GMH/ÍNDICE A-Z

905
1405, febreiro, 11. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Afonso Pérez e ós seus descendentes todo o que pertence á igrexa de Lugo en Santa María de Gondar, por renda anual de dúas tegas de cebada.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/20, perg. orix., galego, gótica cursiva, 172 x 259 mm.


   

Sabeam quantos esta carta viren como nos don frey Johan, electo confirmado en a iglesia et obispado de Lugo, por nos et en nome da nossa iglesia damos et outorgamos para senpre aforo et avervo a vos Afonso Peres de Gondaar et a vosos sobrinos et sobrinas, finando, et Maria et Mayor, fillas de voso yrmao, Fernando Peres, para vos et vosa gearaçon en quanto a y ouver, todas quantas herdades et formaes a nosa iglesia perteesçen en a frigresia de Santa Maria de Gondaar por Roy Peres, fillo de Pedro [...] que se finou manino, que era yrmao de vos, o dito Afonso Peres, et do dito Fernan Peres. A qual dita herdade se parte con outra que a vos perteesçe por vosa yrmandade; vos aforamos con esta condiçon que vos et vosa gearaçon a tenades [et lavredes] et paredes ben et que se non parta salvo que iuntada et se non parta de gearaçon et non avendo de vosa geeraçon a que ela seia tiuda de ficar [...] se torne a nosa iglesia et a nosos subsçesores; et que dedes dela de foro en cada un ano a nosa iglesia duas teegas de çeveyra boa, linpea, en cada hun ano en salvo en o dito logar a noso moordomo, et que vosa geeraçon a non posa vender, nen traspasar a outra parte et fasendoo que nosa iglesia o posa reçeber.

Et eu, o dito Afonso Peres, que presente estou por min et por los ditos meus sobrinos et mina geeraçon et sua deles asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro et vervo das ditas herdades, segundo he en a maneyra que nos lo fasedes, et obligo meus bees et seus deles de o comprirmos et pagarmos en todo commo dito he. Et nos, o dito senor electo, asy vos lo outorgamos, et que esto seia çerto firmamos este foro de noso nome et mandamos a Afonso Touron, notario, que a signase de seu signal.

Que foy feyta en Lugo, honse dias de fevreyro, ano da nasçença de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquo anos.

Testemoyas: don Rodrigo Ares, chantre de Santiago; Diego Martines; don Fernando Lopes de Maçeeda; Roy Peres de Masoy, clerigo; Johan de Villa [...].
Frater Johanis, electus lucensis.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo et en casa do dito senor [Obispo], a esto que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et por mandado do dito electo esta carta scrivir fis et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (signo)