GMH/ÍNDICE A-Z

1130
1459, maio, 10 xoves. Lugo

Fernán de Malle e Fernán Pérez avéñense a acepta-lo laudo dictado por «dous homes bos» sobre o reparto dunhas herdades.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/13, perg. orix., galego, cortesá, 185 x 310 mm.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et nove anos, dia joves, des dias do mes de mayo, en a çibdade de Lugo en as casas de morada de Roy Lopes de Teyxeiro, canonigo de aniversario en a iglesia de Lugo, estando ende presente o dito Roy Lopes de Teyxeiro et Lopo de Malle et en presença de min notario et testemoyas juso escriptas, logo enton os sobreditos diseron que eles foran et eran tomados por omes boos amigables entre Fernan de Malle da huna parte, et Fernan Peres de San Fiis, çapateiro, da outra parte, que entre elles podessen dar hun mando, laudo et sentença anbos en hun acordo a çerto termino contiudo en o compromiso sobre rason de çertas erdades que foron et ficaron de Tereija Rodrigues de Malle a Papuda, et sobre todos outros bees mobiles et reyses et conpras et ganançias que foron et ficaron de Maria Rodrigues, muller que foy do dito Fernan de Malle et madre do dito Fernan Peres, çapateiro; dos quaes bees o dito Fernan Peres, çapateiro, demanda a quarta parte por la dita sua madre. Por ende nos los sobreditos, Roy Lopes de Teyxeiro et Lopo de Malle, omes boos tomados por las sobreditas partes anbos en hun acordo mandamos, laudamos et sentençiamos et damos por noso mando, laudo et sentença que o dito Fernan Peres, çapateiro, leve et aja a quarta parte de todas las conpras et ganançias que os sobreditos Fernan de Malle et sua muller, Maria Rodrigues, avian gaançiados, segundo se pareçia por escriptura, et en rason das erdades et casas et beens reyses que foron et ficaron da dita Terija Rodrigues Papuda que leve o dito Fernan Peres, çapateiro, a quinta parte, et por quanto o dito Fernan de Malle despoys do pasamento da dita Maria Rodrigues vendeu a quarta parte de çertas [egoas] que avia conmigo o dito Lopo de Malle et as vendeu a Ares Martines de Santa Coonba et eso mesmo vendeu mays a quarta parte de huna casa que esta en Reçemill a Aldara Ferrnandes de Reçemill, et huna carga de pan a Afonso Yanes de Labio, et huna vaca de grosio que vendeu a Pedro de Casaria, morador en Façay, do qual todo vina a quarta parte a o dito Fernan Peres, çapateiro, mandamos que o dito Fernan de Malle lle non page delo nada et que seian boos amigos et se trabten de boas obras, et esto damos por noso mando, laudo et sentença anbos en hun acordo, et ho mandamos teer, gardar et conprir a as sobreditas partes sub a pena contiuda en o conpromiso, et se algunas devedas son devidas que devesen o dito Fernan de Malle et Maria Rodrigues, sua muller, de usuun que as pagen as sobreditas partes de por medeo, segundo levan os bees. O qual todo mandamos a o notario juso escripto que o de signado de seu signo a as sobreditas partes.

Testemoyas que foron presentes: Juan Ares de Parga et Juan Ares da Tulla, canonigos da iglesia de Lugo; et Roy Branco, criado do dito Roy Lopes, et outros.

Et eu Fernan Ares de Burgo Novo, notario publico da çibdade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et este sobredito mando et sentença, segundo por ante min foy dado por los ditos omes boos, por mina maao escripvi et a pedimento das sobreditas partes aqui puge meu nome et signo que tal he en testemoyo de verdade.