GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

953
1417, novembro, 10 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo acorda a reducción da renda que Diego Fernández lle paga por unha casa en Lugo, ó ter coñecemento das reformas efectuadas na mesma.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 128 r. e v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 128.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos, quarta feyra, dez dias do mes de novembro.
Estando o dito chantre, persoas, coengos et benefiçiados da iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo en seu cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que an de uso et de custume, estando y presente Diego Ferrnandes de Matela, mercador, vesino et morador en a çiudade de Lugo en a rua Minaa, et en presença de min notario et testemoyas iuso escriptas, logo enton o dito dean et chantre et persoas et benefiçiados da dita iglesia, que presentes estavan en o dito cabidoo, diseron que por rason que elles avian de çenso et penson cada ano dez maravedis por la quarta parte da casa en que morou Fernan de Vilalvynte, que esta en a dita çiudade de Lugo a o poço da Pingeela, junto da huna parte da casa en que mora Ares do Cavalo, et da outra parte o carril que vay para os fornos de Barro Falcon; et por quanto o dito Diego Ferrnandes [agora] novamente fesera et reparara a dita casa, et fesera en elo grande custo et gasto / asy en a sua parte que dela comprara como en a dita quarta parte que era do dito cabidoo, que eles por rason do custo et gasto et reparamento et feytura que fesera en a dita casa que lle tornavan et tornaron o dito çenso et penson que eles avian por la dita casa en sete maravedis curtos en cada hun ano, et que o dito Diego Ferrnandes et toda sua vos lles desen et pagasen os ditos sete maravedis en cada hun ano para senpre jamays por dia de Simom et Juda para senpre, para eles faser et diser hun anyversario en o dito dia por las almas de aqueles que lles leyxaran et mandaran a dita quarta parte da dita casa, et se por ventura o dito Diego Ferrnandes, ou sua vos, vendesen a dita casa que todavia pasase a dita vençon con a carrega dos ditos sete maravedis en cada hun ano para senpre jamays.

Et o dito Diego Ferrnandes, que estava presente, diso que asy reçebia et reçebeu do dito dean et cabidoo a dita merçed et gracia que lle fasia, et que obligava et obligou a sy et a todos seus bees et espiçialmente a dita casa, asy a parte que deles conpra como aquela que lle dava o dito cabidoo, de teer et gardar todo ho sobredito et delles dar et pagar cada ano, el et toda sua vos, os ditos sete maravedis por lo dito dia de Simom et Juda, et que tanben outorgava et vendendo el a dita casa a alguna persoa que todavia fose con a carrega dos ditos maravedis.

Et o dito cabidoo asy llo outorgou et desto mandaron a min dito notario faser delo publico instromento.

Feyto en Lugo era et dias et mes susoditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean et vigario da iglesia et obispado de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Dias, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Nuno Gomes, coengos; et Fernan Rodrigues, raçoeyro; et Mestre Juan, porteyro do dito cabiidoo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.