GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D40d
1459, marzo, 21
Os xuíces permiten ao clérigo García Paz, irmán da viúva Costanza Paz, e ao xastre Gómez, xenro do defunto Afonso Iáñez, entrar na casa deste, sen coller nada dela e estando ambos os dous de acordo e coas ditas viúva e filla. (fols. 16v-17)
+ En este dito día que era viinte dias do dito mes do dito anno, enna dita Praça do Canpo, estando y presentes Garçia Paas clerigo yrmaao da dita Costança Paas et Gomes alfayate jenro (fol. 16v)
do (dito) Afonso Anes, logo os ditos juises mandaron aos ditos Garçia Paas clerigo et ao dito Gomes que estevesen ontre anbos ennas ditas casas con a dita Costança Paas et Katallyna filla do dito Afonso Anes et que non fesesen agraveo nihuun a nehuna dellas nen hun ao outro nen outro ao outro, nen tomasen nen tirasen cousa alguna dos ditos beens et que esteven ende boamente, sopena que o que contra elo pasase que pagase de pena çincoeenta dobras, para o qual o dito Gomes deu por fiador Ares Fernandes de Monterroso et o dito Garçia Paas deu por fiador a Pero Lopes da Barreira, et elles asy se obrigaron de o teer et conprir et agardar su a dita penna. Tests. Afonso Lopes, Gomes de Ribasdiso et Fernando e Fernando Vasques.