GMH/ÍNDICE A-Z

27

xaneiro, 11

Martín Pérez de Trella reclama a Rodrigo Anes, demandador, 24 mrs. que lle debe e outros 100 por un macho que lle vendeu, aceptanto o dito Rodrigo pagarlle só 70 mrs. polo último concepto, debido a que o macho lle morrera aos poucos días. Os xuíces condénano ao pago íntegro e mais as custas, polo que apela. (fol. 8v)

Et despois desto enna dita çidade, onse dias do mes de janeiro, audiençia da terça, ante Loys Gonçalves juis et Afonso Yanes, juises dOurense, paresçeron ante elles en juiso da huna parte Martin Peres de Trella et da outra parte Rodrigo Yanes demandador; o dito Martin Peres demandou ao dito Rodrigo Yanes viinte e quatro mrs. vellos que lle devía, et o dito Rodrigo Yanes diso que era verdade quelos devía et que era prestes delos pagar, et outrosy lle demandou mays çen mrs. de hun mullo que lle vendera e que pedía aos ditos juises quelos mandasen pagar, et o dito Rodrigo Yanes diso que era verdade que lle merqara o dito mullo por los ditos çen mrs. e que o dito mullo que era enganoso et que non valía a dita contía, e que non era obrigado de llo tanto pagar, pois que en el avía engano, et o dito Martin Peres diso que non avya en el engano, e que se contentara del e a seu pagamento et que o tevera espaçio de días, e por ende que tiundo era de lle pagar os ditos mrs. et o dito Rodrigo Yanes diso que açerqa de des ou dose dias lle morrera e que non era tiundo de lle tanto dar et que lle daría seteenta mrs. por quanto a dita besta non valía mays et o dito logo os ditos juises diseron que visto todo etç. que lle mandavan que lle pagase os ditos XX IIII .- por el confesados e que lle pagase mays os ditos çen mrs. da dita besta que lle merqara con as costas dereytas, e o dito Rodrigo Yanes diso que apelava et o dito Martin Peres diso que consentia. Tests. Afonso de Betanços, Gomes Yanes notarios, Gomes Ares, Rodrigo de Sandoval ( fol. 8v)