GMH/ÍNDICE A-Z

1381
1490, novembro, 12. Lugo
O vigairo lucense afóralles a Gómez Vázquez e a dúas voces un casal e herdade no couto de San Martiño dos Condes, por renda anual de dúas fanegas de centeo e vinte marabedís os primeiros beneficiarios, e tres fanegas de centeo máis cincuenta marabedís a última voz.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/6, perg. orix., galego, cortesá, 230 x 215 mm.

Sepan quantos esta carta de foro vyren como eu Juan Afonso, chantre desta iglesia de Lugo, provisor et vicario desta dita iglesia et obispado por lo reverendo senor meu senor, don Garcia de Vaamonde, Obispo de Lugo, oydor da Abdiençia del Rey noso senor et do seu Consello, vendo et entendendo como o a juso escripto es feyto a sua prol et probeyto do dyto meu senor Obispo et de seus suçesores, et sendo ben çertificado et enformado en como o casal chamado de Ynlacasa, que es en lo couto de San Martino dos Condes, jaze en ermo et las herdades del muytos tenpos et anos en canpo que non renderon nen renden nada a su senoria, nen a herdade de Cançela, et por ende por vertud del poder que de su senoria tengo para esto, dou todo en foro et aforo a vos Gomes Vasques de Vilafiis, morador en o dito Couto de San Martino, et a outras duas personas depoys de vos qual vos nomeardes en vosa vida la una, ou a o tenpo de voso finamento, sy non sendo asy nomeadas que seja quen erdar vosos vees de dereito ou a mayor parte deles, et asy de otra. O qual todo vos asy aforo para vos et para eles con a dita herdade de Cançela, con tal condiçion que vos fagades ou fagan correger de nobo as casas do dito lugar et un moyno en o termino del, et façades las ditas herdades de canpo et tenades et fagades todo teer lebantado, corregido et ben reparado, et o moyno moente et corrente, a fin da postromeyra persona que asy fique todo feyto, labrado et reparado a o dito senor Obispo ou a seus suçesores et con todos los reparos que en todo esteberen feytos. Et abedes de dar et pagar de foro vos et a segunda persona que vos nomeardes duas fanegas de çenteno, en cada un ano, postas et pagas en o dito lugar por medida dereyta et mays viinte et [...] maravedis de pares de brancas, en cada un ano, a o dito senor Obispo ou a seu mayordomo, que for en o dito Couto de San Martino, et a terçeyra persona, que suçeder en o dito foro, que de et page et aja de dar et pagar en cada un ano, segundo dito he, çincoenta pares de brancas et tres fanegas de çenteno asy postos et pago en o dito lugar, sub pena de perder lo dito foro por lo ansy non pagar por dous anos.

Eu, o dito Gomes Vasques, asy resçebo de vos, o dito provisor, este dito foro con las maneyras et condiçiones en el [contiudas para min et] para las outras duas personas, et obligo a min et a os outros meus bees [...] et fazer et complir todo et pagar, segundo dito he. Eu, o dito provisor, asy [...] dela una carta de foro con consello de letrados.

Que foy feito et outorgado en la çibdade de Lugo, a doze dias del mes de nobenbre, do ano presente de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noveenta anos.

Testigos que foron presentes: Fernando Peres, raçoeyro; et Ares de Santa Alla; et Alvaro do [...]; et Lope de Saa, et outros.

Et eu Juan Lopes de San Martino, escrivano de la Camara del Rey nuestro senor et seu notario publico en la sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et de la sua Abdiençia Real [...], esta carta de foro por outro fis escrivir et puje aqui meu syno et nome que tal he.