño, presentes ende Fernando Anes arçediano et Martin Anes arçediano de Limia, Joan d’Espinosa, Afonso Anes, Gonçalvo Nunes bachelleres, Loys de Mira, Lourenço Anes et Afonso Gonçalves coengos et Goterre Afonso, Loys Gonçalves, Gomes Peres rejedores, Alvaro Afonso juis, Meen Suares procurador, outrosy estando ende presentes Joan de Deus, Martin Peres, Joan Garçia, logo todoslos ditos señores do dito cabido (fol. 36)
et conçello diseron que tiravan a sysa das carnes des oje endiante e que do dia de San Martiño a esta parte que a pagasen e des aqui en deante non, et outrosy que doje a huun anno que vendesen a libra de boy ou da vaca a huna branca, o carneiro (cabado)* capado a VII dños. et o culudo a VI dños. e o cabron a IIII dños., e que tevesen boons pesos et o que tevese pesos falsos que pague LX.de penna, outrosy que se vendesen a mays do preço sobre dito que pagasen VI.- de penna etç., e por esta vya diseron que os carniçeiros desen carne a mays que podesen, pero se a non podesen dar, quando falesçese que non fosen por elo pinorados, salvo que usasen todos do dito ofiçio e desen a mays carne que podesen, e todos asy o outorgaron.