GMH/ÍNDICE A-Z

298

xuño, 23

Compromiso entre Pedro González e García Vázquez para resolver o debate sobre a fianza que o primeiro concedera a Costanza da Edreira contra o segundo. (fol. 94)

Garçia Vasques, Pero Gonçalves.

En este día e ora e por ests tests. Pero Gonçalves e Garçia Vasques outorgaron et nomearon e feseron conpromiso sobre rason do debate e fiadoría e obrigaçon que o dito Pero Gonçalves fesera et fiara a Constança da Edreira contra \o dito/ Garçia Vasques, para o qual o dito Garçia Vasques poso por seu omen boon Afonso Anriques et o dito Pero Gonçalves Alvaro Peres de Santome notario, para que o anbos a dous livren ata domingo primeiro sigente como acharen por dereito e non en outra maneira etç. e toda sentença que deren que as partes que esten en elo. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. os sobre ditos.