GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

365
1364, xaneiro, 20 (Sabadelle)
venda

Tareixa Aras de Sabadelle véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle, escudeiro, todos os bens que mercara de Rodrigo Iáñez, por 160 mrs.

ACOu, Escrituras X, 38

Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Tereyia Aras de Sabadelle, filla de Aras Peres de Costeenlla e de Maria Garçia meus padres que foron, vendo a vos Lopo Rodrigues escudeiro a toda vossa vos para senpre toda quanta herdade assy viñas commo casas e arvores et cortyñas et terreos de pan levar et terreos de vymees e foros e dereitos e dereyturas que eu conprey a Rodrigo Eanes, fillo de Tereyga Martines e de Johan Peres de Villanova, a montes e a fontes con entradas et seydas e con todos seus jures e dereitos e perteenças por hu quer que as elles an et devan aver de dereito. Vendo vos os ditos herdamentos de disemo a deus livres e quites de todo outro enbargo, os quaes herdamentos jasen enna friguesya de Velle. Ca outorgo que reçeby de vos ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por ello dardes, conven a saber çento e sasseenta mor. de diñeiros brancos desta moeda que ora corre de que contan quarenta par de diñeiros por tres libras, et dos quaes diñeiros me outorgo por entrega e ben pagada ben e conpridamente e que os reçeby en meu jur e en meu poder, et renunçio parto de min aa ley e dereito que as testemonyas deven veer fazer a paga do aver en diñeiro ou en contia que os valla, et se a dita ley e dereito por min allegan mando e outorgo que me non valla nen seia sobrello ouyda en juyso nen fora del nen reçebuda a ello. Et outrossy renunçio a toda exçepçon et allegaçon e quantos dereitos por min poderia aver e allegar que me non vallan. Et se aquesta vendiçon agora mays val ou valrria daqui endeante en alguun tenpo, esta mooria ou melloria doa e outorgo a vos en doaçon firme e por feita e por todos aquelles dereitos e leys et rason que a doaçon mellor feita e mays firme e mays estavil pode e deve seer de dereito ontre vyvos, consiirando o boon devido que convosco ey e por moyto amor e ajuda que de vos reçeby, que val mays ca esto. Et logo todo jur, vos, demanda, auçon, señorio, possyson, propiadade e dereyto que eu ey ennas ditas leyras de terreos, cassas e viñas e arvores e cortyñas e terreos de vymees e foros e dereitos e dereyturas, todo o tollo de min e de toda miña vos e poñoo en vos e en toda vossa vos para por senpre en jur e en corporal possyson delles por esta presente carta para faserdes delles toda vosa livre voentade assy commo de vosa cousa propia. Et outorgo de ... anparar e deffender vos e toda vossa vos senpre a dereyto con esta vendiçon e cousas sobre ditas, et para esto obligo a vos todos meus beens gaanados e por gaañar. Et quen quer que contra esta vendiçon veer ou pasar aia a maldiçon et a yra de deus e de Santa Maria e a sua maldiçon e a miña, et peyte a vos e a vossa vos quanto demandar dobrado et a vos del rey peyte por pena çen mor. da boa moeda de pena et esta carta e vendiçon valla e fique firme para senpre en todo tenpo. Feyta a carta en Sabadelle que he en terra d’Aguiar, sabado viinte dias de janeiro, era de mill et quatroçentos e dous annos. Testemoyas que a esto presentes foron Johan Martines clerigo, Johan Eanes fillo de Johan Migues que foy de Quemeella, Gomes Lourenço de Lagoços, Johan Patyño.

Et eu Vaasco Peres notario publico en terra d’Aguiar por lo arçebispo e igleia de Santiago en lugar de Gonçalvo Garçia que a todo esto presente foy et o escrivy e meu nome e meu sinal aqui puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das herdades de Velle.