GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1155
1464, xaneiro, 18. Malle

Pedro de Malle véndelle ó seu irmán, Afonso de Malle, as súas propiedades na aldea de Malle por 1.000 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/19, perg. orix., galego, cortesá, 225 x 145 mm.
   

Ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et quatro anos, des et oyto dias de janeyro. En a aldea de Malle por [min] notario et testemoyas juso escriptas Pedro de Malle vendeu para senpre jamays por jur de erdade a Afonso de Malle, seu yrmao, todas quantas erdades, cassas et arvores et formaes et beens rayses el avia et le perteesçian en a dita aldea de Malle et seus terminos por seu padre, por preçio et contia de mill pares de blancas vellas dos quaes se deu por contento et pago, por quanto conosçeu et outorgou que os avia reçebido do dito Afonso de Malle, et renunçiou todas las leys et obligou a sy et a seus beens de la faser a dita vençon saa et de pas a todo tempo etcª... carta firme.

Testemoyas: Roy de Paredes et Ares de Malle.

Et eu Gonçalvo Rodrigues de Silvarey, escrivano et notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, achey a nota deste contrauto de conpra et vençon, suso escripto, en as notas de Fernando Ares de Burgo Novo, notario publico que foy da dita çiudade et obispado de Lugo, que me foron dadas por lo vigario de Lugo a a sazon para que dese os contrautos et cartas en elas escriptos a as personas que as quisesen et devesen aver, signadas de meu signo en maneira que fezese fe, que imposo a el sua abtoridade et decreto, das quaes ditas notas de Fernan Ares, notario, que fuy presente a o dito contrauto de compra et vençon et ho reduxe en esta publica forma et ho escrivi por mina mao propea, et aqui puje meu signo et nome acostumados en testemoyo de verdade que he tal. Requerido por parte do dito Afonso de Malle et a seu pedimento (signo).

Gonçalvo Rodrigues, notario.