GMH/ÍNDICE A-Z

E1-10
1436, maio, 10
Afonso de Mende, procurador do Concello, require ao xuíz Afonso Enríquez, como procurador que foi durante os anos 1433 e 1434, que antes de ausentarse da cidade deixe ordenadas as contas dos pedidos desas datas, dos que se debe certa cantidade, así como que o seu substituto teña o consentimento dos rexedores e estivese incluído na lista dos cobros. (fols. 6v-7)

Testemuyo de Afonso (Ares)* de Meende notario.

A dez dias do mes de (ma)yo en Ourense, enno lugar do Paraiso, presente ende Afonso Anriques juis, Afonso de Meende (tomou testemuyo contra o dito)* procurador do dito conçello, tomou testemuyo contra o dito Afonso Anriques juis que por rason que el fora procurador os annos pasados de XXXIII e de XXXIIII annos et por quanto ennos ditos annos foron repartidos çertos mrs. dos pedidos del rey, dos quaes eran devidos çertas contías de mrs. et lle era dito
que se quería yr a outras partes, por ende que lle requería que se non fose sen leixar seu escusador enno dito nagoçio quen dese conta dos ditos pedidos e fesese pago ao dito señor rey et ao dito conçello, en maneira que ao dito conçello non veese mal nen dapno, senon que o (todo p)* dito Afonso Anriques fose a elo tiundo et obrigado etç. Et outrosy que en rason do ofiçio do julgado que non leixase en el persona alguna salvo de consentemento dos ditos juises et rejedores, para que /tomasen dos que\ estevesen postos ennos cobros segundo a ordenança do dito conçello etç., et /et que o darian por escripto\. Logo o dito Afonso Anriques diso que el que ante que partise que faria conta con o Rodrigo d’Olmedo, et en rason dos mrs. que se devyan porla dita çibdade que leixaría seu procurador en seu nomme et farian conta con os colledores do que devian de cada rua, et en rason dos /mais\ mrs. (fol. 6v)
que os devian os procuradores da dita çibdade que foran os annos pasados, et que os requerise /o dito\ procurador Afonso de Meende e os levase a devida exsepcuçon, et que esto dava por resposta etç. E o dito Afonso de Meende diso que non era tiundo, pero enno que en el fose que era prestes de o faser en rason do julgado que era prestes de o faser asy segundo que lle era pedido. Tests. Goterre Afonso, Loys Gonçalves, Alvaro Afonso, Gomes de Chantada rejedores, Meen de Seabra, Joan Peres de Rioseco.