GMH/ÍNDICE A-Z

760
1377, febreiro, 2. Mosteiro de San Martiño da Cova
Avinza no preito mantido entre o Cabido de Lugo e o mosteiro de San Martiño da Cova.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 19v-20r, traslado polo notario Gonzalo Pérez: 1377-III- -16, inclúe carta de poder: 1376-IX-21, (CD n.º 758).

In Dei nomine amen. Sabeam quantos este publico instromento virem commo en presença de min Iohan Moreyra, notario publico en terra de Savinao et de Sardineyra por Alvar Peres Osorio, et das testemoyas subscriptas, commo sobre contenda que era entre dom Iohan Affonso, dayam de Lugo, amistrador do mes de abril en terras de Savinao et de Sardineyra, por sy et en nome de todo o cabidoo da dita iglesia de Lugo, da huna parte, por poder que para esto ha do dito cabidoo por huna sua procuraçon feyta et signada por Fernan Peres, notario de Lugo, da qual o tenor tal he:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 758).

et Iohan Gonçalves, prior do moesteyro de San Martino da Cova, que he en Savinao, con outorgamento de Garçia Martines et Gonçalvo Peres et Pedro Eanes, coengos do dito moesteyro, que para esto son presentes et outorgantes por sy et por seus suçesores, da outra parte, sobre lo casal que ias en Mourelos chamado de Çima de Villa, sub signo de San Iullao de Mourelos, que os ditos dayan et cabidoo da dita iglesia de Lugo disian que perteesçia a eles et a a dita iglesia, et os ditos prior et coengos disendo que se paravan a o dito casal por nome do dito seu moesteyro. O dito dayan por nome de sy et do dito cabidoo et os ditos prior et coengos de seu moesteyro por poer fin a a dita contenda et por se partir de outras custas et traballos por maneyra de trasaçon aveneronse en esta maneyra: conven a saber que os ditos prior et coengos do dito moesteyro por sy et por todos seus suçesores feseron a o dito dayan en nome de sy et do dito cabidoo reçebente segundo por sy et por seus suçesores reffutaçon et trasabçon de todo dereyto et deffenson que eles et o dito seu moesteyro avian et podian aver enno dito casal en qualquer maneyra, et desenbargaronse logo del et da posison et propiedade del, et poseron a o dito dayan, en nome de sy et do dito cabidoo et iglesia, en posison pacifica do dito casal et removeron de sy et do dito moesteyro todo dereyto et sennorio et deffenson, que avian ou poderian aver enno dito casal, et traspasaron enno dito dayan et cabidoo por nome da dita iglesia de Lugo, et prometeron de o non demandar mays nen pidir eles nen seus suçesores en algun tempo en iuyso nen fora del. Et o dito dayan asy o reçebeu en seu nome et do dito cabidoo. Et esto feseron porque o dito dayan, por nome do dito cabidoo, por esto que dito he anexou a o dito moesteyro de San Martino por senpre iamays as iglesias de Santa Maria de Marruca et de San Lourenço de Fion, que son da dita amiistraçon da iglesia de Lugo en terra de Savinao, en tal maneyra et sub tal condiçon que o dito moesteyro de San Martino presente et posa presentar capelaes a as ditas iglesias, et a cada huna delas, quando acaesçeren de vagar con procison et c[...]dos presentados a elas segundo arbitrio do amistrador, et que o amiistrador que for enna dita amiistraçon que faça a institueyçon et colaçon a os ditos capelas das ditas iglesias da dita presentaçon, et que aia o dito amistrador visitaçon et correçon ennas ditas iglesias, segundo ennas outras iglesias [...] da dita amistraçon, et posa en elas usar toda sua iurisdiçon et comprida, et punir os exçesos et correger os des [...] si [...] et reformas et os estados das ditas iglesias dos capelaes dela, segundo que dever de dereyto; et que aia en eles et sobre eles toda iurisdiçion ordinaria, et que os capelaes que foren postos ennas ditas iglesias a a presentaçon do dito moesteyro tan solamente que paguen por procuraçon outros custos et pididos et carregas delas.

Et nos, los ditos prior et coengos por nos et por nosos subçesores, asy reçebemos de vos, o dito dayan et cabidoo, a dita anexaçon das ditas iglesias. Et nos, o dito dayan en nome da iglesia et do dito cabidoo, et prior et coengos en nome do dito moesteyro, prometemos et outorgamos de atender et comprir todas las cousas que ditas son et cada huna delas por nos et por nosos subçesores en todo et en parte, et de non viir nen pasar contra elas, nen contra parte delas, por nos nen por outren en algun tempo en iuyso nen fora del; et demays renunçiamos todo benefiçio de restituyçon in integrum et toda esçepçon do enganno et de nunlidade et para contra parte delo poderiamos viir ou contradiserlo en alguna maneyra; et para esto mays compridamente seer comprido et gardado enna maneyra que dita he fasemos iurameto cada hun de nos a os santos avangeos, corporalmente tangudos con nosas maos, por nos et por todos nosos subçesores, que nunca contra esto que dito he, nen contra parte delo, vaamos nen pasemos en alguna maneyra, nen movamos lide nen controversia nen queston huuns contra outros sobrelo, nen sobre parte delo, de feyto nen de dereyto, et se o feseremos, ou tentaremos de o faser, que non seiamos sobrelo oydos en iuyso nen fora del. Et demays que a parte porque minguar fique periura et infame, et todo esto que dito he fique firme et valioso en todo. Et porque todo esto fose firme et çerto as ditas partes rogaron et mandaron a min, notario sobredito, que fesese desto dous publicos instromentos signados con meu signal feytos en hun tenor tal hun commo outro.

Feyto enno dito moesteyro de San Martino da Cova, dous dias de febreyro, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas que foron presentes chamadas et rogadas: Estevoo Rodrigues, prelado do moesteyro de Sant Estevan, et Iacome Fernandes, raçoeyro da iglesia de Lugo, et Gil Ferrnandes, arçipreste de Savinao et de Sardineyra, et Affonso Eanes, clerigo de Nuvelua ts., et outros.

Et eu Iohan Moreyra, notario sobredito, a todo esto que dito he presente foy et a rogo das ditas partes este contrauto en minna presença fis escripvir, et vi en commo feseron o dito iuramento et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade que tal he.

Eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo dese lugar, vy et ley o dito contracto de suso scripto feyto et signado por lo dito Iohan Moreyra, notario, o qual non era raso nen cançelado nen interlinado nen sospeyto, et era feyto enno tennor sobredito, o qual eu aqui fis trasladar vervo a vervo a pitiçon do dito dayan et cabidoo da iglesia de Lugo, segundo en el iasia, et en este traslado puge meu signal.

Feyto este traslado en Lugo XVI dias de março, era de mill et CCCCXV annos.

Testemoyas: Afonso de San Iullao, et Iohan Afonso de Fonpedrina, scudeyros, et Fernando Afonso.