GMH/ÍNDICE A-Z

57
1433, setembro, 12

Gonçalvo Eanes Queimamontes, ferreiro de Pontevedra, e a sua muller Sancha Peres, aforan a Juan de Salnés, morador en Santa Mariña de Arcos, tódalas propiedades que lles pertencen no couto de Arcos da Condesa, por tempo de 9 anos.

(ff. 25 v-26)

Dose dias do mes de setenbre. Sabean todos que eu Gonçalvo Eans Queimamontes, ferreiro, et a mĩa moller Sancha Peres, moradores ena villa de Pontevedra, que somos presentes et que fasemos por nos et por nosas vozes, aforamos a vos, Juan de Salnes, morador ena fiigresia de Santa Mariña d´Arquos, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gonçalves, todas las herdades, casas, casares, chantados et viñas et bouças et resios que a min a dita Sancha Peres perteesçen ẽno couto de Arquo da Condesa por herança de Juan de San Martiño meu padre et de Maria de San Martiño, mĩa tia, et aforamos, como dito he, as sobreditas herdades et viñas deste dia de San Migell do mes de setenbre primeiro que ven ata nove anos conpridos primeiros segintes, ẽnos quaes ditos nove anos et en cada un deles devedes de lavrar et procurar as ditas herdades et viñas et casas et requerirlas de todos los lavores que ouvere mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavorio et procuramento, et devedes de dar a nos et a nosas vozes por renda, çenso, conosçemento delo, en cada un ano, a salvo, tres çeramis de çenteo // et dous çeramis de millo, medidos por la medida da praça de villa de Pontevedra et mas tres canadas de viño das de Salnes, que son XVI quartas cada canada. O qual pan et viño nos devedes pagar por cada dia de San Migell do mes de setenbre en cada un ano eno dito tenpo, et mas pagaredes ao moesteiro de Melon a penson et foro que ha ẽnas ditas herdades et viñas, et con esto seerdes anparados ẽno dito tenpo de todo outro enbargo por nos et por nosos bẽes que vos a elo obligamos et eu, o dito Juan de Salnes que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi resçebo et outorgo este sobredito aforamento et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et nosas vozes o tenamos, conprimos, pagemos asi aa boa fe de Deus et sen mao engano, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo et so a dita pena. Et a pena etc, todavia etc. Ts. etc. Rui de Vilanova, escudeiro de Pero Ares d´Aldãa, et Afonso Rodrigues, morador ẽno couto de Nogueira, et outros.