GMH/ÍNDICE A-Z

35
1300, agosto, 25

perdón

Fernando Fernández de Limia perdoa a Fernando Rodríguez de Castro, pertegueiro de Santiago, a Afonso Suárez de Deza, a Pedro Suárez, e ao bispo, cabido e Concello, porque o tiveran preso.

 

ACOu, Escrituras XXI, 103 e Escrituras XII, 16

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 228-230; M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 573-575, doc. 718)

Sabean quantos esta carta viren que en presença de min Estevoon Peres notario d’Ourense e das testemuyas que en esta carta som escriptas, don Fernan Fernandes de Limia por si e por Johan Fernandes seu fillo e por todolos outros seus fillos e por toda sua linagen e por todos aqueles vasalos et amigos que se por el chamaren e por toda sua voz perdoou para por senpre a sua prigion a dom Fernan Rodrigues de Castro pertigueyro mayor en terra de Santiago e a Affonsso Suarez de Deça e a Pero Suarez e a todolos outros que en ella foron. Et alçou voz a todos seus fillos e a cadaun delles e a toda sua linagen e a todos aqueles que se por el chamaren que nunca possa caonnar por esta prigion os sobreditos don Fernan Rodriguez, Affonsso Suarez nen Pero Suarez nen os outros que en ella foran. Outrossi lles perdoou todos os danos e maes que lle elles e cadaun delles fezeran et a outros quaes quer que llo por elles fezeron ou en sua voz. Outrossi segurou para por senpre por sy e por todos seus fillos e por cadaun delles e por toda sua linagen e por todos seus vasallos e amigos e por todos aqueles que se por el chamaren, o bispo d’Ourense e o cabidoo e o conçello desse lugar e cadaun delles e todas suas cousas du quer que as elles ou cadaun delles aiam, e perdooulles todalas querellas que delles ou de cadaun delles avia ata este presente dia por qual quer razon que as delles ou de cadaun delles ouvesse. Et sobresto deu tregoa de sesseenta annos por si e por todos seus fillos e por cadaun delles e por toda sua voz e por todos seus vasalos e por todos aqueles que se por el chamarem a don Fernan Rodriguez e a Affonso Suarez e a Pero Suarez e a todos aqueles que foran en sua prigion, e ao bispo e ao cabidoo e ao conçello d’Ourense. Et por esto seer mays firme e mays estavil e para aguardar todas estas cousas sobreditas e cadauna dellas rogou e mandou a Fernan Gonçalvez e a Fernan Peres Churrichaos e a Fernan Coenllo e a Johan Peres Feygoo e a Pero Gonçalvez de Ravaal e a Gonçalve Anes de Çerracoens e a Pero Fernandez seu yrmao e a Martin Fernandez d’Entre Viñas que eram presentes que fezessem por el menagen en maos do sobredito don Fernan Rodriguez que el aguarde e conpla todalas cousas sobreditas e cadauna ellas. Et logo en presença de min notario e das tests. que en esta carta sum escriptas os sobreditos Fernan Gonçalvez e Fernan Peres Churrichaos, Fernan Coenllo, Johan Peres Feygoo, Pero Gonçalvez, Gonçalve Anes, Pero Fernandez et Martin Fernandez fezeron menagen ao dito don Fernan Rodriguez de Castro en sua mao que se o sobredito don Fernan Fernandez ou sua voz non conprir e aguardar todalas cousas sobreditas e cadauna dellas segundo se conten en esta carta que elles e cadaun delles veñan a prigion desse dom Fernan Rodriguez cada que os el chamar e que se non partam del sen seu mandado. A qual menagen feyta o sobredito don Fernan Fernandez obligousse so a pena a que se estes cavaleyros sobreditos que por el fezeron a menagen obligaron a aguardar todalas cousas sobreditas e cadauna dellas para por senpre. Et desto en commo passou don Pero bispo d’Ourense, don Fernan Rodriguez de Castro, Affonso Suarez e Pero Suarez pediron a min notario sobredito que lles desse ende senllas cartas. Feyta a carta en Ourense xxv dias dagosto, era de mill e ccc xxx viii annos. Tests. que a esto presentes foron Nuno Gonçalvez de Novoa, Pero Nunez de Montenegro, Gonçalvo Osorez, Monio Fernandez seu fillo, Fernan Nuñez copeyro del rey, Martin d’Aveleeda moordomo de don Johan Fernandez, don Johan Gonçalvez arçidiago de Limia, Pero Folloa juyz d’Ourense, Aras Eanes avogado, Gonçalvo Eanes seu yrmao e Affonso Eanes da Fonteyna.

Eu Estevoon Perez notario de Ourense chamado a estas cousas sobreditas foy presente e figeas escrivir en mia presença e meu sinal puge en aquesta carta en testimuyo de verdade.

(sinal)

[reverso]          Cartas das preytesias de don Fernando Rodriguez e de don Fernando

                       Fernandez de Limia.