GMH/ÍNDICE A-Z

394
1340, xaneiro, 3. Lugo
Carta do bispo de Lugo aos fregueses de Santalla de Quinte pola que lles manda pagar os dous terzos dos décimos e outros dereitos ao administrador do Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 24v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Rui Fernández: 1340-I-8.

Don Johan por la graça de Deus et da Sancta iglesia de Roma, obispo de Lugo, a todos los fiigreges da iglesia de Sancta Alla de Quinte seude. Sabeades que o dayam et cabidoo da nossa iglesia nos amostraron et feçeron çertos por instromentos et escriptura autentica et con homes boos dignos de fe que esa iglesia de Quinte, que era anexa de longo tenpo a aca a amiistraçon do mes de mayo, que perteeçe a a sua mesa, salvo huna capellania que avian della a fazer a hun capellam que disese y as oras et feçese benefiçio de sancta iglesia a os fiigreges della. Et que os amiistradores da dita amiistraçon que feçeran capellania con la terça dessa iglesia, segundo ante nos amostraron pollos tidoos della, et levavan as duas terças en salvo. Et agora os ditos dayam et cabidoo et Johan Fernandes, coengo da nosa iglesia, seu amiistrador do mes de mayo, querellaronse-nos que alguuns omes leygos, contra dereito et en perigoo de suas almas, que lles tomavan contra sua voontade os dereytos da huna das terças dessa iglesia, et pediron-nos sobre ello deffendemento et justiça de sancta iglesia. Por que vos diçemos et mandamos, en virtude de sancta obediençia et sub pena d’escomonion, a todos et a cada huuns de vos que dedes et paguedes ben et conpridamente as duas terças dos deçimos et outros dereytos dessa iglesia de Quinte a o dito Johan Fernandes et a os outros amiistradores do dito mes d’aqui adeante, et non a outro nehun sen seu mandado. Et demays diçemos et mandamos, sub a dita pena d’escomonion, a os alcalles de Adae, en cuio alfoz esta a dita iglesia de Quinte, que deffendan de força a aquel ou aquelles que por lo dito cabidoo ouveren a recadar os diçemos et dereitos das ditas terças da dita iglesia. Et vos nen os ditos alcalles non façades ende al se non sabede que nos pasariamos contra vos et contra cada huuns de vos quantos achasemos por dereyto. A carta leuda dadella.

Dada en Lugo tres dias de janeiro, era de mill et CCC LXXta et oyto annos. Johan Sanches.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado per auctoridade do bispo desse miismo lugar, vi et ley a carta sobredita escripta en papel enno tenor sobredito et seellada de seello do dito sennor bispo segundo por ella pareçia et a rogo de Johan Fernades, coengo sobredito, et por mandado et auctoridade de don Pedro Jacome, juyz de Lugo, vervo por vervo a dita carta en este livro do cabidoo en mina presença fiz trasladar et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy foy (sic) feyto en Lugo VIIIº dias de janeiro, era sobredita. Testemoyas: don Aras Pellaes, thesoreiro; Fernan Affonso et Affonso Eanes, coengos de Lugo; Lopo Domingues, clerigo; Fernan Affonso, escrivan ts.