GMH/ÍNDICE A-Z

168
1317, maio, 17
O bispo de Lugo adscribe á mestrescolía o padroado de Santa María de Piñeiro, en Chamoso, e recibe a cambio a xurisdición de San Salvador de Romeán e unha terza de pan anual.

MADRID, AHN, Carp. 1332 C/7, perg. orix., galego, gótica cursiva, 192x297 mm.

RISCO: ES, t. XLI, p. 100, ap. XLVII.

PALLARES: Argos Divina.

Era de mill et tresentos et çinquaenta et çinquo annos, des et sete dias de mayo. Sabeam quantos esta carta viren, commo nos don frey Iohan por la gracia de Deus, obispo de Lugo, esgardando proveyto nosso et da nossa dignidade, avendo sobr'esto tractado con nosso cabidoo. Et eu Pedro Yanes, meestrescola desse myssmo lugar, et arçidiago de Çerveyra enna iglesia de Tui, outrosy esgardando prol desta dignidade que eu ey enna iglesia de Lugo et avudo diligentemente tractado sobresta rason con o cabidoo desse mysmo lugar, anbos nos, obispo et o meestrescola sobreditos, de consintementeo do cabidoo da iglesia de Lugo, fasemos en nome de nossas dignidades tal permudaçon valedeyra para senpre. Conven a saber que nos, obispo sobredito, damos a vos don Pedro Eanes, meestrescola sobredito, et a aquelles que veeren de pus vos en esta dignidade da meestrescolia, todo o nosso padroadigo que nos don frey Iohan por la gracia de Deus, obispo sobredito, et os outros bispos que ante nos foron enna iglesia de Lugo, avemos et custumamos aaver enna iglesia de Santa Maria de Pineyro, que esta et he en terra de Chamosso, enna qual terra vos avedes iurisdiçon por rason da meestrescolia, et este padroadigo que nos avemos enna dita iglesia de Santa Maria de Pineyro aiuntamolo para senpre, de consintemento et outorgamento do cabidoo da iglesia de ugo, a esta dignidade que vos agora teedes da mestrescolia, por rason que esta vossa dignidade da mestrescolia he pobre et ha poucas rendas, en tal maneira que vos et vossos suçessores possades teer et reseber para vos et a vosso proveyto, os fruytos que perteeçen a esta iglesia por aquela parte do padroadigo que nos y avemos et vos nos damos, et ponades y capellan perpetuo a que dedes sustentaçon dos fruytos de toda esa iglesia commo for guisado et o dereyto manda. Et eu Pedro Eanes, meestrescola sobredito, en nome desta dignidade da meestrescolia que eu ey enna iglesia de Lugo, dou a vos, sennor obispo sobredito, et a os outros bispos que veeren enna iglesia de Lugo de pus vos, toda iurisdiçon quanto eu ey enna iglesia de sam Salvador de Rimyan, de instituir et de visitar et de correger, a qual iglesia he en Chamoso en esta terra en que eu ey iurisdiçon por rason da meestrescolia, asy que pol-lo padroadigo que me vos, sennor obispo, dades en esta iglesia de Santa Maria de Pineyro a min et a os meus suçesores que veeren de pus min en esta dignidade da mestrescolia, dou eu a vos, obispo sobredito, et a vossos suçessores, toda iurisdiçon quanta eu ey enna iglesia de sam Salvador de Rimyan, asy commo sobredito he, pol-la renda que vos avedes por rason do padroadigo enna iglesia sobredita de Santa Maria de Pineyro, que som seys soldos et tres dineiros de leoneses cada anno. Et por que avyades y de comer por rason de padroadigo assy commo ho avyan aquelles de que vos et os outros bispos de Lugo guaanaron aquel padroadigo, a qual renda et o qual comer vos sennor obispo a min dades, et eu de vos resebo, et dou eu Pedro Eanes, meestrescola sobredito, a vos, sennor obispo sobredito, et a vosos suçessores, huna terça de pam que ey cada anno enna iglesia de Rimyan sobredita, et a procuraçon que y ey por rason de visitaçon. Et esta permudaçon fasemos valedeyra para senpre de consintemento de nosso cabidoo por que entendemos que he proveyto da unna et de outra parte. Et que esto seia çerto et non vena en dulta rogamos a Affonso Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto dous estrumentos ambos dun tenor, asy que nos bispo tenamos et aiamos hun deste estrumentos, et vos, o meestrescola sobredito, ho outro.

Presentes foron: don Martyn Eanes, dayan de Lugo; don Fernan de Deus, chantre; don Fernan Eanes, arçidiago de Neyra; don Iohan Eanes, thesoreyro; don Iohan Beçerra, iuys, todos da iglesia de Lugo, et outros coengos dessa iglesia.

Eu Affonso Perez, notario sobredito, presente fuy a esto commo sobredito he et en myna presença et das testemoyas sobreditas o dito cabidoo outorgou estas cousas sobreditas, et cada huna delas. Et por rogo do senor obispo et cabidoo et maestrescola sobreditos esta carta en myna presença fige scrivir et puge y meu sinal en testemoyo de verdade. (+).